Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Raios X, mocos e Banco Pastor
O outro día saía eu de facer unhas probas clínicas polo rollo da puñetera costela que non deixa de dar a lata.
Ía tranquilo pola rúa pensando en tomarme un bo almorzo “porqueyolovalgo”, e atento a non mollarme moito ca que estaba caendo nese preciso momento.
Acababa de coller nun portal un deses periódicos gratuitos , e ben arrimadiño ás casas tentaba ollalo mentres esquivaba as pingueiras que caían dos tellados.
A mañán ía poñendose cada vez peor e non había trazas de que escampara, así que decidín pasar de todo e tirar cara ó “Siboney” para tomarme un cafeciño e un cacho da tarta de laranxa que fan alí e está de vicio.
Non contaba ca hora que era , nen ca cercanía do “Wall Street” da cidade.
Tiven que conformarme con un curruncho na barra emparedado entre oficinistas encorbatados e executivos de meido pelo. Por suposto , de ollar o xornal nada de nada.
O que planificara como unha paradiña devagar para leer dous ou tres xornais e aderezalos cun café , ficou nunha pausa mínima e caseque a empurróns contra os aboríxenes da zona.
Como queira que non atopaba xeito de leer tranquilo ,nen de desfrutar do cafeciño e da tarta, decidín seguilo camiño cara a biblioteca da Diputación que estaba pertiño e así matar o tempo. Ollei para fora e parecía que zorregaran a auga con caldeiros. Daba igual, serían poucos metros e polo menos podería leer en paz; así que saín do bar e encamiñeime pola rúa tentando esquivar as variñas dos paraugas e saltando os charcos cos que o noso Concello nos obsequia cando chove.É o que ten vivir no trópico.
Ainda fixen unha paradiña en “Artús” para preguntar por un respalo dixital para a miña vella cámara de fotos, e ó pouco estaba de novo exercendo de peatón sumerxible.
Enfilei a “Wall Street” da cidade e á metade da rúa víase como un tumulto na porta do Banco Pastor e un coche da Policía Municipal cas luceciñas acesas. Total, esa mañán sobrábame tempo , así que ali me encamiñei.
Según me ía achegando ó tumulto pareceume entrever unha figura embutida nun chuvasqueiro verde que se me facía coñecida. Sí, a que estaba no medio da marabunta ruxinte era Mercedes a profe.
Polo que puiden deducir cando me din achegado a ela, con grave risco para a miña maltreita integridade ó atravesar esa manada de clientes de catro anos en plena efervescencia berrona, levara a súa aula de excursión ó mercado .A choiva sorprendeunos no camiño ó autobús e metéronse baixo a marquesina do Banco Pastor mentres escampaba. No entanto Mercedes tentaba poñerme en antecedentes ainda din visto a cara desencaixada de Fraiz , o seu compañeiro, que turraba por convencer ós gardas municipais da baixa peligrosidade dos manifestantes de catro anos,(boeno,é un dicir, un deles agarrouse ó meu pantalón e deixoume un regalo de mocos radiactivos que non se quitou con nada) que se congregaran esa mañán na porta da axencia do Banco Pastor.
Pero, neno, a estampa non acababa aquí. Tamén revoloteando ó redor do outro membro da patrulla estaba unha destas vellas embutida nun abrigo de peles (sí oh, desas que van xogar ó “bridge”ó casino ou ó Círculo Mercantil) , que ó parecer foi quen chamou á policía para protestar por un piquete que non a deixaba acceder ó banco.
Entrementres, o director da sucursal estaba na porta tentando tranquilizar á dita señora do abrigo, e o policía que falaba con Fraiz non paraba de rascar a cachola con cara de incredulidade.
Nun primeiro momento , eu empecei a escarallarme de risa ; mais según Mercedes me ía poñendo ó corrente da situación e de que os policías querían detelos a ela, a Fraiz e ós clientes por alteración da orden pública, a impresión inicial cambioume . Era claro que estaba desvariando e esto non estaba a suceder.
Visto o carid que ía tomando a situación tentei de levar a un aparte a Mercedes para convencela de que se puxera dunha vez as pilas. A ver se deixaba esto da educación que era (á vista está, moi perigoso) e se buscaba un traballo decente, coño!!.
Ela miroume como se fose un marciano quen lle falaba , e espetoume que en vez de dicir toleadas , debía ir a botarlle unha man a Fraiz (o seu compañeiro) co garda.
En aras da amizade que me une ós dous, aló me encamiñei avanzando penosamente por entre a marabunta cada vez máis exaltada; cando para rematar o conto miro cara dentro do banco e vexo unha señoriña co pelo azul, en chandal, e facendo no patio de operacións do banco algo así como exercicios de “Taichí”.
Non o dubidei nen un minuto. Din media volta e apretei a correr por entre a choiva canto me daban as pernas. Cando virei a esquina metínme no primeiro bar que vin aberto e pedín un café so ben cargadiño. Á merda a hipertensión!!. Tiña que despertar,joeeer!!
Unha vez que me recompuxen un pouco , voltei a sair á rúa e asomei a cachola dende a esquina, con moito coidadiño de non ser visto.
A cousa estaba máis animada. Agora había outro coche da Policía Municipal, unha unidade móvil de Localia ,o autobús do colexio e unha ambulancia na que me pareceu que estaban metendo á causante do lío: Sí, a vella embutida nos pelexos.
De esta tarde non pasa. Pido cita no meu médico para que me cambie a medicación, xa!!
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2007 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Telmo Nejreira existe!!
Ainda que estes días estiven un pouco vagoneto, debido a unha “hodida” fractura dunha costela froito da última travesía marítima, non podo deixar de contarche o que me aconteceu antonte.

Verás.
En moitas conversas que temos tido sempre chegamos á conclusión de que a realidade sempre, sempre supera á ficción ; por moi tola que esta pareza.
Ben, entre o meseciño sen carnet que a nosa ben amada DGT me regalou a cambio da miña doación de 500€, e a fractura me impide conducir agora que xa pasou o mes de peatón; véxome na obriga de ser un usuario dos transportes públicos do noso país.
Con tal motivo non me quedou máis remedio que aprenderme as frecuencias horarias dos autobuses e afacer os meus horarios ós da Compañía de Tranvías, e ós de Castromil.
Eran xa perto das dez e media cando collín o 12 para ir ata a estación de autobuses da cidade para alí verme transportado no vello Castromil (agora chámanlle Mombus) ata unha cidade veciña para facer unhas xestións... boeno,vale, xa me coñeces, ía darme unha homaxe a Santiago. Faláronme do “Dazaseis” e ía ata alí para xantar e celebrar... pois , que hoxe é hoxe.
Oe, caralluda ,ti. Valíu a pena a viaxe. Un polvo á plancha que se ía do mundo e o xarope ... exquisito: un godello de colleiteiro que non tiña nada que envidiarlle ós de pedigrí.
Pero, meu amiguiño, a peaxe que houbo do xantar no “Dazaseis”, tivena na viaxe no autobús.

Cheguei cedo á estación e collín plaza xustiño detrás do conductor. Faltaban só tres minutos para a saída e ían enchéndose de xente os asentos , mais ainda había sitio abondo; cando vexo avanzar polo andén a Maca. Sí, oh, xa sabes de quen falo. Nese momento tentei por todos os medios converterme no home invisible. Extendín o xornal por diante da cara e turrei nel canto puiden. Todo inútil. A lei de Murphy actuou de novo. A Maca veu dereitiña a sentarse ó meu carón.
Eu , que pensaba ir toqueando un soniño ata Santiago , vin esvarecerse no ar as miñas pretensións. Maca, por suposto, recoñeceume , e xa non parou ata Santiago. Foi horrible. Todo o tempo cun ton monocorde contándome a súa vida e miragres desde que non nos vemos; a vida e miragres da súa viciña a que ten o fillo traballando en Fuerteventura, a vida e miragres do alcalde da súa vila e da filla despendolada do alcalde...aaaaaahhhhhh!!!.
Pero eu, aguantando a pe firme e antepoñendo as normas de urbanidade ás miñas gañas de guindar a Maca pola porta do autobús na primeira parada que tivera ocasión.

Contodo,despois dun excelso xantar, a sobremesa agradable e de charleta: un dos camareiros empatouse a falar e así estivemos un cachiño , ata que me decatei que ía perder o tren de volta (non estaba disposto a correr o risco do autobús con Maca).
Saín á rúa e pillei o primeiro taxi que pasou libre.
Neno, que che dixen. A realidade sempre supera á ficción.
O taxi parecía unha especie de homaxe ós estudios de Televisa en México D.F. A banda sonora da carreira ata a estación do tren foi de rancheiras envoltas no fume do puro que penduraba da boca do taxista, e a decoración do taxi non podía ser máis “kitch”, con santiñas no salpicadeiro, e enormes cadeas douradas no cuello do interfecto.Auténtico de todiño.
Xúrocho, era tal cual Telmo Nejreira. Xa sabes, o taxista da serie da Telegaita “Pepe o Inglés”. Cando poñían a serie a persoaxe de Telmo Nejreira, o taxista, era unha persoaxe extrema e ata parecía que pouco real.Ahhh!, manda carallo ca ficción!!
Agora podo dicir ben alto: Telmo Nejreira existe.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2007 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal