Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"La niña Chole" e o astronauta probe
O outro día cumplíase o cabodano do motoclube ó cal pertezo e do que xa che falei outras veces. Sí,oh, o Mototurismocoruña.
Ben, como o acontecimento había que celebralo , demos en organizar unha concentración motorística internacional aquí na Coruña con un montón de actividades, non só de carácter deportivo ,se non tamén de caráter gastronómico.
Nas de carácter deportivo incluíase unha bonita ruta pola costa coruñesa ata Mugardos. A cousa prometía. Íamos bordear a Ría da Coruña, a de Sada e finalizaríamos na beira Sur da de Ferrol .
O caso é que por compromisos deportivos de carácter mariño non puiden estar nas actividades realizadas o primeiro día da festa; pero o meu padriño sacoume a promesa de contar conmigo para a ruta ata Mugardos do segundo día.
Mirei as previsións do tempo e ainda que anunciaban nubrados pola costa Norte, non daba indicios de chuvia. Mellor para min, xa sabes que non gosto nada de conducir ca moto en mollado, salvo que me pille de camiño que enton hai que aguantar e tirar para diante.
E chegou o día da romería. Ó soar o despertador oín a través dos cristais da miña xanela un golpeteo que non me gustou nada. Subín a persiana e, sí, estaba chovendo. Pero non chovendo con intención de parar, non. Estaba chovendo en serio.
Nese momento maldecín o día en que lle prometín ó meu padriño que non ía faltar á ruta de Mugardos. Tíñame collido, e ben collido. Él sabía de sobra que unha promesa miña é firme , e tiña que pasar algo moi gordo para que me desdixera. Maldita educación pública!!.
Total, que visto o visto, decidín quitar do armario o traxe de augas que mercara en Andorra , e que nunca me atrevera a poñer por mor da pinta horrenda que teño con él... e polo cachondeo que habería no vecindario cando me visen así.
Un home é un home, e un jato un bicho!Hai que tirar pa diante. Xa está. Enfundado no meu traxe, ollei desde dentro do meu portal agardando a que non houbera ninguén na rúa. E quen coño ía andar pola rúa ca que estaba caendo. E saín rumbo á miña garaxe, con tan mala pata ,tu; que xusto cando me dispoñía a cruzar . na esquina para un Mercedes SLK bermello que se me fixo coñecido. Sí,oh, era o Mercedes da miña veciña “La Niña Chole”. Xa a coñeces, é a vertixinosa mulata que vive no portal a carón do meu, e pola que todos os machos da redonda suspiramos en estrepitoso silencio.
“La Niña Chole” aparcou como lle cadrou e baixou a todo correr cara o portal, cruzándose conmigo o tempo suficiente para verme a cara e seguir correndo mentres se escarallaba a moi... Eu xa non sabía onde meterme. E ela entre argalladas ainda acertou a remachar o clavo: (léase con acento caribeño) “Aaay mihijito si pareses un astronauta de un pais pobreeee...jajajajajaja”.
A miña autoestima (ou máis ben debería dicir motoestima) que xa non era moita ficou un grao máis abaixo mentres que calibraba que as miñas posibilidades ca “Niña Chole”, que antes oscilaban entre cero e 1, agora tendían escalofriantemente a cero. Diosss , que ingrata é a vida ás veces!!
Xa na garaxe axusteime o casco ,encendín a miña moto e mentres agardaba que o motor tomase temperatura, comprobaba como a miña xa estaba bastante quentiña despois do inesperado encontro ca miña veciña.
Saín con coidadiño e sentindo os goteiróns caendo enriba do casco. Fun avanzando ata o semáforo na esquina da miña rúa .Alí torcín e poucos metros máis aló xa estaba todo o mundo agardando.
A cousa era moito máis grande do que pensaba. Motos, motos,motos e máis motos. Polo que dicían eramos uns 170 entre pilotos/as e copilotos/as. E non o vas creer , pero a organización xa o tiña todo previsto, verás: Ó longo da ruta acompañandonos ían varias motos da cos pilotos ataviados cun chaleque deses amarelos , de xeito que non había cruce nen rotonda na que o tráfico non estivera previamente parado ata que pasabamos nos. E detrás como vehículo escoba viña o meu mecánico de cabeceira. Eso queiras que non , dábame un pouco de tranquilidade. En caso escarallar algo xa non tería que pagar a grúa.
Ves, quen non se consola é porque non quere.
Saímos da Coruña chovendo , e neniño, non había traza de que fora a parar. Eu ía atentísimo a non pisar as liñas brancas do asfalto non fora a ser o demo..., e a un ritmo máis que prudente.
Xa me coñeces, cando vou na moto gosto de disfrutar da viaxe e non me arde a man dereita para darlle “jas”. Imaxinate ca que estaba caendo...
O mellor de todo pasar dos semáforos e dos cruces. Neniño que “orjanisasión” que luxo, tu.
Eu ía paseniño , e fixándome na Electra Glide (sí, leíches ben, unha Harley) que ás veces ía diante miña e me marcaba o que eu ía atopar uns metros despois. Pero do da Electra cansouse do meu ritmo e perdino de vista xusto cando a miña roda traseira me fixo o primeiro extrano da mañán. Por fortuna, por sorte ,ou porque sí ; non me fun ó chao. Recuperado do susto seguía como podía a ruta e veía polo meu retrovisor que ainda os/as había máis lentos que min. A honra ainda non estaba perdida.
Seguía a chover cando baixábamos cara o Pedrido. E xusto nunhas curvas anteriores algún amable operario se entretuvo a tarde anterior esparcindo aleatoriamente gravilla. Claro , como ca choiva non era suficientemente divertido había que engadirlle un aliciente máis. Outro extrano da roda de atrás. Como xa perdera a conta dos que me fixera, queiras que non acabei pillándolle o puntiño e o susto ficaba disminiuido.
Así ía tan tranquilo cando observei que un dos amables membros da organización ó adiantarme debía sofrir algunha pèrdida de potencia na súa moto, porque non paraba de remar ca súa manciña nun intento vano de acadar maior velocidade,supoño eu.
Probe home, pensei. Tanta auga, e a tensión de estar pendente dos cafres que imos polo medio estalle a pasar factura... que mala pata, oh.
Ainda habería algunha vez máis que volvería a ver a este infortunado que, mira ti como estaba, que ca moto parada no arcén, non paraba de bracexar. Que màgoa para a súa familia. Desde aquí vaia o meu desexo dunha moi pronta recuperación.
Eso seguro que che foi do estres. Mesmo cunha semán nun balneario xa está novo.
Eu, ainda non sei como, pero seguía sobre a moto e sen romper nada!! Ó chegarmos a pertiño de Betanzos, e dado o carid que tomaba a cousa, a organización decidíu variar a ruta e acortala para evitar máis molladura. A min a auga non me entrou; pero suaba ,dentro do traxe de astronauta probe, que parecía que ía nunha sauna con rodas. Ben, como che dicía, alí en Betanzos optaron por desviarnos cara o restaurante onde íamos celebrar o fin de festa, acortando a ruta en evitación de males maiores. Que queres que che diga, creo que foi unha decisión intelixente. De todos os xeitos ,a posteriori enterámonos de que houbo factores espureos (relacionados ca falta de seriedade do Dpto. De Turismo do Concello de Mugardos); pero eso neno, sonche cousas que non me corresponden a min dirimir.
Total, que chegamos ó restaurante onde íamos xantar, e xa nos tiñan disposta unha carpa con pinchos variados para entreter a espera. Eso é organización, sí señor!.
...E ,claro, a lei de Murphy non podía faltar. Chegamos, aparcamos...(daba gloria ver o aparcamento con todas as motos , desde sinxelos escuters ata a Electra Glide... cada un vai á feira co que ten) , e ahi vai: Para de chover. E non só para de chover, se non que empeza a quentar o sol de moito raio,tu.
Quen máis ,quen menos aproveitou para poñer a roupa a secar ,mentres máis ben máis que menos empezamos a ciscarnos en Pemán e en Meteogalicia punto es.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2007 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Larra, o galego e a quinta columna
O outro día viña eu de facer unha das probas clínicas para que me digan que xa estou ben.
Saín á rúa e topei con Carlota, sí oh, a amiga de Xacobo que ía arreglar uns asuntos á súa Consellería e ó final acabamos no bar do edificio dos Novos Ministerios. Total, como xa tiña a mañán perdida decidín aceptar a invitación dela para que a acompañara e subimos á primeira planta onde tiña que solventar un problema na Consellería de Educación, á sazón a Consellería á que ella pertece a pesares dos meus consellos de que buscara unha profesión decente.
Eu, nunca estivera alí e para mín ía ser como unha especie de safari burocrático.
A primeira impresión foi estupenda. Ó longo dun corredor abríanse a esquerda e dereita os despachos todos diáfanos e claros cos/as funcionarios a currar dentro de cada un deles. Anda que a ver se vai ser certo esto do cambio político e agora a administración trata como persoas ós/às administrados/as...
Comenteillo a Carlota mentres íamos avanzando , e ela sorríu maliciosamente. Uns cantos pasos máis aló chegamos a un deses despachos diáfanos onde tres funcionarias xa talludiñas e un funcionario estaban enfrascados ellas nunha animada tertulia sobre o vestido que lucíu na última emisión Ana Rosa Quintana (sí,oh, a do programa ese con nome militar: “AR”); e o funcionario macho non quitaba ollo ó solitario que libraba contra o seu computador.
Agora entendín o sorriso de Carlotiña.
Na porta deste despacho poñía: “Atención ó público”.
Ben, pensei para min, seguro que dilixentemente deixan o que están a facer e nos atenden... Aaaah!, craso error. Despois de facernos ver e ouvir repetidamente, decidimos entrar no despacho e dirixirnos a unha das tertulianas que en correcto español se dirixíu a nos para dicirnos que non a interrumpiramos, que estaba ocupada!!!.
Eu, sorrín e pensei que todo seguía igual que na época de Larra... e no tocante á normalización lingüística... ja, ja, ja. E esto, meu amigo sucedía na Consellería de Educación; que como o seu propio nome indica debería dar exemplo de boas maneiras.
Ben, ós dez minutos de escoitar a tertulia decidín ollar fixamente para unha das tertulianas ata facela sentirse incómoda. Nada , tu. Eso son máis cunchas que unha tartaruga centenaria. A tía notouno e evitaba coidadosamente ollar para min con todas as súas forzas, mentres que no reflexo da pantalla do seu computador a veía pugnando por non deixarse vencer pola curiosidade.
No entanto , Carlota estaba botandolle unha man no solitario ó probo funcionario que xa farto, e sen levantar a vista exclamou:”nnssscccchhhtttt... a ver que quieren. No ven que estoy ocupado?”. Carlotiña, xa máis afeita a este ambiente que min expúxolle o motivo da visita , e o amable funcionario ergueu o cu da silla non sen antes apagar a pantalla e facendonos ver a incomodidade que lle causabamos. Xúroche que por un momento, pensei que o que lle pasaba era que tiña os ovos de chumbo, tu.
Coarente minutos máis tarde, as nosas amiguiñas tertulianas seguían a súa teima e nos xa saíamos cos documentos que Carlota precisaba. Mais , hete aquí, que na nosa saída da planta 1, ala Norte do Edificio dos Novos Ministerios, Carlotiña ía enseñarme o cerne do cacarexado cambio de goberno na Galiza.
Empezamos a pasear polo luminoso corredor cos despachos e ela empezou a leer os carteliños dos nomes que había en todos e cada un dos despachos deses señores que , á sazón desempeñaban agora cargos de inspectores de educación.
Neno!, todos, sen excepción foron altos cargos nas distintas consellerías e lexislaturas do Partido Popular en Galiza!!. Alí estaban nomes como o do anterior presidente da Diputación de Pontevedra, o de ex Director Xeral de turismo, o anterior conselleiro... etc, etc,etc. Toda unha “quinta columna” dentro do actual governo!!!.
E , o que é peor, según che me dixo Carlotiña, é que nas outras Consellerías acontece exactamente o mesmo.
Joeeeer, tu; eso sí que é facer ben as cousas!! .
En agradecimento ós servicios prestados posto de traballo cómodo, con bo soldo e blindado de por vida!!!
Agora empezo a entender as sutìs diferencias no emprego dos Fondos Europeos de Cohesión entre Irlanda e Galiza...
Nas próximas eleccións penso votar á empresa constructora que mellor programa presente... dos políticos xa non che me fío.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal