Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xaco "veo" ,xaco quero
Sí, amiguiños, cando leades este texto o noso amado Hansa estará camiño da cidade italiana de "Génova" para iniciar dende alí a regata "Historic Seas Tall Ships race" que o levará dende esa cidade ata Trapani en Sicilia, logo a segunda etapa ata Dubronik en Croacia, continuando ata Atenas, de alí a Volos (tamén en Grecia) e finalizará o periplo mediterráneo en Estambul.

Posiblemente vos preguntaredes como non estou abordo.
Ben, eso mesmo me pregunto eu , dado que solicitei vonvintemente o permiso ; pero na miña empresa decidiron dar a calada por resposta. Así que aqui me tes, escribindo esta pseudocrónica cos dentes longos mentres que penso cousas moi pouco bonitas sobre os meus xefes.

Esta travesía,inicialmente non estaba prevista; mais hete aquí que ós meus armadores tocoulles a lotería do Xacobeo.

E non penses ti que foi unha minucia, noooon!!
Foron nada máis e nada menos que 400000€ de Bellón os que a Sociedade de Xestión do Xacobeo lles adxudicou coa condición de que se axustaran ó plan de navegación por eles deseñado.

Ti me dirás, non se ían axustar...

Total, un xogo completo de velas novas, melloras varias na pala do timón, instalación electrónica completa e de última xeración, etc,etc,etc.

Vamos, que o Hansa está agora como recén saído do seu berce aló polas terras danesas.

Pero bueno, que se lle vai facer.
Dende a distancia só podo desexarlles bo vento e boa mar.
Ata a volta, rapaces!!.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal