Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Casamento (10) A Olimpiada
Ben, despois da publicidade continuamos co penúltimo capítulo desta serie facéndome unha pregunta transcendente:
Porqué é que as mulleres do convite se transforman e parecen saidas dun episodio de “A hora salvaxe” do “Discovery Channel” sempre que a noiva se prepara para tirar o seu ramo?
Estarán convencidas de que se conseguen apañar o ramo, Deus vai escreber na súa axenda:” O día 29 de este mes vou facer que esta neniña, que ten tan boas dotes atléticas, coñeza ó home dos seus soños”.?
Este é o momento máis perigoso de calquera cerimonia. Teño para min que o governos debería aprobar unha lei onde obrigara á presencia de un equipo da Cruz Vermella en todos os casamentos para tratar as pernas partidas, ombreiros deslocados, dedos esmagados e ate mesmo fracturas abertas.
O que atopo ainda máis espantoso é a ollada de orgullo que a neniña con necesidades casadoiras manda cara ó seu namorado despois de apañar o ramo. Do estilo de :”Toma!, agora todas as persoas saben que tes a obriga de casar conmigo”.
Mais non é por isto que atopo que este momento debería ser abolido dos casamentos. A razón é ben diferente: O estado de devastación en que acaban as rapazas que non conseguiron apañar o ramo.
Non consigo deixar de ter pena de elas , que fican máis deprimidas que se perderan un ollo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2006 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Intermedio, intervalle, pause
Boeno, como esta serie sobre os casamentos está sendo caseque un culebrón, alomenos na súa lonxitude; está claro que é necesaria financiación para os gastos que xenera unha producción deste calibre.
Dito e feito:

"Conoce España con tu párroco"

Para tí, que eres joven. Para tí, que crees en los valores tradicionales de nuestra patria.Para ti, que no te dejas arrastrar por la molicie moral en la que la actual sociedad se mueve; para ti muchacho/a presentamos esta iniciativa de la FAEF (Fundación de Ayuda Española a la Familia).
Sí, tu que nos lees, no dejes escapar esta oportunidad única de conocer España y a un tiempo recibir una dirección espiritual adecuada.

Conoce España con tu párroco!

Sí, amigos, esta iniciativa nueva en el horizonte de los viajes , hará que nuestros jóvenes visiten esos lugares inmortales de nuestra geografía patria: España. Crisol de razas, encrucijada de caminos, bastión de occidente,marco incomparable de belleza sin igual.

"Conoce España con tu párroco" te ofrece la oportunidad de conocer el solar patrio otrora líder inmaculado,victorioso e imperial y en nuestros días pálida sombra de retales, reino de taifas sin valores.

Ven.Con nosotros y conocerás lugares emblemáticos de nuestra geografía en la segura compañía de tu párroco que NUNCA,muchacho/a tenlo por seguro,NUNCA te abandonará ni desfallecerá en su lucha por hacer de ti alguien digno de pertenecer a la nueva España que pronto amanecerá.

Ven, únete a nosotros y conoce tu patria al tiempo que unos sanísimos ejercicios espirituales forjan tu espíritu y te alejan de veleidades y desviaciones sexuales malsanas.

Para ello contamos con tu párroco (quien mejor) y con la incuestionable ayuda del Dr. Aquilino Polaino que sabrá encauzar esas almas perdidas que recuperaremos para la nueva patria.

Ven y CONOCE ESPAÑA CON TU PÁRROCO!!!


Es un mensaje de FAEF (Fundación de Ayuda Española a la Familia).Asociación con ánimo de lucro carente de filiación política.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2006 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O casamento (9) Os borrachos
Esto sí é a única cousa con gracia nos casamentos. E é por causa dos borrachos que ainda consigo convencer ás miñas pernas para irmos ós casamentos.
O segredo é non tocar nen unha gota de alcohol.Nada.Só auga. Aguanten a presión dos amigos e só así poderán observar todo.
Desde que chega ó convite debe pesquisar logo quen está a beber demais. Unha vez feita a pesquisa debe prestar moita atención. De aquí a unhas catro horas vai sucederlles o seguinte:
1.- Comenzan a chorar e abrázanse en todas as persoas dicindolle canto as queren.
2.- Rompen a contar segredos de todos os presentes que coñecen.
3.- Vanse para a orquestra e tentan quitarlle o micrófono ó/á cantante.
4.- Entran nun estado vexetativo e transformanse en homes-estátua cuia inmovilidade só é interrumpida por rápidas excursións ós baños.
E 5.- Queren pelexar con todos os invitados.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2006 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Casamento (8) A Xuventude baila!!
Segue o meu razoamento: Qué é o que sintes cando escoitas o “Danubio azul”?.
De certo que no primeiro minuto pensas:”Qué raio é isto?”.E, garantizado,no segundo minuto: “Aaaaahhhhh!, estou tendo unha embolia!!”. No terceiro: “Morrín e fun parar ó infernooo!!!”.
De certo que non pensas en comprar o CD, ouvilo na casa e bailar moi agarradiño á túa rapaza como se non vos vírades dende hai moitos meses.
Entón, por qué é que sempre que a orquestra dun casamento comenza a tocar, sentímonos na obriga de bailar?. Se non nos levantamos logo, ouvimos sempre:”Qué, non bailas?, estás mal?”, “ah, é que xa es vello”. Será que só porque non quero bailar ó son de unha cousa sen atisvo de ritmo significa que estou vello?
Ata o día de hoxe non estiven en nengún casamento no que a orquestra merecese tal nome. A maior parte nen sequera conseguiría pasar as eliminatorias de “O.T.”
Desfinan, esquencense das letras, e as cancións en inglés parecen versións en árabe porque eles non teñen repajolera idea do que están a dicir. E ainda por riba non hai nengún local da festa para onde poidamos fuxir; porque as orquestras parecen eses coches que anuncian os candidatos nas eleccións: Non se entende nada, mais oense a 500m. de distancia.
Ah, e non esquenzamos os “Disc Jockey” con músicas modernas, cheas de ritmos para que os máis novos bailen e non se aburran. Só que as músicas máis modernas que traen son a Macarena e o Saturday night fever. E claro, ó seren músicas con coreografía somos obrigados a ir para o medio da pista e finxir que estamos a divertirnos como nunca antes.
Por se fora pouco, como pagamos un presente carísimo e enchímonos como porquiños, tanto baile, xa se sabe: O cuarto comenza a darnos voltas ó redor noso ata que un alma caritativa tira por nos cara o exterior para ver de airearnos e que non fiquemos fiambre no medio da pista.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2006 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
O casamento (7) A Liga
Cando vou a un casamento gasto polo menos douscentos euros nun presente que os noivos nunca lembrarán que fun eu quen llelo dei, e ainda por riba aló para o final de festa son coaccionado a puxar na subasta pola liga da noiva.
Nós, homes, non podemos negarnos a participar nesta puxa. É o mesmo que se nos invitan para ir ver un partido de fútbol en Canal + , beber unhas cervexas, comer unhas bolsas de patacas fritas e dicir: “Ben, prefiro quedarme na miña casa e ver o último capítulo de –Aquí no hay quien viva-“.
É unha grande presión para nós os homes. Podemos ser mal vistos e nunca máis ser convidados a participar nun concurso de arroutos. E iso é unha cousa que non podemos deixar que suceda.
Mais para que é que quero a liga da noiva? Se eu quixese algunha cousa íntima da noiva probablemente sería eu o que estaría a casar con ela. E así tería moito máis e mellor que a liga, e ainda por riba non tería que puxar nada.
Tampouco comprendo por qué é que o noivo gosta de poñer a súa futura muller e mai dos seus fillos , en riba de unha mesa e levantarlle o vestido só para mostrar onde é que está a famosa liga.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2006 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
O casamento (6) Preguntas sen resposta
Despois dos postres, cando as persoas non saben se deben ir ó baño ou simplemente deixarse caer a un lado e agardar que a morte por indixestión os leve, o novo matrimonio da sempre un paseo por entre todas as mesas… Para qué?
Van preguntar se esta todo ben. Mais irá alguén dicir que os langostinos cheiraban raro…, ou que o redondo de vitela era máis ben cadrado e con sospeitosas pintas verdes nos bordes?.
Van, tamén, a ouvir as preguntas de costume: “Entón para onde é que van esta noite?” “Qué tal a sensación de estaren casados?”
Van a dar as respostas de sempre: “É segredo, non podemos contalo” “A sensación é inmellorable, recomendocho”
E os amigotes do noivo sempre repiten as mesmas cousas: “Esta noite non perdones!!”
Ah, e non esquenzamos ás amigas da noiva:” Que sortuda (aquí o nome da interfecta) ,xa pillou”.
E eu me pregunto na escuridade da noite: Esto causou algún adianto para a humanidade? Aporta algunha teoría descoñecida para por fin á fame no mundo? É o fin da horrible caspa sobre os ombreiros? É a solución para aparcar no centro da cidade en hora punta?
Home, ainda se os invitados fòsemos convidados ó día seguinte para ver o video da noite nupcial, ainda che valía a pena o esforzo.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2006 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
O casamento (5) O Aperitivo e o xantar
Contodo, a parte máis incomprensible nun casamento é o momento despois da cirimonia e antes do xantar.
Son cerca de duas a tres horas onde somos obrigados a falar. A falar e estar de pe. A falar e estar de pe, e agardar que o tempo pase. A falar, estar de pe,agardar que o tempo pase, e pensar nunha boa desculpa para dar ós noivos e irmonos máis cedo. A falar,estar de pe,agardar que o tempo pase, pensar nunha boa desculpa para dar ós noivos e irmonos máis cedo e facer fotos con eles , e comer unhas croquetas e empanada.
Eu son moi coidadoso en todas as comidas que o meu corpiño inxere. Por eso esta parte do casamento é moi deprimente para min. Normalmente os casamentos son en verao. Estamos a 40º e os camareiros serven langostinos con mahonesa. Ou sexa , eu non consigo comer nada porque sempre me veñen á cabeza aquelas historias que leo nos xornais:” 200 invitados dun casamento teñen unha intoxicación alimentaria e acaban no hospital. O noivo e a noiva non poden consumar o matrimonio e pasan a noite nupcial no hospital con salmonelose”.
Por enriba non entendo como é que se gasta tanto tempo nas fotografías. Hoxendía, cas tecnoloxías dixitais xa era posible non facer que todas as persoas perderan tanto tempo. A cada persoa que chegase ó casamento podían facerlle unha foto de carnet. Despois facíanse duas fotos ós noivos ó lado de dúas persoas ben vestidas e con bo porte. De seguido sustituíase a cabeza desas dúas persoas polas dos distintos invitados. E ainda por riba poderíamos escoller quen queríamos que fose a nosa compañeira de fotografía. Escollemos a cara máis bonita da festa e xa está. Só con eso aforrábamos centos de horas.
E chegamos ó xantar. E eu pregúntome: Xa que pagamos un presente tan caro, eu gostaría que alguén me explicase porque é que toda a comida que sobre non é dividida entre os convidados que deran un presente de, polo menos, douscentos €?
Os elexidos serían convocados polo vocalista da orquesta para levaren unha fiambreira e escribirían as súas preferencias: prato principal, doces ou entremeses. Polo menos rentabilizabamos o presente que os noivos nunca se lembran quen deu, e que foi caro como raio.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-08-2006 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Casamento (4) O Xulgado/Concello
Ainda peor que ter que aturar unha misa é ir a un casamento nun xulgado ou nun concello.
Imos vestidos como se fósemos á entrega dos óscares, mantemos un aire solemne como se estivesemos na coronación da raiña, mais ó noso lado está un emigrante rumano (con todos os respetos para Ruamanía) que ten que autentificar a súa sinatura, e os xerentes dunha empresa en quebra.
Se por un acaso poñen o casamento ó final do día, hai un aroma no aire que rivaliza co dos autobuses en hora punta.
Como se todo eso non fose suficiente para finxir que estabamos con escarlatina e darnos o piro, o xuiz/concelleiro ainda ten a osadía de dar unha palabriña sobre a importancia do casamento e o respeto que temos que ter uns polos outros. Peor que eso , só sería que se puxese encima da mesa a facer un strip tease.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-08-2006 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
O Casamento (3). A igrexa
Non son católico. Con grande pena da miña aboa non vou a misa desde mediados do século XX. Mais peor que esquecerme de comprar un presente para os noivos é ter que asistir a unha misa de casamento.
Nos casamentos nas igrexas, os noivos deberían facer dous xéneros de invitacións: Unha para os católicos, e unha para os outros…eses herexes!!!
O primeiro sería un convite para as persoas serias e de ben. Aqueles que queren aconpañar en todo momento òs noivos nese día tan importante.
No convite para os outros, estaría escrito: “Aparezan no xantar a eso das 1500h. pedazo de herexes, pedazo de…,de… , en fin como queremos recibir o seu presente están desculpados”. Se esto sucedese miraría para os casmentos doutro xeito, e coido que ata non iría contrariado.
Mais como eso non sucede, agora vou falar directamente para todas as persoas que casaron nunha igrexa:
“Sí, tamén no voso casamento decenas de persoas sairon para a rúa no medio da misa. Foron falar do último fichaxe do Depor, ou das rapazas do Fuente, ou das películas culturales de canal + na madrugada dos venres.”
En todos os casamentos ó cabo de dez minutos comenzan a sair persoas.
As máis suertudas son aquelas que teñen bebés que comenzan logo a chorar. Eu atopo moi extrano que en todos os casamentos ós que fun os bebés e os nenos ata os seis anos choran sempre. Teño para min que son os pais que os beliscan no cu para que choren e así ter unha desculpa para ir para fora.
De seguido comenzan a sair aquelas que dicen non sentirse moi ben e precisan aire.
Ó cabo de quince minutos entre un dez e un vinte por cento das persoas están na parte de fora da igrexa.
Por todo esto apelo ós noivos en que pensen seriamente nos dous diferentes convites.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2006 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
O casamento (2). O presente
Cando son coaccionado a ir a un casamento, eso significa que vou ter que gastar polo menos 200€. E o máis grave é que os noivos nunca van lembrar quen deu o que.
Pensan que na excitación de iren para a lúa de mel, ou na confusión da mudanza para a casa nova, van lembrar quen deu unha plancha a vapor, cor azul que era o artículo 234232 da lista de “Habitat”? Non me parece.
Mais se aparecemos no casamento sen termos comprado nada, todas as persoas xa saben que fomos nós e ollan para nos, sobre todo os pais da noiva , como se fosemos uns terroristas árabes.
Ó fin e ó cabo, o presente significa o consumo mínimo para a entrada nun casamento ó que non pedimos ir. E canto máis caro for o presente mellor vai ser a mesa onde nos van colocar.
Se só compramos un práctico conxunto de roupa de cama por un valor de 30€ teremos moita sorte de non ser colocados ó lado dos baños, que por un acaso teñen unha cisterna que non para de perder.
E eu me pregunto: Por qué é que non podemos dar un CD de Caribe Mix, con ritmos quentes e sensuais para seren ouvidos na lúa de mel? Ou simplemente unha tarxeta con un moneco que diga:”Desexovos boa sorte”?
E ainda por riba o feito de non ir cedo á tenda onde está a lista, así que se recibe a invitación, é peor que non ir os primeiros días das rebaixas. Cando chegamos alá, xa só hai tamaños XXL, ou sexa, nas listas de casamento só hai lavadoras de 800€ e frigoríficos de 500€.
É un pesadelo!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-08-2006 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal