Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cara a Faro vou lixeiriñoo... (e II)
Verás, como a moto xa non arrancaba nin para atrás; e non era cousa de seguir empurrando os 150km. Que ainda faltaban para Faro, Xavier decidíuse a chamar á grùa; que unha hora despois apareceu.

Eu ,no entanto, non deixaba de debullar no que pasaría se ós amables axentes da GNR lles daba por pararme (cousa bastante improbable) e pidirme a documentación da moto...

Desas maquinacións sacoume a visión da grúa e o ter que botar unha man para subir a moto de Xavier á plataforma mentres oficiaba de traductor para que o grueiro levara a moto e ó seu dono á “Honda” de Faro (que nestes días de concentración non pechan nen pola noite) e que, mira ti por onde, non estaba en Faro, se non en Almancil como nos asegurou o grueiro.

Eu quedara de seguir á grúa a bordo da Nosa Sra. de volusia, e Xavier ía na cabina co operario.

Esa idea duroume … como uns quince segundos. Xusto o necesario para ver a caña que lle daba o señoriño e o pouco interese en mirar para adiante que mostraba.

Xusto nunha longa recta na que eles tomaran unha boa ventaxa ,eu non podía creer como a grúa ía meténdose cada vez máis ó carril contrario mentres que, de frente, un camión arrimaba ó seu arcén como a cousa máis natural; e o gruista (no último momento) retornaba ó seu carril.

Un despiste, pensei.

Pero noutra recta, uns Kms. máis adiante, volta á mesma...

Que lle queres; eu ahí decidín tomar un pouco de distancia mentres non deixaba de pensar na que se ían dar na seguinte curva e no bo rapaz que sempre foi Xavieriño.

Pero, nada , tu. O tipiño (non sei como) sempre recuperaba no último momento o control.

O caso éche que como eu xa sabía onde ían ;e Xavier non podería moverse de alí sen que fora buscalo, decidín relaxarme e disfrutar da variada paisaxe alentejano na compaña dos milleiros de motos que ,coma min, baixaban cara Faro.

Á saída dunha curva amplia vin as luces dunha patrulla da GNR e como ía desviando todo o tráfico cara unha gasolineira abandoada.

“Xa está, xa se deron a galleta”.Pensei para min.

Mais non. Cando cheguei ó carón do primeiro axente ainda me deu tempo de ver a popa da grúa mentres (a que non o adiviñas... Sí!) me paraban xunto con todo o resto dos moteiros na enorme esplanada da gasolineira.

Non me chegaba a camisa ó corpo.

Unha chea de señores e señoras axentes da GNR estaban dándolle duro para ser quen de identificar todas e cada unha das motos que estaban parando; e podo xurarche que éramos unha boa chea.

Cando chegou o meu turno pediume moi amablemente a miña documentación ,que eu entreguei dilixente, e de seguido... sí, a da moto.

Coa mellor do meu sorriso expliqueille que tiña a documentación mais esta non se atopaba no mesmo punto espacio-temporal no que estaba eu. É máis, neste momento está nun hotel de Nazaré.

O garda tomouno ben, sorríu, e pedíume que o acompañara á furgona. Alí,mentres me lembraba que non podía deixarme circular sen documentos porque a moto podía ser roubada, eu asentía e non deixaba de suar frío. Pero o señor non estaba por arruinar a viaxe, e eu como última esperanza mostreille as chamadas perdidas dun número nacional (o do hotel) e pedínlle que me deixara contactar para que deran credibilidade á miña historia.

Debínlle de caer ben, porque accedeu a que chamara e ata a falar él coa recepcionista do hotel de Nazaré (a quen agora xa veía como a Virxe de Fátima e non como esa mala zorrupia que quería encamarme con Xavieriño). A rapaza debeu de ser ben convincente, porque o amable gardiña mostrouse magnánimo e deume coarentaeoito horas para que presentase en calqueira cuartel da GNR copia dos documentos da moto. Como queira que ía estar ben perto de Quarteira xa lle indiquei que os presentaría alí.Él apuntoume nun papeliño o enderezo do mesmo.

Eu, agora xa veía o ceo aberto. Conectábame dende o hotel en Quarteira descargaba do meu correo os documentos e apretaba a correr para o cuartel. Non había que tentar a sorte!.

Por fortuna este é un país europeo no que para constituir unha empresa non tes que facer unha morea de trámites inacabables (chega con 24horas e nunha soa oficina) (a qué ven esto?...eu que sei...) ; e no que non necesitas diversas compulsas, nen certificados de penais, nen de boa conducta. Abondaba cunha simple copia impresa da documentación.

A única pega, o euro que me cobraron no hotel por dez minutos de conexión á rede e imprimir dous folios. Pero, bueno, érache un mal menor.

Unha vez solucionado esto , preocupeime de ver por onde andaba Xavieriño; que tamén tiña o seu asunto arranxado: Era a batería!!! (non , non comentei nada... ainda que pensar penseino).Cambiáronlla e xa voltou ó hotel na súa propia moto.

Da concentración , como xa che dixen: calidade, bos servizos, boa organización e unhas actuacións musicais de sete estalos, a saber: Iron Maiden, Bells & Hells, e Xutos e Puntapés. Ah, e este ano fresquiño: Non pasamos dos 38ºC. Polo día ; e á noitiña 26ºC.

Á volta, parada e fonda en Lisboa con homaxes diversos: Pastelaría Suiça, Casa do Alentejo, Cervejaría da Trinidade e Casa Periquita en Sintra.

O que se di unha viaxe completo, viaxe Comansi.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2011 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Cara a Faro vou lixeiriñoo... (I)
Suspirandooo... (léase con ritmo de Pucho Boedo). E non ,en Faro non nos está agardando a nena Carmela. Está ,eso sí, o trinta aniversario da concentración motorista maior de Europa.
E este ano a viaxe ía ser moito máis divertido que os anteriores. Onde vai parar!

Sí, amigos, este ano baixou conmigo o meu amiguiño Xavier. Probe, non sabía onde se metía!.

Eu advertinlle sobradamente da miña media de velocidade en ruta cando vou en moto ; e ,ainda así, o coitadiño fixo prevalecer o meu profundo coñecimento do país portugués ó considerable descenso das súas velociades de cruceiro habituais nas estradas.

E , aquí nos tes ós dous “on the road” rumbo S.

Este ano, a miña crónica centrarase máis ben na inesquecible viaxe, antes que na concentración (que dito sexa de paso, mellorou se cabe en calidade, servizos e actuacións con respecto a outros anos).

Verás: Ó arrancar da Coruña e achegarmonos ás tropicais terras do S. de Galiza xa nos decatamos de que o primeiro tramo da viaxe non ía ser tan calurosa como o ano pasado. Por fortuna non houbo chuvia e, de non ser por un molesto vento do NW. que por veces nos obrigaba a ir nas rectas medio tumbados por mor de manter a trazada, tería sido unha primeira etapa ben agradable.

A parada para dormir e dàrmonos unha homaxe tíñamola en Nazaré. Alí xa reservara eu un hoteliño ó carón da praia e coa garaxe gratuita para no deixarmos as motos na rúa.

A miña reserva era dun cuarto doble ,que , como todo o mundo sabe, supón dúas camas,DÚAS . Bueno , todo o mundo non. A recepcionista do hotel de marras ó vernos chegar, enseguida deducíu (non sei por que carallo) que eramos parella (??) e por tanto en aras de agradarnos e mostrar que alí eran máis modernos que ninguén, tentaba meternos nun cuarto doble con cama de matrimonio!!!

Cando mo dixo como a cousa máis natural do mundo, eu caseque lle zosco co casco. Mentres, Xavier, non paraba de rir. E ainda a tía tentaba convencerme dicindo que por defecto un cuarto doble se sobreentendía con cama de matrimonio!!.

Onde? Cando? Mira que non terei eu feito reservas por ahí adiante; pois se non o especificas, sempre, sempre che dan un cuarto con dúas camas, joeeeer!!

Ó final, e aquí está o truco, a amable recepcionista acordou (previo pago de 10€ de recargo) en darnos un cuarto con dúas camas. Pagamos o imposto revolucionario e mentres escoitaba as argalladas de Xavier subimos a ducharnos (por separado,eh) e despois sentamos na terraciña a disfrutar das vistas pensando en ver quen sería o pringado de baixar a por unhas copas de vinho verde ben fresquiño.

Nen él nen eu (que ainda rumiaba o cabreo coa recepcionista) fumos quen de movernos ata o bar ; e decidimos agardar a hora da cea; que xa tiña apalabrada na Adega de Adelia onde, pouco tempo despois, nos homenaxemaos cunha botelliña de Dão e unha dourada que ,entre os dous, costou o noso darlle traza.

Ó día seguinte ,despois dun opíparo pequeno almorço fumos a recoller as motos para seguir camiño.

Ou alomenos eso pensaba eu...
Unha vez pertrechados vexo que a moto de Xavier non arranca. “Támosche ben” pensei.

Pero , que va, era un dos xogos que Xavier preparara para facer a viaxe máis divertida.

O caso é que eu non estaba pola labor de ficar en Nazaré e mentres lle insistía en que montara na súa moto ,ía quitando a miña chaqueta, o meu casco e dispoñéndome a empurrar todo o que fixera falla para que a moto de Xavier arrancara. E arrancou! Non che foi á primeira, pero de que arrancaba estaba ben seguro!! Caseque deixo o desaiuno no chao da garaxe; pero a moto non nos escarallaba a viaxe. Nooon!!

A estas alturas supoño que pensades que esto fora un mero incidente da viaxe; que va!! Foi un bonito xogo inventado por Xavier para a tonificación mañaneira dos viaxeiros.

Seguimos a ruta ,e aló por Montijo xusto cando paramos por mor dunhas obras na estrada, volta ó divertido xogo de “amiñamotononarrancaveñaaempurrar”. Así que volta a quitar a chaqueta, o casco,as luvas e ...Aaaaaaah!!! non teño a documentación da moto!!! Miro o peto interior da chaqueta, onde debería estar... e, non está!! palpo a ver se estaba noutro dos petos. Nada. Polo menos o tfno. Non caera; e non só eso, se non que tiña sete chamadas perdidas do hotel de Nazaré. Xa medio mosqueado chámolles ; e era a recepcionista que me avisaba que a documentación fora atopada na garaxe.

Claro, penso eu, coa presa de quitar a chaqueta, e o cabreo da avería, seguro que caeu e nen conta me din. Por fortuna esta vez non quería cobrarme suplemento e comprometeuse a enviarma ó meu domicilio. De todos os xeitos como ía estar varios días sen documentos ofreceuse a escanear o máis importante e enviarmo ó meu “email” (como cambiou o conto).

Non , se ó final, a tía non era tan lurpia...

Mentres a moto de Xavier xa voltara a arrancar, e estabamos de novo en ruta , ata a gasolineira de Setúbal. Alí parada a repostar, e volta ó xogo da viaxe.
Pero, queres creer, que a puñetera moto cada vez necesitaba máis treito de empurrón para arrancar!!

Como ,a pesar dos divertidos xogos argallados por Xavier, íamos moi ben de tempo; decidimos seguir baixando pola IC1 por mor de disfrutar moito máis da paisaxe alentejana e de gozar da compaña dos milleiros de motos que , coma nos , enfilaban o rumbo de Faro.

Ata chegarmos à gasolineira que hai ó S. de Ourique ainda tiven ocasión de botar unhas cantas carreiriñas detrás da moto de Xavi. Alí xa non houbo máis carreiras. Supoño que Xavier xa cansara do xogo de “amiñamotononarrancaveñaaempurrar” e decidira preparar outra actividade para non aburrirnos na viaxe. Tratábase de: “O grueiro suicida”.

(To be continued)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2011 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal