Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Como distinguir unha rusa entre un cento (e III)






Foiche coma unha aparición.

Baixaba eu da Hautplatz por unha das rúas máis animadas a esa hora da tarde, cando xa todo o mundo estaba de volta das pistas , e alí estaba ela embutida nun longo abrigo de pelexa (supoño que sería visón ou algo así) e coa carapucha posta.A sú estilizada figura e o escuro do abrigo facía que ainda destacase máis sobre o manto branco da rúa.

Notábase que debía estar agardando por alguén.

Eu baixaba cara a alí mentres pensaba: "Ten que ser rusa por forza." Entre o rebumbio de xente que entraba e saía das tendas que xalonaban a rúa, ela destacaba pola súa altura e a súa esbeltece. Mantíñase de costas para min, e eu apresuraba o paso para pasar ó seu carón.

Non tiven que correr moito .

Supoño que á procura da persoa que agardaba, xirouse e permitíume gozar da plenitude de toda a súa beleza.

Foiche só un intre , mais nel , sentínme como Omar Sharif nunha das secuencias de “Doctor Zhivago”. Fronte a min ,enmarcada nunha carapucha de visón, presentabase a ollada duns ollos propietarios de todo o azul do xeo da Taiga Siberiana, uns lixeiros e graciosos mechóns loiros e eses beizos que escomenzaban a articular algo a alguén que presentín ás miñas costas e que a grandes zancadas avanzaba ata onde ela estaba.

Era , por suposto, o complemento ideal de todas estas belezas rusas que , nesta época do ano aniñan en zonas como Escaldes, Andorra la Vella , e polo que se ve tamén aquí en S. Xoan do Tirol.

Por experiencia sabía de sobra que estas bonecas rusas están moi lonxe do alcance de calqueira latino coma min ou coma os meus colegas. Pero , eles non o sabían.

Pasei ó carón da diosa de xeo e do seu “armario” e seguín cara o Gasthof onde quedara coa xente para tomarlle unha cea quente.

Mentres fun decatándome da razón das tendiñas de Hermés e de Bulgari que había nunha vila tan chusquiña e tan apartada. Non era outra que a de cubrir as necesidades de toda esta clientela.

Verás. A maioría destas mulleres ás que distinguirás fácilmente entre a multitude pola súa apostura, a súa pel branquiña, o seu cabelo platino , os ollos dun azul xeo como o que podes ver nos enormes desertos brancos da Tundra, os beizos colocados coma se che foran a dar un morreo, que moi raramente verás sorrir ; e que cando falan cos seus acompañantes caseque non articulan as palabras. Estas princesas bálticas,dicía, sempre suelen estar acompañadas por tipos impresionantes en tamaño e mala cara, que habitualmente fan realidade todos os seus soños con ostentosos faixos de efectivo ou con tarxetas con apelido: Platinum.

O seu habitat natural suele ser o das tendas de luxo.

Cando ves soa unha destas impresionantes aparicións debes ser cauto; xaque logo ha de manifestarse o “caixeiro automático” de tamaño familiar que as acompaña invariablemente.

E , non vas a querer que o seu acompañante que, por norma xeral, con só dar un bufido podería poñerte en órbita xeoestacionaria, se chame a malosentendidos con grave risco para a túa integridade física. (Elas , meu amiguiño, pasarán de ti nun 90% dos casos).

De todo esto ainda non falara cos meus colegas a fondo. Sí na viaxe de volta no tren comentáramos algo cando a un dos “acompañantes” lle vimos no sobaco un bulto sospeitoso; mais tomárono como unha anécdota.

Éche por eso que cando cheguei ó Gasthof onde agardaba o resto da tripulación vin a Xesús enzarzado nunha especie de media bronca cun deses “acompañantes” mentres a deusa de xeo observaba a situación con indiferencia dende a mesa.

Pola cara de Xesús, Andrés e Adrián vin que a cousa pintaba mal ; e polos berros en ruso, ucraniano, lituano ou algo así dábame que o cabreo do señoriño era dos bos.

Coñecendo ó “pinta” de Xesús , seguro que tivo algo que ver a súa permanente animosidade para entrarlle a todo o que se menee e leve faldas. E ,claro, cando apareceu o cachimán da deusa de xeo, liouse boa.

Eu achegueime con pausa e sen presa á mesa deles e vin como Ramón viña da barra cunha botella e uns vasos . Era vodka, e por señas facíalle ver ó colega da rubia que estaba invitado para ver de desfacer o entorto.

Parecía que a tensión ía baixando a medida que eu me achegaba tentando lembrar os catro palabros en ruso que utilizo no traballo cos clientes dese país.

Cando xa me estaba sentando con eles ainda a quentura do cabaleiro ruso se podía percibir, e du acertei a saludalo cun “priviet” (“hola” en ruso. Non ,non sei como se escribe en cirílico) ó tempo que collía un vaso de vodka (nunca na miña vida o probara antes) e o alzaba cara él cun sonoro “nsdarobia” (“salud” en ruso).

Salvamonos dunhas boas. O tipo sorriu, bebíu dun trago , nos fixemos o propio . Escachou o seu no chao. Nos tamén. E mandou servir vodka a todo o local.

Entrementras eu estaba dubidando entre morrer por inxestión tóxica (diooossss, como queimaba o puto vodka! Aló vai o meu probiño esófago!) ou aguantar o tipo por mor de non comernos unhas ostias espesas.

A noite acabou co persoal perxudicado (supoño), ainda que non che me decatei moito porque á segunda copa xa estaba fora de cobertura no banco corrido da nosa mesa.

O resto dos días que ainda tíñamos foron ben máis pacíficos e ata fumos quen de conseguir que Xesús se limitara á contemplación estética da paisaxe.

Cousa esta que ,a bon seguro, nunca nos agradecerá.


Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-03-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal