Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os nosos amiguiños da ITV








Faiche xa varias semáns que estou moi indignado. Pero, non vaias pensar que a cousa vai a menos. Que va!!, según vou informándome picoteando aquí e acolá (evitando “of course” os medios tradicionais e moito máis o Diario Oficial de Sabón= La Voz de Galicia) a miña opinión vaise encendendo e a miña indignación vai acadando graos cuaseque bolcheviques.

Ben, pero no rebumbio de todos os latrocinios dos nosos políticos,a visita do xefe do estado Vaticán que custará o indecible, e de que a crise a estemos a pagar os de sempre por aquí no país máis moderno do Norte de África ( canta envexa san me producen os islandeses...); tocábame de irlle pasar a ITV á Nosa Sra. de Volusia.

O que nun principio non deixaba de ser un mero trámite a levar a cabo obrigatoriamente ,previo pago, nun taller que a Xunta decidíu otorgar a un dos seus amiguiños da alma, e non como ocurre nos paises civilizados de Europa onde cada vehículo pasa a ITV nos talleres propios da súa marca (que en boa lóxica son os que mellor coñecen cada máquina), este ano ameazaba con convertirse nun auténtico viacrucis por mor da última ocurrencia que lle pasou pola cacholiña ó político de turno.

Verás, ó Sr. ministro de industria e ós seus alegres mariachis non se lle ocurríu mellor cousa que cambiar o regulamento das estacións de ITV para poñer as cousas máis costa arriba ós propietarios de motos. Sí, amiguiño, se hai anos non pararon ata destruir a puxante industria motorística española (Montesa, Sanglas, Ossa, etc. etc) agora parece que lle queren meter o dente ó que queda da industria auxiliar. Segundo a norma recén parida non poderás ter montado na túa moto nengún accesorio que non sexa orixinal do fabricante. Ahí queda eso...

E claro, esta falcatruada é especialmente doente en motos como a miña, que se engloba dentro do universo “custom”. Esto é: Motos onde cada propietario personaliza a súa montura ata onde o seu peto e o seu bon gusto lle permita.

Xa me imaxinaba desmontando a pantalla parabrisas, os puños calefactables (sí, en inverno tamén se anda en moto), as maletas e o cofre portaequipaxes , as plataformas para apoiar cómodamente os peiños en rutas longas como as que gosto de facer, e ata os dous faros de longo alcance para ver mellor a estrada pola noitiña.

A outra opción , contemplada na parida do ministro, era a de levar a homologar todos e cada un deses accesorios; o cal suporía a participación dun enxeñeiro industrial cun proxecto individual para cada cousa e que despois cho aprobasen. Noutras palabras: Pasa por caixa, pringadooo!!

Non che me chegaba a camisa ó corpo. Entrementres , a rede ( que polo de agora ainda mantén un atisbo de liberdade...¿por canto tempo?) fervía nos foros moteiros con opinións e avisos de xuntanzas en Madrid por parte dos fabricantes de accesorios e os “listos” do ministerio.

Como queira que non se daban aclarado , e polo que se podía leer, a ITV era máis ben unha lotería dependendo do humor do mecánico(?) que che revisase a moto, encamiñei os meus pasos cara unha das dúas da cidade. Agardei o meu turno , e cando nos tocou asistín a unha sesión de fotos por parte do funcionario disparándolle á Nosa Sra. de Volusia como se fora Irina Shayk posando para “Sports Illustrated”. Eu xa decidira apostalo todo a unha carta e aló que me fun con todo instalado. O señoriño mediu todo con meticulosidade,e ata lle puxo un micro no tubo de escape para gravar o seu armonioso soni a eso de 3000 voltas. Cando xa parecía que ía ser agraciado co gordo, ó “baranda” iluminóuselle a cara ó mirar para a roda dianteira, e sorrindo veu cara min enarbolando un papeliño co “non apto”.

Como era notoria a cara de triunfo do tipiño, pregunteille a razón ;e non se lle ocurríu mellor cousa que contarme unha milonga sobre unha letra da roda que non correspondía coa que figuraba na ficha técnica(a roda tiña unha “S” e debía ter unha “H”). Tentei explicarlle que a roda era a mesma que a da anterior ITV e que non puxeran nengunha pega anteriormente , e que abrira os ollos e vira o tipo de moto que estaba inspeccionando, que non era precisamente unha moto para correr...

Vano intento. O funcionario xa pillara presa e non ía soltala. Tentei razoar con él , sen decatarme de que o que buscaba con eso era destruir a súa cara de felicidade polo triunfo da letriña.

Só no momento no que lle fixen referencia á falta de unidade de criterios da ITV e á concesión da certificación ISO9000 cando menos, sospeitosa, unha sombra de medo cruzou a súa mirada; pero foi pouco o tempo de dúbida e seguíu coa matraca: “Non coincide coa da ficha técnica”... “non coincide coa da ficha técnica”... Por un intre pensei que entrara nun bucle e ata pensei en darlle un cachete...

Resultado: A cambiar a roda por outra coa letriña axeitada e voltar a perder tempo tendo que facer malabares horarios precisamente nesta época cando máis curro hai na miña empresa. Entre pitos e frautas roda nova, paga no taller e da gracias...

Éche ben certo, vivimos no país menos malo de todo o N. de África.
Viva Islandia,joeeer!!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2011 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal