Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Catro funerais e nengunha voda
Facía xa tempiño que non pasaba por aquí a darche a lata. Entre unhas cousas e outras non che me apetecía moito.

Ía cumprindo cos meus encargos literarios (permíteme a licencia) ; pero coa racha que escomezou hai pouco máis dun ano á volta de Faro, e seguíu en forma de funerais de amigos e familiares, non era que che me apetecera moito recalar neste porto e botar unha parrafada contigo.

Non vou facerche aquí un “hit parade” dos meus deradeiros compromisos necrolóxicos; así que imos deixalo nunha destas rachas que ás veces pasas ó longo da vida.

E, como queira que un xa está nesa edade na que non asiste a moitas vodas, se non máis ben a divorcios e , últimamente a unha chea de funerais; deume por ver como segues, e se segues pasando por aquí a ver se este lacazán actualizou a páxina coa periodicidade que o caracteriza.

Como ves, a periodicidade segue a ser totalmente aperiódica e , por así dicilo, “candomepeta”.

No tocante a esta racha, só podo dicir que está sendo unha boa escola para saber quen de verdade está ó teu carón e ,xa postos, para facer unha boa limpeza na libreta de enderezos. Na virtual e na outra.

Sería estúpido negarche que algunha sorpresa (demasiadas) me levei. Tanto boas como malas. Xa sabes de sobra como vai esto. Persoas nas que confiabas e tiñas por verdadeiros amigos/as que ó final resulta que non o son tanto ou nada; e persoas que te sorprenden aparecendo da nada despois de moito tempo sen saberes nada deles/as e que cunha mirada, un aloumiño son quen de transmitirte ese apoio que precisas nese momento.

Pero non me resisto a contarche a reflexión que acadamos Xoan Carlos e máis eu (sí, xa nos coñeces cando nos xuntamos); no cementerio de Malpica mentres agardabamos a chegada do enterro da muller de Xosé María.

O devandito cementerio ten unhas envidiables vistas das Sisargas e de toda a beira Sur do Golfo Ártabro; e mentres aló estabamos, demos en pensar o ben montado que o teñen os das distintas relixións que pululan polo planeta. A saber: Todas nos venden fume; pero, eso sí, todas teñen perfectamente regulado mediante as axeitadas cerimonias, os momentos clave na vida do ser humano, e todas obteñen pingües beneficios da nosa ansia de trascendencia. Basta ver as eirexas, as mesquitas, os templos de calqueira confesión.

Estoume poñendo moi serio. Viramos!!

Non te despistes moito, porque despois deste impasse e esta crónica áceda teño que contarche a miña recente incorporación á disciplina do “Riás”.

Sí, ó tempo que retomaba a miña vida civil, ateiopme traspasado do “Hansa” ó “Riás”. Un barco que xa coñecía case dende os meus comenzos na vela de competición, e co que novamente me reencontro.

Pero eso será noutra xeira.

Permanceza atento/a a esta pantalla
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2016 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal