Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Crónica Mecánica
Ogallá que non tivera que escribir esta crónica, mais as semáns seguintes ó incidente de Cedeira foron de traballo en terra.

O primeiro foi poñer o barco en seco para ver ata que punto os daños eran o que aparentaban.

Logo , con moi bon criterio, o armador decidíu desmontar o pao e toda a jarcia firme en aras de revisala convintemente.

E , aquí non quero nin pensar na póliza do seguro do Hansa; porque para a revisión, a compañía de seguros mandou vir uns especialistas de Barcelona que cun equipo de ultrasons revisou milímetro a milímetro todos e cada un dos compoñentes da nosa jarcia certificando que non había nada roto nen nengunha fisura oculta que fixera por en perigo o barco ou as vidas da tripulación.

Revisouse,tamén a orza e o seu bulbo , así como a anclaxe e tornillería que a unen coa caderna mestra para verificar a ausencia de fisuras e estanqueidade...

En fin, que ó longo de boas tres semáns houbo chollo en terra, non só para os cataláns e os seus aparellos ultramodernos, se non tamén para parte da tripulación que estivemos ahi botando unha man ó longo de toda a operación.

Que podo dicirche? Pois que para min foron tres semáns de aprendizaxe e coñecemento do interior do barco, das súas tripas, de como resolver problemas que os distintos traballos nos ían presentando... como a anclaxe dos obenques na cuberta, ou á hora de "pinchar" o pao ,a finura que houbo que ter, non só polo operario da grúa, se non polos que estabamos dentro do barco vixiando que non se desviara nada do seu enclave.

Despois, as seguintes semáns foron continuas saídas de proba na mar para axustes finos de obenques con distintas velas, condicións de ventos, instrumentación, etc.

Curro a esgalla e orellas e ollos ben abertos .
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2010 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Descafeinada porno (e II)





Estabamos xa moi pertiño da baliza que sinalaba os baixos, a corredeira marcaba uns bos dez nós , e ainda que a victoria era caseque imposible; poderíamos arañar uns segundos valiosos ós de cabeza.

Cos ollos postos na sonda polo que poidera pasar, e o patrón pendente de optimizar ó máximo ese rumbo, preguntoulle ó navegante como estabamos con respecto á pedra, este asomou a cabeza polo tambucho con cara de “xefe, estamos arriscando moito”; mais xa non houbo tempo para que a súa voz chegase a sair da súa gorxa.

Un son como dun latigazo, e un frenazo en seco guindounos a todos cara a proa do barco.

Eu o único que acertei a ver, foi ó patrón sobrevoando a bañera e vindo a empotrarse no carro da maior a bos dous metros das rodas de goberno. Pola miña banda ben que me foi estar no meu posto a carón do winche, así amortigüei o golpe coa barriga (é a primeira vez na que me sinto afortunado de estar un pouco entradiño en carnes).

Sí, acababamos de encaiar. O todopoderoso Hansa, ferido.

Rápidamente todos nos puxemos en movimento para arriar o trapo á maior velocidade e así evitar que as velas seguiran portando. Aparentemente todos estabamos ben (máis ou menos, salvo magulladuras) e o que é máis importante, o pao aguantara o envite sen dano visible. O único salientable ,entre o enorme rebumbio que se formou ó arriar a toda presa ,era un obenque intermedio que saltara da súa anclaxe; pero para solventalo xa había un compañeiro tirando unha driza cara á banda onde faltara e así evitarlle ó pao máis tensións das debidas.

No entanto eu xa me deslizara abaixo para berrar dende a radio unha petición de socorro ó barco do Comité. E ,o que menos agardaba , tomáronnos a choteo!!

Claro, a ninguén lle podía entrar na cabeza que un barco coa equipación tecnolóxica e humán como o Hansa , se vira nesa situación. Menos mal que os dous que acababan de cruzar a meta viron o accidente e deron fe da nosa petición de auxilio ó tempo que viraban e se encamiñaban á nosa posición para ver de botar unha man no que poideran.

Mentres Miguel, xa se mergullara para ver de primeira man como estaba a cousa na orza.

Deixaramos un cacho do bulbo da nosa orza na roca, e estabamos subidos a unha pequena agulla. A cousa non pintaba nada ben.

O primeiro en chegar foi o “Ourense” quen rápidamente se puxo á nosa banda de babor mentres nos lle guindábamos unha driza de “spí” para que eles tiraran dela e así conquerirmos unha maior escora que nos permitira ,coa axuda do motor, descabalgarnos da roca na que estabamos subidos. Non había maneira. Os dous barcos coa máquina a tope e nin nos movíamos.

Eu, no entanto, xa levantara parte do “plan” para examinar a sentina e ver que non estabamos embarcando auga ; e que o anclaxe da orza non presentaba nengún tipo de filtración anómala. O que che nos faltaba era ,ademáis , ter unha vía de auga.

Na “Guisanda”, o barco do Comité, xa deran crédito á nosa petición de auxilio e viñan cara a nos para ver se cos seus dous motores eran quen de reflotarnos.

Acababan de darnos un remolque dende a “Guisanda” ,e coa escora que nos proporcionaba o “Ourense” íamos a tentar de novo a operación.

Paseniño e tentando sincronizar a nosa máquina coa da “Guisanda” empezamos a notar que sí , que esta vez nos movíamos!

Pouco a pouco fumos largando a driza que deramos ó “Ourense” para deixar de forzar tanto a escora ,e sentíamos como o Hansa voltaba de novo a flotar pola súa propia man. Fixémoslle señas á “Guisanda” para que parara máquinas ó tempo que o “Ourense” se achegaba ó noso babor para afroxar a tensión da driza de “spí” e deixar que a cobraramos abordo.

Estabamos vivos , enteiros ; e o Hansa respostou como nunca.

Pouco a pouco fumos recollendo todo e tentando por en orde as velas o toda a cabullería. As caras eran un poema, e o silencio abordo, espeso.

Cando demos chegado ó peirao de Cedeira toda a xente da flota se apresuraba en preguntarnos que pasara … mais , para serche certo ninguén tiña moitas gañas de falar... a tempada presentabase … cando menos dudosa para o Hansa e a súa tripulación...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal