Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A felicidade atlántica (e 2)
Aquí notarás que falta un capítulo. Boeno, non é exactamente así. O que pasa é que na competición do segundo día a cousa resúmese fácil.
A saída foi tamén de spí e o vento foi suave ata pertiño da Praia de San Amaro. Alí empezaron a cambiar as cousas. Encamiñamonos cara a boia do Chino e logo ata a Marola ceñindo a rabiar.
Acabouse.
Cesou o vento e pouco a pouco empezámos a agruparnos todos.
Ás veces soplaba algunha rachiña e todos andando en procesión cara a Sada. Volta á encalmada e agardar. Volta a rachiña, e volta a calma.
Así os de atrás acabaron pillando ós de diante e os de diante mentres estabamos facendo cálculos de correntes, mareas vaciantes e enchentes para ver que nos podería favorecer e/ou perxudicar. Así, renqueando, fomos chegando a Sada xa á noitiña.
Ó día seguinte o SW soplaba entablado e constante entre 10 e 15 nós. Antes de embarcar revisamos as clasificacións do día anterior para ver a quen tiñamos que marcar de cerca.
Saimos de ceñida e a marcaxe foi estricto entre nos, o "Bunda" e o "Duravit". Eles viraban, nos virábamos.Nos virábamos, eles viraban. Así sen perdernos de vista uns ós outros ata a boia do Boi.Alí izamos spí e encamiñamos cara a boia do Orzán.Íamos ben. Os tres en menos dun minuto ata a virada do Orzán. Alí acabamos.
Preparamos a Xénova para izar e cando xa estabamos na boia e con media xénova arriba, parte a relinga e impide que poidamos subila. Seguimos co spí arriba sen poder virar como deberíamos mentres Prisca, a nosa proa , armada cunha navalla tenta cortar ese trozo e seguir ca izada.Tras varios intentos desesperados ,ó fin o consigue.
Izamos xénova ,arriamos spí; mais xa onde ían os outros. Perderamos caseque 5 minutos.
Saímos bordeando a costa de San Pedro para virar de novo no Boi, e mentres para evitar máis atrancos subimos o xénova 2 e dispuxemos todo para facer un "peeling" (izar outra vela de proa mentres a anterior está portando). A maniobra saíu à perfección;mais xa non poidemos recuperar. Viramos a Torre de Hércules e enfilamos a Boia da Guisanda para virala, e dispoñernos ,nun silencio espeso de desencanto a gañár a meta pertiño ó Castelo de San Antón.
Cansos, medio queimados polo sol,sedentos,cabreados polas circunstancias...;mais felices por ter loitado ata o final.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2006 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Vocabulario naútico de urxencia
Perdona oh. Xa sei que ti manexas os termos que usei no anterior conto; mais hai algún/a que non así que aquí vai un vocabulario de urxencia.

Spí: Vela en forma de balón que se usa para ventos de popa ou través e se coloca en proa.
Proa:Parte de diante do barco
Popa:Parte de atrás
Estribor:Dereita do barco (de popa a proa)
Babor:Esquerda
Ceñir:Navegar cara ó vento ó máximo ángulo que permiten as velas e o deseño do barco.
Trasluchar:Virar o barco facendo pasar o vento pola popa (maniobra especialmente complicada con spí izado)
(Continuará)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2006 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
A felicidade atlántica
Boeno, pois a pesares de estar outra vez en terra e estar a piques de perder outro patrón,de novo estou na roda.
Esta semán estaba eu preocupado polo estado de saúde do meu nonnato patrón e lamentablemente o xoves recibín pola súa parte a carta de libertade para a tempada que xa vai andando.
E... non o ides creer. Eu mesmo me sorprendo. Nen sequera nese ano que fun escandalosamente guapo e me chegaba con estar sen ter que currarmo, tiven tantas mozas.
O caso é que xa tiña lista de espera para elexir o barco no que quería competir esta fin de semana.Total, que me deixei guiar pola cabeza e non polo corazón e acabei no barco feminino da flota. Que dito sexa de paso é un barco dos punteiros.
Hoxe pola mañá embarquei ás duas para tomar a saída ás catro (GMT: Galiza Meridian Time) e a min tocoume o trimado da Maior (algho así como levar o acelerador do barco sempre atento ás ordes do patrón).
A saída fixémola de spí e non puido ser mellor. Chegamos terceiros á boia da Guisanda e desde ahí nun bordo pola metade da bahía ata virar frente a Torre de Hercules. A medida que ía avanzando a tarde o vento ía caendo de 6 nós a só 2 a última hora.
Viramos ben a Torre e encamiñamos cara a boia dos Baixos do Boi (por aló frente a San Pedro de Visma). Alí traluchamos o spí e enfilamos cara a boia do Orzán. O vento seguía caendo e caseque en vez de navegar íamonos arrastrándo. Contodo o noso patrón Ramòn Carnota,home de mar e con moita experiencia en competición, atopou un regueiro de vento por entre a encalmada do resto da flota.Seguímolo e chegamos con pouco retraso á boia do Orzán. Alí arriamos spí e subimos Xénova nunha maniobra perfectamente coordinada por parte de patrón e tripulación (e todo esto sen tanta testosterona a bordo).De alí tomamos o bordo de terra pola costa de San Pedro ata a boia do Boi e nesta un role de vento nos obligou de novo a izar o spi que xa non baixaríamos ata a boia de Oza.
Neno, esto foi arrastrarse. Picos de 1,5 nós de velocidade e un coidado extremo nos movimentos abordo para evitar desequilibrar o barco. Contodo mirando cara atrás ainda os había que estaban moito peor que nos.Navagábamos no pelotón dos cinco de cabeza.
Estabamos a piques da pleamar e normalmente no cambio de marea suele saltar o vento. Así foi. De novo estabamos camiñando e recuperando postos velozmente.
Na boia de Oza arriamos spí e izamos xénova para sair ceñindo a rabiar cara a Guisanda que viramos a toda velocidade para tomar rumbo directo á boia de chegada.
Catro horas e pico de regata, cansos/as, mollados/as,sedentos/as e famentos/as ... mais contodo: felices.
Mañán máis
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2006 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Prensa seria (???)
GALICIA
Rescatado en Sada el patrón de un barco deportivo que sufrió una angina de pecho
(la voz | a coruña)

José Antonio Nieto, de 74 años, sufrió una angina de pecho cuando competía ayer pasada la una de la tarde en la regata de cruceros organizada por el Club Náutico de Sada. La rápida reacción del resto de tripulantes del barco que patroneaba, el Marva, y la celeridad con que intervino el destacamento de la Cruz Roja, permitieron que Nano Nieto, natural de Ferrol y residente en Ares, fuera atendido en el muelle por dos médicos, miembros de otra embarcación, Roncudo. Mientras, el responsable de la regata, Enrique Tostado, reclamaba la presencia de una ambulancia medicalizada.

Nieto entró por su propio pie en la casa de salud de Sada. No obstante y, tras una primera exploración, se recomendó su traslado al Juan Canalejo donde aún permanecía en la tarde noche de ayer. En cuanto se supo fuera de peligro, la organización de la regata prosiguió con la celebración de la segunda etapa y la entrega de premios. Pese al incidente, el Marva obtuvo la tercera posición
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2006 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
O salto do anxo
Non sei cando van rematar estas crónicas mariñas. Porque se o pensas ben, esto máis que Contos do País do Solpor debera chamarse así:Crónicas Mariñas.
Pero bueno, agora xa está.
Despois do susto da última destas crónicas, hoxe paso a contarche o sucedido que me aconteceu o outro día mentres lle botaba unha man a un colega.
Él tiña que dar esa tarde unha clase de vela no seu barquiño e , hete aquí, que andaba moi liado con outras historias do seu choio;e como sabía que eu era un home temporalmente desocupado chamoume para que me encargara das clases de esa semán. E... non tivo que insistir moito. Faltoume tempo pa dicirlle que sí.
Ben, as clases foron sucedéndose sen presa pero sen pausa; e polo que me dicían os/as alumnos/as (todos/as xa talludiños/as)estaban moi contentos co profe e polos truquiños que ían aprendendo a bordo.
Ata aquí as cousas,máis ou menos normais.
Pero, hoxe, coroeime de éxito,amighiño.
A clase rematou como de costume ó solpor.O barco xa estaba atracado, e entre todos/as estabamos arranchando os cabos antes de saltar a terra.
Fixen unha última comprobación para ver se pechara os grifos de fondo e as baterías e despúxeme a pechar a porta do tambucho.
Pertrechado ca miña mochiliña onde sempre levo unha muda seca (non vaia ser o demo) reviso que todos/as salten a terra sen problema e eu agardo a que estén todos/as xa no pantalán para dispoñerme a saltar.
Nesas estaba, ca miña mochiliña ó lombo disposto a seguir as instruccións que tantas veces lles repetín a eles/as.Mais, aiiii amighiño, a confianza (que como din Les Luthiers) mata ó home e preña á muller, xogoume unha mala pasada.
Grácilmente, agarradiño ós obenques de estribor, dispoñome a deixarme caer no "finger" do pantalán cando noto que algo me suxeita do pe esquerdo. Pego un tirón e sinto que a miña gracilidade está a punto de irse ó carallo.
A miña vida non pasou en diapositivas,non; o que pasou é que me ía dar unha oblea (xa sabes que este é un blog serio e non escribimos hostia)contra o pantalán. Nin corto nen perezoso pego un chimpo sen decatarme de soltar a miña mochiliña ca roupa seca... e ... "splashhh!!!"
Cando saín a flote, entre as risas do meu alumnado houbo dous que se aprestaron a votarme unha man para subir ó "finger".Estes teñen aprobado.
Pero eu, estaba máis interesado en seguir nadando outro pouquiño en pos da mochiliña... que noutro tempo levaba unha muda seca..., o tfno.,as chaves do meu coche... Mentiría se che dixera que nadaba con bo estilo tentando non fundirme co peso da roupa.
Cando gracias á axuda de estes dous anxos da garda subín ó pantalán, tentei por todos os medios manter a compostura que me caracteriza ante a adversidade e seguer a chanza..., mentres buscaba o meu tfno. para mollalo con auga doce e sacar a miña tarxetiña por ver se o salvaba.
"Aquí non pasou nada señores!!. Son gages do oficio!" repetía mentres pensaba: "Manda carallo, 10 anos en esto, competindo, e en situacións ben máis apuradas... e vou caer aquí!!!".
E, nada, con toda a dignidade que ainda ficaba seca , que erache ben pouca, encamiñeime ca miña mochiliña ó lombo e pensando nos xornais vellos que tiña no maleteiro do coche , e o útiles que me serían hoxe para sentarme enriba deles e aliviar certa friaxe que sentía moi dentro de mín.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2006 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
sorriso xeado
A verdade é que non pretendo con este blog ou como queiras chamalo máis que contar cousas e contos que a ti , ou a algunha das desocupadas ou ineteresantes persoas que leen esto,vos produzan mais que un esbozo de sorriso.
Lamentablemente hoxe non acerto a guiar os dedos polo teclado con ese rumbo.
Hai escasamente unha hora que acabo de desembarcar en Sada.
Hoxe correríamos a segunda manga da Regata de Santiago.
Onte a cousa foi moi ben para non coñecer o barco nen as súas capacidades.Un terceiro posto. Sí houbo que currar, mais ó chegarmos a terra desde o patrón ó último tripulante estabamos cansos e ledos polo traballo ben feito. Haiche bo "feeling" a bordo.
Ó comenzo do párrafo anterior dicíache "correríamos". Ben. Non puido ser.
Estabamos na presaida da proba cando de súpeto sucedeu algo ó que nunca, ó longo destes dez anos que levo disfrutando da mar, me pasou.
O patrón, Nano, vello mariño , empezouse sentir mal cunha forte dor no abdomen. Rápidamente un compañeiro fíxose cargo da caña mentres outro tentaba axudalo cando vimos que se desvanecía.
Eu, corrín cara a radio para avisar ó barco da organización e solicitar axuda médica (para eso hai unha lancha da cruz vermella de servicio nas inmediacións). Mentres os meus compañeiros tentaban volver a Nano en sí.
Volto a chamar con urxencia ata que consigo que entre a Cruz Vermella e nos informa que tiñan o motor bloqueado por un quentón e non podían auxiliarnos.
A verdade é que cando oímos a noticia a todos se nos puxo o corpo mal.
Decidimos arriar todo o trapo encender máquina e camiñar a toda cara a terra.
Nano non volvía en sí.

Mentres pola radio oio unha chamada ó "Marva" desde o "Roncudo". Xaquín o seu armador e Carmen a súa dona(médico), viñan ó noso encontro a toda máquina. Ós poucos segundos despuxemos todo na banda de estribor para abarloar o "Roncudo" ó noso barco. Carmen cando ainda non estaban os dous barcos amarrados saltou á nosa cubierta e despúxose a atender a Nano.
Pouco a pouco este empezou a recuperar a consciencia, mentres avanzávamos cara a terra e desde o "Roncudo" dispoñían todo para que no peirao estivera unha ambulancia agardando.
Por fortuna agora Nano está sendo sometido a observación no hospital.
Bueno, por fortuna?Non, foi pola rápidez en acudir no noso auxilio por parte da tripulación do "Roncudo" a quen lle agradecemos a súa axuda no papel que en xustiza lle correspondería a un organismo como é a Cruz Vermella... que ó que se ve anda escasa de efectivos e operatividade técnica.
E agora me pregunto.
Se Carmen non chega a estar a bordo do "Roncudo",
habería que depurar algunha responsabilidade no organismo que non prestou o servizo para o que está destinado?
A resposta, me temo, non está no ar...se non nas máns dos nosos políticos a quenes, mal que nos pese, eleximos (???) cada catro anos.
África,meu amighiño, comenza nos Ancares.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2006 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Un muchacho excedente
Sí amighiños e amighiñas. Fai duas semans que un é un muchacho excedente.
Os que xa me coñecedes sabedes ben de que estou a falar; mais para os/as demáis direivos que fai duas semáns que desembarquei do barco que foi como a miña casa durante os pasados 10 anos. E aquí me atopaba en situación de excedencia mariñeira maquinando a mellor maneira de venderme para voltar embarcar noutro barco e poder seguer respirando aires de mar.
A verdade é que me teño comido moito a cachola estes días.Foron 10 anos e moitas experiencias e amigos que deixas atrás, mais contodo penso que fixen o que tiña que facer.
O caso é que a situación pola que pasei lémbrame esa situación de impasse entre rapaza e rapaza. Non sei se a vos vos ten pasado. Sí, oh, cando rematas unha relación e despois do período de loito tentas sair e buscar unha moura que cure a mancha da outra; e é como se levaras escrito na fronte "Apestado". Ninguén se che acerca. E ata chegas a pensar se acabarás os teus días como "Rei do País dos Amigos".
Pero, hete aquí que soa a frauta e xurde alguén que se interesa por ti.
Xastá. Borrouseche da fronte o letreiro e agora luce un luminoso de sete estalos que pon algho así como "Superatractivo" e caseque tes que dar número como na froitería.
Ben, esta especie de reflexión sobre as vicisitudes dun obreiro do amor, trae como colofón que o mesmiño che me pasou estas dúas últimas semáns.
O desespero por atopar outro barco agora xa arrancada a tempada e o desespero porque ninguén chama... ata que de súpeto hoxe pola mañán recibo a chamada do patrón do "Marva" ofrecendome un puesto para o que resta da tempada na súa tripulación. Viaxe relámpago a Ares para falar , e listo: outra vez na roda.
Chego á casa e vexo 3 chamadas perdidas. Reviso o terminal e... volvo a ser atractivo. O patrón do "Riás", o do "Roncudo" e outra vez o do "Rías" con ofertas máis que interesantes para a tempada.
Sabes?, ás veces desexaría non haber recibido a educación pública que recibín.Así podería decirlle ó patrón do "Marva" que onde dixen digo digo Diego e deixarme querer polo que máis pague.
Kagontoooo, non podo.
Con grande dor de corazón e de bolsillo tiven que devlover as chamadas dado que xa había un compromiso co "Marva" (por suposto non tan sustancioso... pero... empeñara xa a miña palabra)
E , boeno, éche a vida.
Xa non son un muchacho excedente, xa volvo a estar na roda e os seguintes contos voltarán a ter sabor a salitre ...sabor a Atlántico.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2006 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
"B" & "V" inc.
Esto éche como todo. Xa sabes cando comenza, a novedade... e despois supoño que as cousas iran máis paseniño.
Acabo de recibir unha primeira crítica dun bo amigo sobre un desliz ortográfico na inauguración.A verdade é que non sei como se me puido escapar. Revisei todo con calma (ou alomenos eso pensaba eu),mais ahí saltou traizoeiro ese "B" no lugar do "V".
Ás veces pasa. Vas tranquilamente polo teclado con ánimo de argallar un dos Contos do País do Solpor e nun recuncho agazapado está o "b". Aparentemente non fai nada. Está alí ollando para o teu índice e como escudriñando as liñas da túa pegada dactilar,ou alomenos eso pensaba eu, cando de súpeto zas!. Salta dun choupo e pousase enriba do "v", que sen comelo nen bebelo vese envolta nunha mareira que non é a de ela e é arrastrada pola corrente que se montou cando saltou o "b" e deixou a porta de par en par.
Hai que copularse!! (este é un blog fino e non vou poñer: Hai que joderse).
En fin, confío en que saberás desculparme a min e ó "b", que ,sabes, non é malo, é que a escribiron así.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2006 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Amo a María
Vouvos contar un sucedido que me aconteceu hoxe mesmo.

Hete aquí que estaba realizando os exercicios de entrenamento que o meu padriño e anxo da garda,Henry McFerrin, me propón para recuperar de novo as habilidades moteiras perdidas aló polo ano 96.
Estaba, por suposto, facendo os percorridos que él, na súa sabiduría, me plantexa ; e tentando resolvelos da mellor maneira posible (zonas de curvas, chicannes, semáforos, arrancadas en costa, carros de vacas que saen de non se sabe onde, peatóns e peatonas que se abalanzan na vía ou calzada,etc, etc).

O caso é que na miña sesión de entrenamento de hoxe cruceime con varios moteiros , dos cales algún me saludou enarbolando o saúdo vulcaniano (ver "Star Treck" o saúdo do Sr. Spock). Esto, meus queridos amigos/as levoume a sospeitar que algo raro estaba acontecendo. E mentres ía enlazando curvas a 40Km/h e ata a 50!!!, e sorteando peatóns,
pensei que ó mellor estabamos sendo invadidos!!

Encomendeime a Marx (Groucho) e virei a estribor a miña moto para seguir en pos da ruta dun deses vulcanianos. Non me acerquei moito, non fora a ser que me pillara. E, non o ides creer.
Este vulcaniano xuntouse con outros (supoño que tamén da mesma zona do espazo- tempo) nunha praciña , marco incomparable de beleza sen igual, da cidade de Betanzos.

Eu, aparquei un pouco antes e non perdín de vista o individuo, quen se introduciu nun local de Diversión e francachela onde había máis da súa calaña.

Asomei a visera do meu casco, que por precaución non quitei, e o que vin e ouvín, meus amigos, foi horripilante:

Cóntovos:
Nunha desas pantallas modernas que se colgan da parede estaba véndose unha imaxe, pretendidamente musical, mentres no ambiente soaba unha ,a modo de canción, que dicía (léase con voz de "Viva la gente"):"Amo a Laura, pero esperaré hasta el matrimoniooooooo". E todos/as eles/as danzaban como poseidos por unha entidade ectoplasmática (ou aljo así).

Foi terrorífico!!!

Ainda non sei como puiden fuxir de alí e chegar san e salvo á casa... para contarvolo a vos...

O caso é que non sei se non me afectaría algo...
De camiño á miña casa pareime na farmacia da esquina da miña rúa e lieime a patadas ca maquiniña dos condóns ata escachala... e os que quedaban pola rúa fureinos co alfinete da miña garabata... Agora ,en canto acabe de contarvos esto voume a misa de oito...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2006 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración
É para min motivo de orgullo e satisfacción levar ó dominio público galego este nobo blog.
A bon seguro os/as lectores/as que non teñades nada mellor que facer a esta hora, vos estaredes preguntando (no hipotético caso de que teñades ganas de pensar co calor que vai) "quen carallo quere outro blog máis no millo?"
Ben, amighiños e amighiñas, eu penso o mesmo. O caso é que me precio de moderno onde os haxal; e o outro día un bo amigo díxome que para ser moderno a cachón había que ter un blog no que escribir as arroutadas que se che pasasen pola cachola.
Dito e feito. Aquí me tedes estrenando este blog con este discurso de inauguración no que non me pregunto que podo eu facer polo universo blogueiro galego.Non.
O que realmente me pregunto é se nese proceloso universo serei quen de facerme rico? ou no seu defecto poderei vivir do que escriba... pero vivir, vivir eh. Non como ata o de agora. Vos xa me entendedes.
Ben , namentras agardo a que eso suceda, adicareime a enzoufar un pouco máis o ciberespacio cos meus inesquencibles contos do País do Solpor.

(Quedou ben,eh. Joeeee, pa ser o primeiro... que lle pides oh?)
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2006 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal