Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aviso importante
NON AUTORIZO A NENGUNHA ENTIDADE DE DEREITOS DE AUTOR A RECLAMAR CANTIDADE ALGUNHA NO MEU NOME.



NO AUTORIZO A NINGUNA ENTIDAD DE DERECHOS DE AUTOR A RECLAMAR CANTIDAD ALGUNA EN MI NOMBRE.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2014 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
A enchenta do Bósforo (I)
A miña empresa, bueno, para ser exactos, a empresa para a que traballo, está iniciando unha expansión polo SE. de Europa e para elo nomeou a unha compañeira miña como coordinadora de toda a operación.

Esta persoa decide quen e cando vai a cada país cos que se inician contactos con visos a desenvolver programas conxuntos. E, por así dicilo, é quen ten plena potestade para organizar os seus equipos de traballo en combinación co grupo local do país do que se trate.

Non che poño en máis antecedentes do intríngulis das operacións porque considero que che trae bastante sen coidado.

A min tocoume de estar nos equipos de traballo correspondente a Estambul en Turquía e Oradea en Rumanía. Polo tanto non te penses que ando moi sobrado de tempo e gañas para ó chegar á casa poñerme a actualizar nada nen para contarche nada. O único que quero é tumbarme no sofá a ver “El Intermedio” e despois durmir.

Recentemente, despois de todo o curro levado a cabo dende aquí por todos/as os/as que estamos no equipo de Turquía tocounos realizar oque na empresa lle chaman as movilidades, e nos lle chamamos viaxar. Esto é achegarmonos ata Estambul para coñecer en persoa ó equipo que está aló levando adiante as xestións a pé de obra.

Para elo as sete persoas que dende aquí curramos cos de aló partimos no voo directo que agora ten a Turkish Airlines dende Santiago ata Estambul con parada itermedia en Bilbao para recoller xente.

Saímos de Galiza a eso das doce da mañá e despois de seis horas (con parada intermedia en Bilbao sen podermonos baixar nen a tomarlle uns pinchos) chegamos ás 21h. (hora local) a Estambul.

O primeiro que me sorprendeu da cidade é o enorme tamaño do seu aeroporto, e a grande cantidade de transportistas asiáticos que había nas súas pistas. Supoño que será por eso que lle chaman a porta de Asia.

Unha vez que recollimos a equipaxe e pagamos as tasas de entrada no país (15€ por cabeza), encamiñamonos cara á saída onde os nosos compañeiros locais tiñan xa disposto un furgón con “chofeur” para que nos levara ó hotel , que, según a nosa coordinadora, estaba nun dos barrios máis típicos da cidade: O Barrio de kumkapi.

Tardamos ainda un cachiño bo en localizar o noso “chofeur” entre o enorme rebumbio de xente con carteliños que agardaban na terminal internacional por diversas persoas; pero ó fin demos con el. Só que entre que o seu inglés non era nada do outro mundo e o noso turko non era ...nada de nada. Resultou un tanto complicado facerlle entender onde quedaba o noso hotel. Menos mal que un alma caritativa en forma de azafata da Flight Emirates nos botou unha man e por fin poidemos abordar xa a furgona.

A viaxe dende o aeroporto a Kumkapi foi, podríamos calificalo de fugaz. Verás, a xente (polo visto) neste país semella moito ó estilo de conducción do vello Portugal dos anos 70; e na autovía que nos levaba á cidade os sinais e os semáforos eran... indicativos. A primeira proba tivemola cando ó lonxe víamos como relucía unha luz vermella que invitaba a pararnos nun cruce; e o noso “chofeur” non só non reducía a marcha, se non que apretaba a correr acelerando a tope. Cando pasamos esquivando un camión que pasaba na súa vez polo cruce, un silencio sepulcral apoderouse da furgona. E eu, ainda que me atopaba feliz conducindo no vello Portugal, pensei que desta voltaba para Galiza cos pes por diante e nunha caixa de pino ou do que fora que fixeran por aquí as caixas de fiambres.

Despois de diversas experiencias parecidas ou similares nunha zona con limitación de velocidade de 30. Daba igual, non baixabamos de 110 km/h. Chegamos por fin ó barrio onde íamos a aloxarnos durante os tres días que pasaríamos na cidade.

Érache como estar no Barrio Latino de París, no Barrio Alto de Lisboa ou en Candem Town de Londres. Só que moito máis vivo, con máis animación e montóns de orquestiñas tocando nas numerosas terrazas dos restaurantes que ofrecían os seus olorosos guisos de peixe polas ruas da zona .Os aboríxenes (na súa enorme maioría homes) bailaban e deslizaban billetes nas máns dos músicos; e algún grupiño compartía enormes pipas de auga nunha animada sobremesa.

Creo que estabamos no sitio certo. Segundo nos comentaron no resturante onde atopamos sitio para cear, este era un antigo barrio de pescadores e de ahi a enorme animación das rúas pola noitiña, xa que na actualidade era o barrio bohemio por excelencia da cidade, e onde,polo que puidemos albiscar,non che había moitos turistas e sí enormes cantidades de gatos ceibes e por todos respetados. Nesto lembroume moito ás tabernas do porto de Rotterdam ou Amsterdam.

Ainda que deixaramos a equipaxe no hotel non tomáramos ainda posesión dos cuartos, o cal nos aforraría a enorme sorpresa de ver que a apariencia externa do hotel non tiña naaaaada que ver co que atopamos dentro. A min tocoume cun colega e non levamos a peor parte. Alo menos tiñamos un lugar para colgar a roupa. Noutros cuartos había tres camas metidas con calzador, e, por suposto, sen moito sitio para revolverse.

Pero, que carallo, non estabamos na cidade para pasarnos o tempo no hotel, se non para currar e aproveitar o tempo libre para coñecer o que poideramos. Agora érache hora de durmir (se a festa da rúa non nolo impedía), que mañá cedo viñan recollernos os colegas locais da empresa.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal