Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Intermedio
Vaia este intermedio nas Crónicas Mariñas que están caracterizando este conxunto de contos, para dar resposta pública a todos/as os/as que vos tomades a molestia de leer e comentar estes textos.
Gracias a todos/as pola vosa comprensión e apoio e gracias tamén polas vosas críticas públicas e/ou privadas. Con todas elas tentamos facelo cada día mellor.
Ben, Pelón, perde coidadiño, a última semana estarei dispoñible para ti; salvo, eso sí, que Don Pedrito Campos me chame ou que Paul Cayard solicite dos meus sevicios. Neno, hai que aproveitar cando ven a racha.
M.José confío en que cada día que pasa os teus coñecimentos de navegación se acrecenten e moi pronto poderás tripular o "Falcón Negro" barquiño que patronea un dos teus xefes.
Randeeira, ainda non temos o gosto de coñecernos máis contodo non podo por menos de agradecerche os teus comentarios.
Ó resto do persoal , só dicirlles que o que para algúns supuxo unha sorpresa (este tipo tan calado e serio abordo, ademáis escribe!!), para os outros , os que xa veñen de vello, é algo habitual e ata que en algúns casos apreciado. E se me apuras moito pode que en algures haberá un arquivo con textos doutras épocas mais xuvenís e menos atlánticas.
Boeno. Pois xastá.
Quería darvos as jrasiax a todos/as e lembrarvos que pronto seguiremos con máis aventuras atlánticas esta vez a bordo dunha máquina de 61 pes (que en metros debe ser unha animalada) de nome "Hansa" e que para comunicar o proa co patrón usan un pinganiño unido a un talkie.
Qué pasará a bordo do "Hansa"? por que mares navegaremos? Cal é a historia do barco? É rápido?
Hai vida intelixente nos campos de fútbol?

A resposta a todas estas preguntas e a outras que non vos atrevechedes a facer... moi pronto aquí, en : Contos do País do Solpor

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2006 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Riasbaixas 06 (e 3)
Na seguinte etapa da proba tocoume quedar en terra. O barco foi chamado á medición polos xuices e …, digamos que nos pasamos un pouco do declarado na inscripción. A solución estaba clara. Ou quedaba alguén en terra ou corríamos o risco dunha penalización e posible descalificación.
Total , que a seguinte etapa fíxena por terra na furgoneta de apoio que ten este barco (esto é nivel e o demáis son contos) e tocoume facer labouras de reparación e apoio en terra. A verdade é que son importantes , mais o bon está na auga.
Ó día seguinte, e despois dunha noite sobre velas na parte de atrás da furgoneta decidín poñerme a buscar sitio en outro barco.
Unha hora antes da presaída escomencei a miña pesquisa polos pantaláns e deu a sorte que no “Riás” desembarcaba unha tripulante por problemas de curro e Ramón (o armador máis envexado da flota) decidíu , contra o seu costume, embarcarme.
Teño que contarvos. O “Riás” é un dos barcos máis peculiares da flota. Suele estar arriba nas clasificacións e a súa tripulación está , salvo no caso do patrón, totalmente formada por mulleres a cal máis belida, e a cal máis eficaz e boa navegante.
E alí estaba eu… o segundo home a bordo. Aaaiii, amijiño, non sei se aquelo era un barco ou o paraiso. O caso é que ó pouco de comenzar a etapa xa non tiña moito en conta os modeliños das nenas. O único que me asombraba era a súa precisión na maniobra e a súa rapidez. Neno, así non me extrana que estean sempre arriba.
Aquí xa fiquei ata o fin da proba e o interesante veu na última etapa da proba , sí, a que remata en Be-Go.
Víñamos moi ben dende Sanxenxo cun vento entablado do SW de uns 15 nós que nos permitía ceñir cómodamente ata virar Cabo Home. Alí , e xa cando escomenzaba o solpor empezou a subir a intensidade ata picos de 20/25 nós que para este barco é xa dabondo. Por diante nosa ían barcos aínda máis lixeiros e rápidos como o “Ourense”, ou o “Tursimo de Madrid” ós que víamos pasar apuros grandes. Contodo ó pouco empezaron a izar spí para aproveitar o vento que agora tíñamos polo través e ate ás veces pola aleta de estribor.
Nos, lóxicamente non íamos ser menos, as rapazas ademáis de boas tripulantes eran guerreiras. En poucos segundos tíñamos o spí arriba e o patrón miraba para a proa cunha cariña de anguria que… era todo un poema. A cousa ía indo ata que os barcos que levabamos diante comenzaron a ter serios problemas cunhas inesperadas rachas de vento. Diante nosa vimos como o “Ourense” metía a botabara na auga e escoitamos un sonido como dun animal. Era o pao do “Ourense” que poñía a proba a súa capacidade para a flexión e a calidade do seu carbono. Aguantou!!!. Unha rápida intervención do trimmer de maior fixo que esta vela perdese presión e a orza do barco que nun momento estivo á vista , e todos pensamos que non ía ser capaz de adrizarse de novo( volcar), respondeu e o barco voltou á súa posición.
Mentres a bordo do “Riás” as caras do patrón e a da trimmer de spí mudaron para unha cor entre verde e morada. Mandaron izar un foque en previsión da racha á que nos dirixíamos e arriar a toda velocidade o spí. A maniobra saíu á perfección. Debe ser por eso que din que o medo da alas.
Perdemos catro postos na clasificación final pero, como decía o patrón, temos o barco enteiro.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2006 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Riasbaixas 06 (2)
A eso das cinco e media da mañán erguínme a … boeno, a alixeirar o peso do barco, e podoche xurar que a bordo só estabamos Fernando e eu. Do resto do persoal nin rastro.
Serían eso das oito cando un rebumbio nos despertou a nos e máis a todos os que estaban dormindo nos barcos abarloados ó noso. Claro, adivinache. Eran os que faltaban e toda a tropa do “Argos”. Algúns xa nen sequera tentaron entrar no barco e puxeronse a toquear na cuberta medio tapados cunhas velas preparadas para o día que xa abrira hai unhas horas.
Eu tentei reenganchar, pero como non me foi posible, pois decidín poñerme no pantalán a facer as miñas libacións matutinas mentres miraba de ver algún bar aberto polas cercanías para tomar algo quente de almorzo.
Ás 1030 (hora local) xa estaba de volta a bordo e tanto Fernando coma min facendo o convinte ruido para ver se o persoal se erguía. Pouco a pouco a xente foi poñéndose en marcha e comenzaban a largar amarras para dirixirxe á zona de presaída frente á Estación Marítima.
Increiblemente a xente do “Argos” conqueriu reunir a suficiente consciencia para largar amarras e encamiñarse á zona.
Pouco a pouco aquello íase enchendo , meu amigo, 160 barcos (sí leeches ben) 160 barcos de todos os tamaños e pais e nais estaban dispostos a comenzar unha proba que uns cuantos toman en serio debido ós patrocinadores ,e outros poucos tomamos como unha romería onde no mar imos de resaca en resaca e en terra pois… facendo o que se pode.
Os nosos foron pouco a pouco incorporándose e os que non tiñan laboura aproveitaban para cabecear na banda mentres dispoñíamos a maior e a xénova 2(o nº de cada xénova vai 1=a máis grande, 2=máis pequena,etc) dadas as condicións de vento.
O do “Argos” foi mellor. Alí só aparentaba sobriedade o patrón e o resto parecían “Zombies” pola cuberta relingando a maior e sacando cunha bolsiña unha mimada xénova nova de sables forzados que , a simple vista, parecía que ía dar moitas satisfaccións e boas puntas de velocidade.
Pouco a pouco comenzaron a darse as saídas agrupadas por categorías e cando nos tocou a nos os “IMS 670” alí foi o mellor.
O proa do “Argos” Alvarito, ainda medio moca púxose a meter en cadansúa funda os sables da xénova nova. Ou alomenos eso creía él. Cando o do pao empezou a izar a vela daba gloria ver os sables voando na primeira virada. Sí, amigos, Alvarito esquecerase de pechar co velcro as bolsas dos sables e saían voando cara a auga. Por se fora pouco , en medio da desfeita o resto da tripulación pareceu despertar e empezaron a arriar a xénova con tan mala pata que o mosquetón do puño de driza abríuse e foi parar á perilla do pao (xusto a punta de arriba).
Claro, había que subir a recuperala. Nestas o noso grupo tomara xa a saída e estabamos todos navegando xunto co “Argos” que tentaba cambiar a vela e usar outra driza para subir algo en proa mentres decidían quen ía subir ó pao a recuperar a driza. Estaba claro. Tocoulle a Alvarito.
Todos tentabamos non mirar para alí e atender ós noso bordos , pero o que sucedeu a continuación rompeu con todo.
Alvarito ía sendo subido polos compañeiros ó pao…, e todos íamos vendo a cara de Alvarito como ía tornándose verde a cada pouco ata que de súpeto algo viscoso e desagradable comenzou a regar a cuberta do “Argos” e os barcos de alrededor. Sí, amijiños. Era parte da cea de Alvarito.
Alí acabamos a etapa uns cuantos. Os que máis , os que menos non podían nen atender ó rumbo debido, dada a risa que se apoderou da flota máis cercana.
Os seus compañeiros empezaron a baixalo entre argalladas mentres o maldecían polo seu pouco aguante.
Ah, a etapa…? Pois a verdade pouco importa. Chegamos a Riveira na metade do grupo perto da noite a tempo para unha ducha , unha cea e continuar a esmorga das Riasbaixas 06
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2006 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Riasbaixas 06 (1)
A verdade é que estou un pouco vagoneto. Xa sabes, a volta ó curro e aproveitar as tardes finais do verán para sair a navegar e logo , se se tercia, uns pinchos ca tripulación … en fin, que ás veces estou chegando á casa a horas pouco recomendables para una mariñeiro de ben.
Contodo non me resisto a contarche como foi este ano a “Rías Baixas” . Era , como ben sabes, o meu primeiro ano como “free lance” despois de deixar a disciplina do “Pedras de Hércules” e a verdade non me foi tan dificil conquerir barco para participar na proba. É certo que non puiden facer todas as etapas no mesmo barco; pero o caso era estar, ainda que fose cambiando de barco caseque cada etapa.
A primeira etapa foi o transporte do barco para Be-Go (cidade antes coñecida por Vigo) baixei no “Zeppelin” un Dufour 34 noviño do paquete e para o que o seu armador e patrón non da atopado xente con algo de idea, e ó fin propúxome baixalo e quedarme nas etapas de venres e sábado.
A bixada foi … como o diría…, de cine. Cun NE de 25 a 30 nós e pasando á altura de Fisterra a eso de 15 nós de velocidade co genaker arriba e co navegando a un largo. A bordo íamos catro: O patrón Luís, dous rapaces novos con moi boa vontade e eu. Se che son sinceiro tanto Luís coma min íamos cagadiños e tremendo porque non rompera o genaker ou por non meter a botabara na auga; pola contra os dous rapaces non paraban de rir cheiños de euforia pola velocidade do barco… (ás veces o non saber é moito mellor, alomenos non sofres). Como medida de precaución decidimos ,xa á noitiña, entrar en Ribeira para repoñer forzas e continuar á mañán seguinte.
Eran as nove cando acordamos, e ás dez estabamos largando amarras de Ribeira e izando a maior. As condicións seguían igoal e o vento viña quente, non sei se polos incendios ou pola propia atmósfera. Inclínome a pensar que a atmósfera tiña pouco que ver na cinza que cubría o barco á mañán.
A travesía ata Be-go foi tranquila e a unha boa media de 10,12 nós. Ó chegar mandáronnos ó Peirao da Laxe. Sí, ese que ti coñeces ben, sen luz, duchas e todos abarloados de cinco e ata de seis.
Luis foi ata a Oficina de Regata e inscribiunos mentres nos encamiñamonos cara unha ducha e logo en santa compaña cos do “Argos” dispuxémonos a baixar a Bouzas a dar boa conta dunha parrillada de peixe no “Turista”.
A noite poñíase ben; mais xa coñeces o saque da xente do “Argos” e ó outro día as 1100h había que estar na auga e convintemente lúcidos, así que Fernando,un dos rapaces, e eu non nos quedamos a tomar a última e a unha hora prudente despedímonos das terraciñas do Areal.
Aló quedaban Luis, o outro rapaz e toda a tropa do “Argos” (señores profesores de certa facultade da Universidade de Vigo e de A Coruña, que deben ter o fígado de plástico) dispostos a pechar os locais da zona…
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2006 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Casamento (e 11) Cara a lúa de mel
E ben, aquí está o último capítulo desta longa serie adicada ó casamento e as miñas ideas ,por definilo dalgún xeito, sobre o asunto.
Ah, antes quero desculparme pola tardanza na publicación deste último capítulo; pero heiche de confesar que a coincidencia ca volta ó curro e a posta en marcha da nova tripulación do novo barco non me deixou moito tempo.
Xa sabes que cando remata o convite, os noivos tentan fuxir a bordo dun coche que , casualmente foi engalanado polos amigos do mozo. É unha cousa típicamente masculina.
Esto é : compramos presentes para os noivos, entramos na subasta da liga e ainda por riba tivemos que ir ó super comprar pasta de dentes, crema de afeitar, condóns, latas de cervexa etc. etc. Ou sexa, o casamento acaba por costar unha media de 800€ por participante.
E o traballo que da prender as latas vacías ó tubo de escape!! Normalmente levanos máis dunha hora de traballo para que dez metros despois de arrancaren os noivos paran e tiran cas latas. Sí, eso é: Unha hora de traballo para uns dez minutos de argalladas.
E xa agora: cal é o gozo de pintar nun coche un corazón e escribir “recén casados”?
Ainda se escribisen: “A túa muller estivo na cama conmigo”, “E conmigo tamén”. Esto sí sería unha boa broma e de seguro que os noivos nunca ían esquecer este día…
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2006 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal