Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A path tour is not a pub tour (II)
A primeira na fronte.

Sí, non che nos dou tempo nen a afacernos ó novo horario ,nen ó almorzo “british”.

A nosa profe,Carol, despois dun animado debate onde puido comprobar o noso nivel de capacidade comunicativa en Inglés (onde, por certo, destacaron sobremaneira a miña viciña de cuarto e unha compañeira que vivíu ata os dazasete aniños en U.K.) deixounos ben clariño que o idioma que nos falabamos era o falado por ,como moito, un dous por cento da poboación deste país.

Despois de eso ,como comprenderás, ó que máis e ó que menos entrounos un baixón de carallo.

Carol, unha boa profesional todo hai que dicilo, tentou nos seguintes días de elevar a nosa maltreita autoestima semántica celebrando e xaleando calqueira dos nosos escasos e precarios avances , lembrándonos o maravillosos que somos (as súas palabras exactas: “You`re amazing!!”).

Pero, non che bou dar a vara coas nosas cuitas lingüísticas , se non que vou tentar, ó longo destes capítulos, darche unha visión pouco obxectiva e totalmente persoal do noso paso polo condado de Devonshire.

Ainda que o ritmo de clases era ben forte. Entrabamos cediño ,con parada para un sandwich infecto a eso das doce da mañá, pola tarde tiñamos abondo curro . Por fortuna a Universidade preparounos unha serie de actividades de ocio para algunha tarde-noite e algunha excursión para ver os alrededores.

Do resto do tempo ocupámonos nos descubrindo que ,ó fin, Exeter non era tan aburrida como nun principio chegamos a pensar.

De feito o primeiro día, non me preguntes como, fomos dar cun dos locais que sería fixo na nosa andadura nocturna da cidade, era “The Old Fire Station”. Un antigo cuartel de bombeiros agora reconvertido a pub onde a horas intempestivas ( ás doce da noite) servían unha moi barata e enorme pizza que nos axudaba a sobrelevar a fame que a esas horas xa facía estragos (a cea era as seis da tarde, ti me dirás), así como unha exquisita cervexa con sabor a macedonia, a “Skinners”; e que ademáis era servida fría! ( o cal xa che é raro, porque aquí a cervexa sírvese quente ou como moito do tempo).

Sí, tes razón, eu non che son de cervexas; pero por estas latitudes pedíannos por unha botelliña de “Martín Codax” a bonita cifra de 39Libras!!!, polo cal a opción alcohólica estaba clara.

Segundo pasaban os días non só nos adaptabamos á cidade, se non que íamos vendo que había vida (e moita) máis aló das clases e dos “deberes”.

A parte do “Old Fire Station” onde podías asistir a concertos en directo de grupos folk, tiñamos unha oferta que para sí quixera unha cidade de tamaño similar como podería ser A Coruña. Verás: Tres teatros funcionando a tope con funcións de todo tipo, dende o máis experimental (do estilo da Nasa en Santiago D.C.) ata o repertorio máis clásico; tres cines, dos cales un era de versións orixinais; múltiples sás de exposicións; e locais como “The Cavern” con diversa oferta de música en directo (heavy, R&R., Blues...), ou “The Mama Stone” onde puiden ver ao vivo ó mítico Salomon Burke; ”The George`s meeting house”,unha vella iglesia reconvertida onde podes tomarlle algo ó pe do púlpito; e a nosa base de operacións: “The Imperial” , a escasos minutos da nosa casiña en “Holland Hall” ,e onde podías disfrutar duns enormes xardíns (cando os temporais do verán inglés nolo permitían) , dun antigo invernadeiro (“L`Orangerie” chámanlle) e de confortables salóns onde degustar un exquisito gin-tonic.

Se che digo a verdade , entre o curro e a intensa vida socio-cultural, non che nos quedaba moito tempo libre.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2010 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
A path tour is not a pub tour (I)


Sí, amiguiños, como dicíamos onte... bueno, case mellor antonte; a empresa para a que traballo decidíu que o meu nivel de Inglés caera nos últimos anos máis ou menos ó mesmo ritmo que a bolsa; e que actualmente se achegaba vertixinosamente a cero.

Aquí entre nos, non che vou negar que certamente baixou moito dada a escasa exixencia dos meus clientes nos derradeiros anos; pero que non saia de aquí.

Total que, como non estaban dispostos a que eso sucedera, artellaron todo para mandarnos a uns cuantos de varios departamentos da empresa a mellorar o nivel a Canadá e a Inglaterra.

A min e ós meus compañeiros/as tocounos ,en varias quendas, a Inglaterra.

Eu prometíamas moi felices … un mesiño en Londres ou cercanías...; pero xa os que foron na primeira quenda non viron de Londres máis que un dos seus aeroportos.

Òs máis cercanos tocoulles en Norwich e vivindo con familias locais para facilitar a inmersión idiomática. Pero de "inmersión" que viviron estes, heiche falar noutra entrega desta aventura.

Hoxe quéroche contar o comenzo da miña aventura xunto cos meus 14 compañeiros na bonita, e afastada do mundo, cidade de Exeter. No S. de Inglaterra en plena campiña de Devonshire e a TRES horas en tren de Londres!!.

Cando me enterei caseque pillei un rebote dos que fan época.
Os datos que atopei en “gúguel” non falaban máis que dunha universidade pequena, unha cidade pequena , unha catedral,e mooooita campiña .

Para botar foguetes,vamos.

Por sorte, e gracias ás maravillosas experiencias de “inmersión” dos/as compañeiros/as que nos precederon en Norwich, os nosos xefes decidiron prescindir da parte de inmersión e aloxáronnos nunha residencia universitaria do campus, concretamente no pabellón “C” de “Holland Hall”, que ben poucas horas despois da nosa chegada se convertíu nun pabellón celta nas súas tres plantas. Con un idioma oficial , sí , adiviñaches: o Galego! (e que despois digan que non vale para nada...)

O sitio non estaba mal, un pouco afastado (45` a pe do centro da cidade, e 15` do “Imperial” -o pub máis cercano-). Coroaba unha colina dende a que se divisaba campiña e máis campiña, e dispoñíamos de comedor e lavandería gratis. Non che había queixa. Ou sí. A queixa era que ás 7 da mañá tíñamos que estar circulando para ter xa almorzado (almorzo inglés, of course, callos, salchichas, touciño...) e coller o autobús que nos deixaría nas nosas clases no centro da vila. Claro, os puñeteiros horarios europeos.

E non vexas ti o duro que é madrugar en período veraniego (en fin, todo o veraniego que pode ser Inglaterra) .Menos mal que o meu primeiro alborear en “Holland Hall” foi caseque de película. Verás:
Ó soar o meu despertador descorrín as cortinas do balcón do meu cuarto e abrín ás fiestras con intención de ollar as primeiras vistas do que ían ser os próximos días da miña vida mentres unha chea de gaivotas poñían a banda sonora ó asunto.(Sí, o mar non estaba lonxe).

Ainda coa legaña posta e co meu pixamiña dos Simpson (elegante e un punto divertido que me fai irresistiblemente atractivo) asomeime á campiña.Ollo para a miña dereita... e alí estaba ela, con ese sorriso que iluminaría a mañá máis chuviosa do verán inglés, e con todo o azul das ondas atlánticas nos seus ollos.

Saudoume cun doce “bos días” ,e eu , pensando que ainda estaba soñando ,tentei abrir os ollos para decatarme que o que estaba vendo era real... cando , esa bonita aparición mañaneira no máis xenuino “Curtis style” soltou pola súa boquiña: “...E lojo seique non enfocas ou que carallo che pasa?”.”Ankawaaaa!”.

Alò foi todo o romanticismo .
Foi falar a “aparición” e de súpeto despertei a fume de carozo.Aló vai a maxia do momento pola campiña abaixo,tu.

Oes ,que cruel pode ser a vida ás veces,eh.
Entrei de novo no cuarto, tentando asimilar a experiencia. Vestinme e baixei a almorzar...

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal