Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O decreto do exterminio



Xa che dixen que non sei a páxina orixe do texto sobre o profe dun colexio concertado.
Envioumo Cristina ó meu correo, mais non me mandou o enlace da páxina nen nada. O outro día chameina para ver se me podía dar máis datos; pero ela tampouco se lembraba de onde o tirara.
Que lle vou facer. Non teño xeito de averiguar a orixe del.
Ah, ainda non che contei. O outro día fun cear á casa de Xulio con Miguel, Rosa, Cristina e Isabel. Sí, oh, xa sabes unha desas mesas compostas por xente de mal viver (esto é: obreiras/os do ensino) e máis eu como persona “normal”.
Dubidei bastante en facerte partícipe así públicamente da sobremesa; porque como dicía Paquiño: "Haga como yo. Nunca se meta en política"; mais ,que lle queres, non me resistín:
A conversa fluía ben ó longo do xantar e ós postres alguén sacou o do decreto de exterminio do galego. Ahí liouse todo. O que sí que me servíu foi para aclarar un pouco as miñas ideas sobre o asunto.
Verás, ata ese momento a miña opinión estaba un chisco mediatizada polas novas que un leía nos xornais; sí, especialmente na “Voz de Santi Rey” (antes coñecida como “La Voz de Galicia”); pero a claridade dos argumentos de Rosa e a súa solidez chegáronme ben adentro: Sabías que a actual Xunta subvencionou presuntamente a merca dunha nova rotativa a ese xornal? Sabías que a financiación da nova canle de TDT do Grupo Voz , tamén ten moito que ver,presuntamente, co novo goberno español da Xunta?.
Un, na súa ignorancia, non deixaba de sospeitar de certo tufiño en algunhas noticias ou “non noticias” que aparecían nese xornal, mais agora coa información na man , as pezas encaixan.
Pero, non te creas, a sobremesa deu para moito e eu fun quen, ó final, de tirar algunha conclusión. A saber:
1,- O conflicto do Galego é un conflicto artificial creado dende a Xunta do Sr. Feijoo e inspirado dende Madrid para ocultar a inoperancia deste goberno ou o desmantelamento do sector público? Non cho sei de certo, mais poidera ser.
2,- É cando menos curioso, ver como a dereita máis montaraz se considera poseedora natural do poder e da Verdade Absoluta. Así que, dar un paso atrás? Nen para coller impulso. Por suposto, da igual o que diga a Real Academia Galega, o Consello Escolar Galego, o Consello Consultivo, a Unión Europea, etc. etc. ... que saberán eses!!
3,- Dado que segundo a nova doctrina da Xunta calqueira persoa sen formación nen criterios profesionais pode decidir sobre asuntos tan importantes como o curriculum educativo, o Xoves, cando vaia ó médico, non pode esquecerseme de decirlle o que me ten que receitar.
Se é posible no ámbito da educación, por que non no ámbito sanitario?
4,- Segundo o actual goberno mellorarase a competencia lingüística dos nenos/as en Inglés (do Galego xa nin se fala, claro, como non é un idioma válido nen para o ensino das ciencias). Menuda mellora con aulas de vintecinco alumnos/as e un profesor/a, que na realidade poden convertirse en aulas de vintesete ou trinta, xa que según me asegurou Xulio, para a Xunta o alumnado repetidor non se conta!!. E sen previsións de disminución da ratio, nen de contratación de máis profesorado!!
5,- Disminución drástica dos recursos económicos para a educación pública e subvencións a esgalla para centros educativos privados (preferentemente propiedade da Iglesia Católica ou institucións afíns) .
6,- E, por último, deixame decirche o ben que lles está funcionando a propaganda da terrible “imposición” do Galego que fixo o anterior goberno (do cal, eu non fun nada devoto, todo hai que dicilo) e que se limitaba a aplicar o Decreto do Galego en vigor e aprobado pola Xunta de D.Manuel Fraga.
Non che digo nada doutros asuntos dos que nin se fala nos medios: O inexistente tren de cercanías nas principais capitais galegas, a construcción de dous portos exteriores a 18 millas de distancia, tres aeroportos competindo entre eles en vez dun aeroporto central ben comunicado, os ataques ó rural, a presunta concesión dos recursos enerxéticos a grupos económicos presuntamente afíns, etc. etc.
Pero, que esperas dunha lei electoral que lle da o goberno a unha candidatura que obtivo cinco mil votos menos? Ainda que ,din, que esto é unha democracia supostamente madura.
Presuntamente imos cara atrás,pero cara moi atrás,eh.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2010 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal