Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vanexxa de Montealto (A Coruña)
A súa era unha familia normal, de Montealto de toda a vida. Vanexxa decidíu poñerse os dous “X” no seu nome cando repetía 4º de ESO, cansa da súa fama de putón verbeneiro. Decidíu asumila e pasarse ó grupo das “malotas”.Non tardou en facerse a súa líder indiscutible.
Importou á cuadrilla un estilo gótico-impúdico extraido das revistas de adolescentes e películas de serie B; chegando a impoñer a súa lei ós mesmísimos “Riazor-Blues”.
O tempo tería feito dela unha ama de casa promiscua traballando nunha perruquería de barrio por un soldo de merda.
Mais, ese verán a súa vida deu un cambio de rumbo inesperado. Ela e as súas amigas estaban nos alrededores dun concerto na Praia de Santa Cristina só por foder ós “guiris” de veraneo que viñan a escoitar a un Bisbal en decadencia; e sucedeu. Por primeira vez, Vanexxa se colgaba dun tío. As súas acólitas comentaban que era un coñazo, sempre estaba largando mítines anticapitalistas nos que os culpables de todo eran os especuladores e constructores que formigonaban a costa. Pero, estaba bo. Á menor ocasión ben seguro que calqueira delas tentaría levantarllo; pero esa ocasión non se deu.
Ninguén era quen de separalos. Ela absorbeu a súa teoría antisistema e almacenouna no mesmo espacio do seu cortex cerebral encargado de canalizar a súa pulsión sexual. Esta fusión selou o seu destino.
Vanexxa desapareceu do barrio o mesmo día da explosión de duas olas caseiras nunha urbanización ilegal de Culleredo.
Ninguén volveu a saber de ela ata que apareceu nas noticias da Telegaita.
Estaba implicada no atentado producido na romería estival do PP en Monte Faro, e no do Hotel Araguaney onde se celebrou o Congreso do PP.
A noticia removeu os arquivos das diferentes emisoras que se lanzaron a unha desenfrenada carreira pola audiencia do “prime time”con programas especiais cas esceas máis escabrosas de ambos atentados.
Verás, Vanexxa non se contentaba con que as súas accións sinalasen ós corruptos. Quería deixalos en evidencia mostrando as súas baixezas para que , unha vez amplificadas polos medios, removesen os máis sólidos (pero falsos) cimentos morais da sociedade.
As imaxes dos membros da terceira edade do PP copulando baixo o sol achicharrante en Monte Faro despois de ter consumido inxentes cachos de empanada gratuita convenentemente aderezada con Viagra, non chegarían a ser tan soeces, se a cantante ucraniana e animadora (cun contrato temporal: se non cantas non cobras) non tivese aportado ás imaxes a impagable banda sonora do bolero “Ansiedad”... “ansiedad... y en la boca folverrrte a bessarrrrr”
O caso do Araguaney non só facía tremer os cimentos morais, se non tamén a escasa confianza do vulgo na clase dirixente.
A estratexia fora a mesma, só que esta vez os polviños estaban na bebida, e un oportuno apagón ante o que os/as militantes/as contestaron como un so home:”O congreso continúa ainda que sexa á luz das velas”, provocou o desastre.
Esta vez non foron as imaxes ,pouco nítidas pola falta de luz. Non facía falla. Frases con voces perfectamente recoñecibles ,do estilo de :”Abre ese puto cu”...
“Voucha meter ata a empuñadura”...; xunto con xadeos deshinibidos e lamentos, aportaban a valiosa información sobre o tipo e a variedade das accións que estaban sendo executadas.
Estes días Vanexxa está a punto de ser chamada a xuizo, mentres “Intervíu” lle ofreceu unha boa porrada de millóns para que sexa a portada do mes que ven, e na súa cidade natal é toda unha estrela.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2007 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal