Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Paixón de "pedigrí" 3 (cheek to cheek)
No capítulo anterior deixáramos ó dono da nosa protagonista a punto de levar ó veterinario ó mozo da cadela sibarita para ver que non houbera nengún problema que se escapara do ollo dos expertos.Vexamos como lle foi...
“Pónlle a cadelo ó carón para ver se se estimula un chisco”, acertaba a dicir o doctor mentres ca súa man enfundada en latex se aplicaba a facerlle unha palla ó cadelo.
Así ía pasando a tarde... tres interrupcións para atender no mostrador e tres novos intentos fallidos de empalmalo.
O cadro, queiras que non, tiña algo de bucólico. Como si Heidi con bata blanca muxise a unha Clariña con exceso de peso.
Ó fin conseguiuno.
E naquela pose tan pouco recomendable, o cadelo voltou a cabeza e comenzou a profesarlle xugosos lametóns á cara da veterinaria en agradecimento por un bo servicio.
A dicir verdade ,tanto a min , à miña filla e ó compañeiro da veterinaria costounos abondo non escachar a maxia do momento cas nosas argalladas.
O resto do proceso, era máis ou menos como eu o imaxinara: Xeringa e cánula para introducir o semen...
Mais, aaai, amiguiño; o que eu non sabía era que despois había que colgala femia durante quince eternos minutos cabeza abaixo para que o Sr. Newton axude na súa carreira ós espermatozoides. E alí nos tes, á doctora e a min coas cariñas ben xuntas agardando a que pasaran os quince minutos dos collóns.
Foi a única vez na miña vida que estaba tan perto dunha muller atractiva e non me producía nengún tipo de animación.
“Para asegurarnos é mellor que voltes mañá e repetímolo”. Foi a recomendación que me fixo a doctora cando xa rematávamos o noso “cheek to cheek”.
Encamiñámonos para a casa, xa ía sendo hora de cear, e mentres guiaba o coche non deixaba de pensar en San Antoniño bendito e na súa disposición para que esta cabrona acabe preñada.
Cando despois da cea dubidaba entre empezar unha novena ou sair a botar un pitilliño ó xardín, optei,en mala hora, por sair.
E , mecagondieeez!! non estaba a pedazo de putona follando como unha tola co palleiro do noso viciño!!!.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2008 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Paixón de "pedigrí" 2 (o galán)
Sí, xa sei que me retrasei un pouco; pero desafortunadamente o día so ten 24 horas, e xúroche que estes días facíanme falla unhas poucas máis.
Entre un novo proxecto radiofónico no cal, probablemente, acabe embarcado; e a miña faceta de guía turístico da Costa da Morte para unha sorpresiva e máis que agradable visita vikinga que recibín; non che tiña tempo para nada. Home, ata deixei de ir ó ximnasio!.
Pero , xa están as cousas máis ou menos encarriladas , e de novo podo comentarche a xogada do noso común amigo de nome Xosé Fernando (queres creer que non lle gostou nada o alcume de culebrón que lle adxudiquei?). Deixote cas súas verbas:

-“Elixe o que máis rabia che dea”, díxome a dona dos dous machos “Golden Retrevier”, e eu, xunto ca miña rapaza decidimos cal é o mellor candidato para preñar á nosa cadela.
Como estas cousas levan o seu tempo, escomenzamos unha tertulia: a dona dos machos, un veciño entendido ,e eu. Os dous semellaban seren unhas persoas encantadoras pero..., pronto me decatei de que estaba entrando nun mundo novo; así que mellor estou caladiño e só meto baza cando esté moi moi seguro.
“-Cambieille o penso, porque estaba engordando. Este é dunha gama máis baixa e só custa 40€. O outro saíame por 60”.
Que che me leve o demo se podería contestarlles á pregunta de cal lle dou eu á miña cadela.
Cómo lles digo que merco o de oferta en Continente por 8€ e xa me parece caro abondo?
“Ben, parece que esto non vai” dí o amable e entendido veciño ó ver que o macho intenta montar á miña femia pola cabeza.
“Vou chamar ó veterinario, porque se está na clínica podemos baixar un momento a que lle faga un frotis vaxinal e comprobar o pico de progesterona”.
Comooooorrrrrrl?. Intentei que non se me notara moito a cara de paleto. Os probes estanse molestando en axudarme con toda a súa paciencia ,sen seberen a clase de ignorante que tiñan diante...
As miñas dúas únicas experiencias no binomio sanidade/animal remóntanse ós tempos de Nino Bravo. Sí, oh, o día que veu o capador e lle fixo aquello ó cocho; e o día en que a miña mai chamou ó veterinario polas condicións penosas do noso can. E mira ti, como estaba cheiño de sarna tivo que sacrificalo alí mesmo.
Agora é diferente. Desenchufei á miña nena do Disney Channel para que nos acompañase e aprendese. Qué diferencia co capador! Un profesional sobrio e sen mariconadas nun quirófano acolledor. Sabes?, creo que como no antigo anuncio de Vim Clorex ata poderíamos xantar no seu fregadeiro.
O veredicto do profesional foi claro: “A cadela está a punto. Así que se non vai, traedes ó macho e mañán facemos unha inseminación”. Eu tentei disimular como puiden e, todo sorrinte, contestei:”Por suposto. Mañán pola tarde vimos por aquí”.
Cando cheguei a pola cadela, a dona dos machos confirmou o temido. Nada, nen un achegamento, nen un triste polvo. Por desgracia nen a dona do macho ,nen o veciño enterado podían acompañarnos ó veterinario; así que me encarei ca miña preadolescente ,e con certo repeto polos cans,e lle espetei:” Tes que ser valente. Só estamos ti e máis eu para levar a cadela e ó mastodonte de seu mozo. Ela no teu colo,e a él poñémolo no maleteiro sen a bandexa de atrás para que non se maree.” E que só faltaba que nos vomitara o meu coche novo.
Dicían os de “Mecano”: Quen detén as pombas en voo, voando a ras de solo?. Pois ,a ver quen detén a un macho de Golden Retrevier abalanzándose sobre o asento dianteiro.Joeer, co galán!!
E ,xusto para acabar de compoñela, na rotonda unha patrulla de amables axentes da Garda Civil de Tráfico... Por fortuna co empañados que ían os cristais e como xa tiñan dúas “presas” coas que se estaban "aplicando", fumos colándonos paseniño,paseniño.

To be continued
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2008 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Paixón de "pedigrí" 1
O outro día non queiras ver a quen atopei nun concerto dos “Fabulosos Fockin Brothers”, sí oh, ó marido de... aaaiii!!, perdón. Pediume que respetase o seu economato ou anonimato ou algo así. Boeno, o caso é que non quere que se sepa que estaba alí; así que poñamos que se chama Xosé Fernando.
Ó rematar o concerto ficamos os dous alí no garito onde se celebraba, para tomar algo e de paso poñérmonos ó día das nosas vidas.
Así entereime de que venderan o piso que tiñan no centro da cidade e agora viven nunha casa con xardín nas aforas.
E aquí, miña nena, é onde a lingua de Xosé Fernando (joer, quedoume nome de culebrón venezolano) escomezou a soltarse. Deixote cas súas verbas:
No castellano da miña infancia o sustantivo “perro” non podía ir acompañado dun posesivo.
Exemplo: “por el camino vi UN perro” ou ben :”El perro levantó las lechugas, qué cabrón!”
Todos tíñamos un can na casa que gardaba a propiedade e saía unha vez ó ano para ser vacinado no adro parroquial.
Pasaba a súa vida atado durante o día, e cando ó solpor, alguén baixaba a ceibalo, tiraba con tanta forza da cadea que só os adultos tiñan folgos para afroxar o mosquetón.
Naquela España de Fortes Comansi e “Será maravilloso viajar hasta Mallorcaaa...”, sentíame invadido por unha mixtura de respeto e medo ás tres voltas á leira coma un raio e topetazo final contra o valo do viciño que noite tras noite, como unha liturxia neurótica realizaba o can ata o seu pasamento.
Non coñecín o concepto de “mascota” ata xa pasada a miña primeira xuventude,cando estudando inglés por nonseicanta vez quixen traducir o significado do grupo británico “Pechos Boys”.
E , mira ti por onde, que agora que acabo de cumplir corentaecinco anos, levo tres a cargo dunha femia de “Golden Retriever” con “pedigrí” e todo. Manda carallo!
Cando rematamos de facer a mudanza para a casa na que agora vivimos, chegaron os consellos dos “entendidos”: Como vas a ter unha finca sen can!!. Alomenos faino polos fillos!!
Un ,que xa é débil de natural, cedín ante as presións. Pero, meu amigo, dende o primeiro momento arrepentinme.
Entón, perante as miñas queixas, eses mesmos entendidos soltáronme: “E que se tes can, non pretenderás ter xardín”... A mai que os paríu... agora os cagallóns da puta da cadela recolloos eu , e non eles... Cómo pode cagar tanto un só animal?. Eu, sen ir máis lonxe, non cago todos os días.
Teméndonos o peor, decicimos capala; pero o iluminado do veterinario aconsellounos que era mellor que tivera unha rolada antes. Sospeito que este vai ser outro dos erros da miña vida, pero se despois me vexo ceibe do asalto dos cans do vecindario en cada celo da miña, caseque me compensa.
A miña mai ,que sempre tivo boas conexións co Vaticano, aconselloume que me encomendara a Santo Antonio, patrono dos animais...
E teño decidido. Esta noite comenzo unha novena . Éme igoal o que pensedes de min.
(to be continued)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal