Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Servizo de Neumoloxía e a galiña de corral
Oes, mira que é pesadiña Santa Clara. Non che había forma de librarse dela.

Ó fin onte convencina para que me deixara en paz e fun a celebralo ó Cenlle. Sí home, a adega esta que está arriba nos Castros. Comentáranme que xa tiña a nova colleita dun “coupage” de Alvariño e Treixadura dos seus pagos, e que só podes atopar no seu local.

Alí quedara con Carmen, Silvia e Loliña saboreando o resultado mentres picabamos algo, cando apareceu pola porta Ramiriño.

Ainda non che falara del; pero é un bo colega que coñezo do grupo de xente que nos xuntamos unha vez ó mes para catar viños. Sí, ese mesmo: O Clube de Borrachos.

O home estaba desencaixado, e non se animaba nen á segunda copa dese néctar de deuses co que Antonio o taberneiro nos obsequiaba.

Ramiriño é un home viaxado e atesoura un poso cultural e vital que fai que a conversa con él resulte sempre amena; mais hoxe estabache fundido.

Ó final soltouse a falar e poñernos ó corrente das súas cuitas. Hai pouco máis dun mes que ten a súa ancián mai un pouco tocada do carallo. Estivo hospitalizada e, ainda que agora xa está na casa, ten que ir a revisións a un deses hospitais enormes e impersonais que che hai por Santiago. E ,aquí, meu amigo é onde escomenzan as cuitas do Ramiriño.

Verás, o pasado luns a súa mai tiña revisión no Servizo de Neumoloxía; e él, como bon fillo, acompañouna. Pero a mai antes de sair da casa pedíulle que metera no maleteiro do coche unha caixa da cal non lle informou do contido.

Él acostumado como está a que súa mai soborne habitualmente ós médicos que a tratan, pensou que alí irían algún dos productos da horta ou ben un xamón ou pode que queixos. Non lle dou máis importancia e meteuna no coche. De feito, cando ten ido coa súa mai ó Centro de Saúde a por receitas xa se afixo a ver como lle mete ó médico un billetiño de cinco ou dez euros entre as caixas vacías das mediciñas. O que máis lle cabreaba non era o feito da súa mai, se non a naturalidade con que o médico procedía a gardar eses sobornos.

Ó chegaren a Santiago aparcaron perto do hospital e extrañoulle a recomendación que lle fixo súa mai de que pasara a caixa para o asento traseiro e que deixara unha rendixiña a fiestra aberta. Cando colleu a caixa do maleteiro notou como se algo se movera dentro; mais non lle deu importancia. Meteuna entre os dous asentos. Acompañou á súa mai a facer as probas que lle tocaban ese día e despois encamiñáronse cara a saída; pero ela non estaba polo labor.

Díxolle que tiña que falar co médico e subiron ó despacho do Servizo correspondente. Unha vez alí, ela pedíulle que fora ó coche a pola caixa. Él xa se imaxinaba algo así, e ainda que cabreado, xa desistira de intentar convencela de que xa tiña pagado cos seus impostos a atención médica que recibía (a pesares de que agora os nosos pais neoliberais da patria estén tratando de convencernos por todos os medios do contrario). Por tanto baixou ó aparcamento e dispuxose a coller a caixa, que agora sí, deixaba ver ben ás claras que había algo vivo dentro.

Abríuna e alí estaba. Unha galiña de corral medio afogada que víu o ceo aberto con Ramiriño. Él case cae de cu, mais foi quen de reaccionar e sacou a probe da galiña da caixa , e por un cordonciño que tiña atada á pata deulle un paseiño para que tomara algo de aire a criaturiña. Ainda daba algo por velos entre os coches.

Namentras, a súa mai impacientábase e chamouno por teléfono a ver que facía.

Polo que nos conta Ramiriño, tiveron unha boa bronca por mor da puta da galiña. Ó final él accedeu a meter de novo o bicho na caixa e encamiñar os seus pasos polos corredores do enorme hospital ata onde o agardaba a señora (dito esto no senso máis feudal do termo). Alí o espectáculo que atopou era propio dun guión de Azcona. A súa mai chamando á porta do despacho sen recibir contestación. Ela rumiando: “Pois estar está, que o vin entrar coa enfermeira”. Cansa do desplante facultativo aporreou a porta co seu bastón sen resultado. Ramiriño, xa non sabía onde meterse; pero o mellor ainda estaba por chegar.

A señora, cun rebote dos que fan época, non se cortou un pelo e abríu a porta ó berro de: “ Que pasa aquí, non me quería atender ou é non me oía chamar?” (cousa esta bastante difícil dada a escandaleira que montou).

O médico saíu do despacho todo sorrinte. Ou, alomenos, eso é o que di lembrar Ramiriño que tentou desaparecer ó fondo do corredor. Dende lonxe víu ó médico todo edulcorado mentres a señora lle poñía as cousas clariñas,e ó final albiscou como lle entregaba unhas chaves á súa mai. Ela fíxolle señas para que se achegara coa caixa e cando estivo cerca achegoulle as chaves que o médico lle dera xunto coa situación e a matrícula do coche do doutor.

E ahí tes ó fillo exemplar botando lume pola boca mentres se encamiñaba a destino para deixar a mercancía non sen antes facerlle uns buratiños á caixa por mor de que a probe da galiña vivira os seus últimos momentos con algo de aire.

E como él di, a culpa non é das velliñas que como a súa mai pensan que se non untas o eixo o carro non anda ben; non señor.

A culpa é dos que, como este... tío, admiten de bo grao este tipo de situación que ,ó fin non son máis que un porcallento soborno lembranza doutras épocas ás que por desgracia estamos voltando á velocidade da luz.

Probe Ramiriño, coas ideas tan calvinistas e pouco “españolas” que él defende non che me extrana nada o seu baixo estado de ánimo.
Por fortuna ó rematar a súa confesión e a segunda botella xa parecía ata máis aliviado.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2012 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal