Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Como distinguir unha rusa entre un cento (II)
Saímos cedo do balneario e como parara de nevar ainda demos un pequeniño paseo pola vila e achegámonos ata o albergue onde eu me aloxara hai algúns veráns. Érache ben máis bonito así todo nevadiño. Mais como a noite xa caera había un cachiño, decidimos tomar o tren de volta e ver a posibilidade de picar algo ó chegarmos a St. Johann.

No apartamento non había ninguén que se decidira a poñerse coa cea; así que saímos a ver que podíamos atopar (a un precio moderado) para pechar un día inesperadamente interesante.

Mentres andabamos pola rúa principal (Mª Teresa Strasse) non deixabamos de ter contínuos encontros con esulturais e impresionantes mulleres embutidas en abrigos de pel e todas ellas con similar accesorio malencarado tipo armario roupeiro ó seu carón. Entre “aparición” e “aparición” ollabamos para as cartas dos restaurantes con decepcionantes resultados ata que, nun calexonciño, ouvimos un rebumbio de cánticos con apariencia rexional. Como a fame xa apretaba, decidimos seguir cara alí.

É curioso; mais ainda que pasearamos bastante pola vila (non che había moito máis que facer ó baixar das pistas) non reparáramos ainda nese garito.

Era unha especie de taberna típica (“gasthof” lle chaman por aquí) e esta levaba o bonito nome de: A Taberna da Sra. Carmen da Casa de Arriba. Sí, dito así non soa moi alá; pero, “amijiño” vas ver no orixinal: “Das Blumengarten von Hohenhaus von Gasthof”.

Que? Como che queda o corpo?. Aah!, agora sí,eh!

Ainda que non vimos a carta por nengures ,visto a animación dos parroquianos decidimos entrar e decote xa nos puxeron nunha mesa con banco corrido. Sí, oh, coma esos que había nas tabernas das feiras onde lle tomamos o polbo.

Só, que aquí en vez de polvo e viño , o menú era de salchichas, “shaft” (algo así como “codillo”) e cervexa a esgalla.

Cando nos chegamos, xa o persoal estaba con moitas cervexas de ventaxa e aproaban cara a exaltación da amizade e os cánticos rexionais (sí cos berros típicos tiroleses e todo).

Deseguida nos mimetizamos e tratamos de poñernos á altura. Por suposto o noso descoñecimento da letra das tonadiñas mermou un chisco o noso rendimento musico-vogal; mais ó pouco (e unha vez tomada carreiriña: xarra vai, xarra ven) xa eramos íntimos amigos e ata podías escoitar a Andrés tirándolle os tellos a unha das exuberantes camareiras. Mentres que eu non saía do meu asombro ó ver a fluidez que acadara no meu alemán de nivel usuario.

Xuroche que se non fora pola falta dunhas cuncas de viño e uns callos ou unhas tapiñas de polbo, o ambente e o persoal podería pertecer tranquilamente á primeira feira do ano en Betanzos .

Deran xa as doce da noite (o cal nestas latitudes é “after hours”) e o persoal daba mostras de querer embocar a porta do local. Nos, que xa estabamos ó nivel etílico da concurrencia, tentamos de convencer ós máis argalleiros de seguer a festa. Non che houbo nada que facer. Os máis tolos abandonaron a eso da unha da mañá, e nos detrás.

Quen nolo ía dicir. Un día que dabamos por perdido e mira ti coma foi rematar!! A ver quen che eskía mañá.

As rusas,dis?

Ah, case se me esquece. Boeno pois na seguinte marea. Agora teño sono.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2011 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Como distinguir unha rusa entre un cento (I)
Aló por Novembro quedara para unha cea con parte da tripulación coa que compartín o meu medio cruce do Atlántico. Seguimos véndonos de cando en vez e ós postres xurdíu a idea de irnos á neve. Como queira que eu neso xa teño algo de experiencia , deles só Xesús esquiara de cando en vez, propuxen alugar un apartamento en San Xoan do Tirol e pegarnos unhas baixadas polos Alpes abaixo.

Ainda que ó principio a xente non estaba moito pola laboura de ir ata aló , unha vez que vimos as tarifas de voos baratos ata Viena dende Londres, quedounos claro que era abordable se pillabamos un apartamento para os seis.

Meu dito, meu feito.

Hai xa unhas semaniñas que voltamos da nosa experiencia nos Alpes , e teño que dicirche que o mesiño que me pasei no 2001 pateando Austria e os seus albergues servíume de moito de cara á solución de diversos problemas loxísticos que houbo na viaxe.

Pero, agarda,que che conto:
A saida foi de Porto cara a Londres, e de alí a Viena. Despois tren ata Insbruck e de alí nun bonito e pintoresco tren de vapor que recorre un dos vales alpinos ata St. Johann in Tirol (ves, así soa máis glamouroso ).

Facía uns ben sete anos que non voltaba ó pobo , e se temos en conta que a última vez que estiven era en pleno verán; pois velo así todo nevado e recorrido por trineos tirados por cabalos nas súas rúas era como unha postal.

O noso apartamento non estaba moito no centro, mais sí que podías sair xa pola porta coas botas de ski postas e a menos de cincuenta metros había un remonte para subir ás pistas.

Neno, mellor imposible.

O edificio onde nos aloxabamos non desentonaba nada co entorno. Casiñas dun máximo de tres plantas , moitas delas de madeira e coas fachadas todas adornadas con frisos de frores. Todo típicamente tirolés.

As pistas, que dicirche, de todas as cores e con neve a esgalla. Tres dos novatos contrataron un monitor chileno para irse poñendo ó día e a eso das doce da mañá quedabamos todos xuntos para xantar e despois eu ainda ficaba on eles nas pistas de principiantes para botar unha man. Ó fin quen os embarcou en vir ó Tirol fora eu,así que era o mínimo unhas clases particulares.

E a eso das catro, de vagariño eskiando ata a porta!!

Mais houbo tempo para todo. Ata para presenciar un alud.

Sí, verás á mañá seguinte estabamos na cola do remonte ó carón da nosa vivenda, e cubríndonos como podíamos dunha ventisca de neve de sete estalos, cando ouvimos como un trono forte e lonxano que ía achegándose a nos. Na caseta do telesilla empezou a chiar unha serea e o operario parou todo ó momento e mandounos afastar de alí. Cando quixemos darnos conta estaba baixando como unha onda de neve, a duras penas visible entre a ventisca, pola pendente abaixo que de contado cubríu ata a fiestra da caseta do telesilla. Joeeer, tu , se non chega a ser pola dilixencia do “pisteiro” que nos afastou a fume de carozo, a algún de nos había deixarnos enterradiños ata o cuello.

Unha vez repostos de susto e vistos os acontecimentos, o persoal decidíu tomar un día de descanso. Como queira que a vila xa a tíñamos moi vista propúxenlles tomar un tren ata o val contiguo para irmonos ata Bad Gasteinn un pequeño pobo balneario que está a tiro de pedra e ó que só hai acceso por ferrocarril.

Eu coñecíacho da miña pateada polo país e pensei que merecía a pena mostrarllelo.

Verás, é un pequeño pobo de montaña cruzado no seu centro por unha cascada que , probablemente, nesta época do ano estaría conxelada, e cunhas piscinas municipais de auga quente que nos virían de perlas para relaxarnos. A vila só ten acceso por tren dado que o único túnel que existe para comunicalo cos outros vales é de ferrocarril; entón coches, camións, e todo o tráfico faise en trens que cada quince minutos comunican este val co resto do Tirol.

Nunha horiña bordeando enormes montañas e lagos xeados estabamos alí.

E como pensei, a catarata estaba conxelada. O persoal flipou co espectáculo.

Metémonos unha pizza entre peito e lombo e como tíñamos tempo entramos no centro termal.

Ainda que non subiran de prezo (seis euriños por tres horas) as instalacións melloraran moito. Agora había distintos “jacuzzis”, saunas, baños turcos, piscina de ondas, etc.

Creo que non quedaron descontentos do plan alternativo co que ocupamos o día.

E por se fora pouco a beleza da paisaxe estático, estaba (ó igual que St. johann) cheiño de rusas a cada cal máis impresionante que conformaban unha bonita paisaxe semoviente.

Pero eso éche tema do seguinte capítulo.

To be continued

(Sí, son malvado,cruel e despiadado...jejeje)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2011 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal