Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Volaréee...uooooh,oooohhh"
Son as 1850h do domingo. Estivemos os nove que imos sair neste transporte como tripulación , preparando todo e asegurando todo en cuberta a son de mar.
A previsión metereolóxica non era moi boa , mais xogabamos cun marxe de seguridade amplo. Anunciaban ventos suaves do NW durante toda a noite e un role ó S. ;aumento na intensidade a forza 7 a medida que fose entrando a mañá do luns. Para esas xa esperabamos estar pertiño de Vigo o noso porto de destino .
Para evitar pringar todos/as (esta vez viñan connosco Antía e Carlota) o patrón distribuiu as gardas en turnos de 4 horas que comenzarían ás 2300h.
Eu decidín quedarme xa no primeiro turno e así poder dormir ata a madrugada.
A saída de porto fixémola ó grande. Coincidían as festas de antroido na cidade ,e ó chegarmos a altura da Punta de San Pedro pola nosa popa vimos a foguetería e as luces no ceo da celebración das carrozas.
Estabamos ben contentos... esto parecía a saída da Volvo!! e nos dando rumbo xa cara a Sisargas.
A noite ía pasando tranquila e alguén baixou a poñer música polos altofalantes da bañera para facer máis levadeira a travesía. De vez en cando a música deixaba paso ós boletíns meteorolóxicos de Coruña Tráfico, e pouco máis tarde, ó pasarmos as Sisargas, ós de Fisterra Tráfico.
Segundo nos íamos afastando do Golfo Àrtabro a cousa empezaba a moverse máis. A mar de fondo do S. ía en aumento e ó deixar por popa a Sisarga Grande e tomar rumbo en demanda de Vilano, os pantocazos que daba o Hansa facían difícil manter o equilibrio sobre a cuberta. Visto o carid que tomaba a cousa , Xulián, o patrón nese momento, decidíu empezar a tomar rizos na maior para facer máis manexable o barco. A manobra era de todos coñecida por tela practicado montóns de veces, mais ó facela baixando a cresta dunha onda de 5m. dificultábase un pouco. Con todo tomamos dous rizos á maior e para compensar a perda de velocidade decidiuse por en marcha o motor auxiliar. Pola radio escoitábamos as últimas novidades no tempo ,e as perspectivas non eran nada boas. As cousas estaban empeorando moito más depresa do que todos pensabamos. A mar de fondo ía en aumento e ó tela de proa dificultaba moito o avance. O vento rolaba cada vez máis rápido ó S. e pasamos de facer un cómodo rumbo de aleta a vernos nun rumbo de través e ás veces caseque de ceñida.
Ás tres da mañán acabamos o noso turno de garda e enchoupados dos salseiros e da choiva que comenzaba corrimos abaixo a avisar ó persoal que tiña que revelarnos.Ó chegar á cuberta xa viron que as cousas empeoraban de presa e apresuráronse a calzarse a roupa de auga para evitar a molladura, por outro lado caseque inevitable.
Cando baixamos estaba Eduardo e Antía acabando de tomar unha cunca de sopa quente e deixarnonnos ós que chegabamos as nosas cuncas que sabían a gloria.
Nesas estabamos cando un pantocazo máis forte que os outros nos fixo sair a cuberta para ver se había algún problema. Afortunadamente o Hansa estaba portándose e todo ía máis ou menos ben.
Eu, en vista de como se estaba poñendo a cousa decidín botarme a dormir vestido e ca roupa de augas á man. Ben, o de dormir, era un dicir. A cada pantocazo saltaba da litera e saía voando polo camarote. O mesmo lle acontecía a Pablo , o proa, e a xuzgar polos tumbazos , igual pasaba no camarote das rapazas.
As sete da mañán chegaronche ben axiña. Eduardo xa estaba na porta chamándonos ,e ó abrirlle o espectáculo no salón do Hansa era... un pouco forte: arneses, cinchas de seguridade, chalecos salvavidas... a verdade é que non apetecía sair a fora , visto o que estaba espallado polo salón. Preguntámoslle ós que baixaban e xa nos iformaron de que a cousa fora estaba movidiña , e o que é peor: ainda estabamos no través de Cabo Vilaño.
Mentres que nos aprestábamos a sair, xa oimos a Eduardo e a Antón como caían víctimas do mareo e botaban fora todo o pouco que cearan aquela noite. E claro, non íamos deixar pasar a ocasión sen facer esmorga deles. Aaaaaiii, que lonxe estabamos de saber que nos íamos caer ben pronto.
Ó chegar arriba xa pertrechados con roupa de augas ollamos para a maior e xa vimos a situación: tres rizos , e apenas un trapiño colgando do pao. Na proa un foque pequeniño e o motor. Resultado: a penas avanzábamos entre a mar de fondo e o vento que arreciaba esa madrugada.
Eu apresteime a coller a linterna para ver como pintaba a maior (que era a miña responsabilidade) e proceder ó seu trimado. Eso era o que eu creía. Ó pouco o barco empezou a deslizarse polo tobogán dunha onda e eu vinme voando contra a botabara á cal me agarrei como se me fora a vida nelo. Cando chegamos ó val da onda o pantocazo foi forte de moito nabo, e eu sentín o golpe da botabara no meu hombro que me guindou contra o chao da bañera. O seguinte que sentín foi un berro: “Por Sotaventoooo!!” mentres eu xa estaba botando a sopiña quente da cea pola borda.
A cousa estaba poñendose complicada. Pola radio daban xa , aviso de temporal de forza 7 con picos de 8 do Sur e mar de fondo de 5 a 7 m.tamén do Sur.Unhas condicións ideais para ir navegando cara o S.
Pouco a pouco íamos avanzando moi devagariño e xa estabamos a altura de Touriñán. Alí o noso equipo de vento non baixaba nengures de 45 nós. A roupa de auga facía xa tempo que deixara de ser útil. Entre a choiva e os salseiros non había lugar por onde non che entrara agua.
As esmorgas sobre os mareos dos que baixaban a descansar pronto deixaron de ter sentido. Pouco a pouco íamos caendo todos. Ainda así negún quería irse abaixo. Supoño que o puto orgullo masculiño facía moito. E xa sabes, se este aguanta , eu tamén.
Duas horas máis tarde. Sí, leeches ben, duas horas máis tarde só tíñamos andado a distancia entre Tourián e Fisterra. Xulián seguía á caña e decidíu arriar toda a maior e seguir cun tormentín de proa. Puxémonos á maniobra tentando aproar ó vento o barco para así facilitar as cousas. Costounos deus e axuda. A maior non deixaba incharse de aire e o mar de fondo ,e os pantocazos non axudaban nada. Cando conseguimos arriala ainda había que facela firme cunhas cinchas ou algo para evitar que embolsase aire. Nesas estabamos cando deu a mala pata de que un dos sables da maior veu a observar de cerca a miña cara de acongoje e meteuseme no pómulo dereito. Como non me doìa seguin ó que estabamos ata que conseguimos facer firme toda a tela da vela.
Pablo e Alberte,unha vez rematada a función na bañera, foron ó pañol de proa para ver a posibilidade de sacar a cuberta un tormentín e así tentar seguir.
Cando Pablo chegou ó pañol non puido máis caeu sobre unha das xénovas alí almacenadas e botou para fora o que lle quedaba da cea. Alberte, ó percatarse da situación, baixou botarlle unha man e entre os dous foron quen de subiren o tormentín a cuberta.
Agora quedaba o máis difícil. Había que preparar o aparello para izalo, mentres que o temporal arreciaba e o Hansa non paraba de dar pantocazos. Por entre o bruar impresionante do vento a penas se oían as ordes de Xulián para realizar a maniobra, e a luz do faro de Fisterra quedaba atenuada pola cortina de choiva que cubría as escasas cinco millas que levábamos de resgardo do cabo.
Despois de tres intentos fallidos e a fortuna de levaren postos os arneses de seguridade ( o cal impedíu que Alberte e Pablo sairan voando pola borda) conseguiron izar o tormentín.
Na popa, as cousas tampouco pintaban ben. A lei de Murphy actuaba facendo que un dos cabos que suxeitaba a maior empezase a ceder. Hector non o dubidou, sacou do peto esa navalliña que sempre leva e cortou un cacho do rizo dous. Acto seguido ,e usando ese cabo que acababa de cortar, fixo firme de novo o trozo de maior que ameazaba con soltarse.
Màis ou menos a cousa ía empezando a estar controlada. Entre a tripulación ía voltando a gaña de bromear , ata que por radio Fisterra Tráfico nos chama para ver se había algunha baixa ou necesitabamos remolque. Ahi, un silencio se extendeu entre a xente. Hector baixou a contestar á chamada para avisar que non había novedades e que continuabamos rumbo.
Penso que nese momento, todos e todas nos decatamos do que estabamos a pasar.
A pouca luz do día que estaba pechado de nubeiros xa estaba establecida , e nos íamos avanzando penosamente rumbo Sur.
A Cada pouco ,e ata parecía que por turnos , alguén se dispoñía a colgarse da banda mentres se oía :”Por sotaventooo”.
Eran as 1500h do día seguinte e ainda estabamos no través de Corrubedo. Alí, de novo entrounos un escalofrío. A mar de fondo ía empuxándonos contra os baixos , que tiñamos a menos de media milla polo babor noso , e todos pensabamos nun posible fallo no motor , ou nun rachón no tormentín que , queiras que non, axudaba a manter o rumbo e a facer máis manexable o barco.
Por fortuna ,aquí o Sr. Murphy decidíu non actuar. Mentres o vento non amainaba nen había trazas de que fose a menos, e ó igual pasaba ca mar que xa anunciaban pola radio de forte mareira a mar arbolada... a nos nolo ían dicir!.
A eso das 1600h Fisterra Tráfico pregunta de novo se necesitamos remolque ou rescate.Nos declinamos a oferta e do outro lado da radio oímos un: “...tades tolos...”
O caso non era por orgullo, era máis ben por evitar as enormes tarifas de remolque que suelen pasar en casos así.
Andando, andando xa avistamos pola proa Ons. Decidimos seguir e ver a posibilidade de ó seu abrigo entrar e arribada en Sanxenxo, pero como aquí a cousa está máis queda, decidimos tentar seguir ata Vigo.
Ò sair do seu resgardo da illa voltamos a acadar picosde coarente nós de novo. Contodo, xa era de día e con toda a tripulación arriba veíase a situación doutro xeito.
Según nos íamos acercando á Costa da Vela o mar de fondo ía reducíndose e o vento xa só era de 35nós. Pouco a pouco íamos en demanda de Cabo Home e ó viralo, con Alberte á caña e Xulián exausto abaixo dormitando algo, enfilamos xa a entrada do porto de Vigo.
Caseque 24 horas despois , ás 1840 atracabamos nos pantaláns de Punta Lagoa.
Medio mortos de cansancio, fame, mareo; pero felices e vivos.
Balance:
A maior rota por varios sitios, contusiòns e distensións varios/as, e un ollo morado.
O Hansa... resistiu!!

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2007 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
A orxía do plástico
Como xa sabes, todo este mes exerzo de peatón pola obra e desgracia da “putadgt”, ademáis de facer unha graciosa donación de 500€ ós amables axentes da Axencia Tributaria disfrazados de Gardas Civiles.
Dada a miña nova condición véxome na obriga de ser un convulsivo usuario das líñas de transporte público da cidade e sufrir o seu prezo e as súas múltiples incomparecencias á hora que deberían estar na parada.
Ben, o pasado martes trece , á sazón día do meu cumple, o cal xa de por sí me pon de moi mala uva porque son un ano máis vello con uve (ainda que considerando a outra opción...); tocoume estar empantanado nun dos interesantes atascos cos que a pésima planificación da nosa cidade nos obsequia.
Eu estaba sentadiño no meu asiento do 14 , e o bus estaba medio vacío, co cal distraía os meus pensamentos asasiños contra o director xeral de tráfico, ollando pola fiestra. Levaba así un bo pedazo ollando sen mirar, cando deu a puñetera casualidade que o ritmo do atasco nos levou á porta dun colexio.
Eu seguía aburrido e pensando en que non ía chegar ó cine, ata que ò cabo dun bo pedaciño de estarmos alí parados sonou unha sirea e polas portas do mesmo empezaron a sair manadas e manadas de nenos e nenas ataviados cunha especie de indefinible uniforme.
Como queira que o bus non se movía e eu xa obviara o do cine, agucei a miña vista e a través do cristal e das pingueiras de chuvia tentei fixarme máis nese extrano uniforme que vestían eses tenros infantes que ,cal horda bárbara, arrasaban con cantos estaban agardando no semáforo para cruzar a avenida.
Oes, eran bolsas de plástico!!!.
Xúrocho, eran bolsas de plástico desas que se usan para a basura. Algunha estaba decorada de xeito estrambótico e ,quero supoñer, que os que tiñan a mesma decoración pertenecían á mesma tribu ,ou clase, deses energúmenos.
Entre eles aparecían de cando en vez as cacholas de señoras e señores ,xa talludiños, ataviados ca mesma vestimenta!!!
Neno, aquello era como unha orxía de bolsas de plástico, como unha orxía de condóns de múltiples cores e de tamaño familiar!!!
Supoño que os señores e as señoras talludiñas así ataviadas eran os mestres e mestras desas extranas tribus que copaban por momentos a beirarrúa. Nese momento caín na conta: Estamos en Antroido!!, e claro de todos é sabido que o Antroido nas escolas da Galiza se celebra desde sempre cunha especie de catarsis colectiva dos gremios do ensino e do de fabricantes de bolsas de plástico.
O edificio do colexio seguía a vomitar hordas de monstruos ataviados todos cas horripilantes bolsas ,e presos dunha especie de febre do plástico antroideiro entregábanse a unha carreira desenfrenada mentres berraban consignas , que ,quero pensar, eran cancións que os seus mestres e as súas mestras lles aprenderon para a ocasión. Esto o supoño, máis que nada, ó ver o sorriso de orella a orella que os adultos plastificados ostentaban na súa cara. Ah, que momento todos os mestres e mestras do país soñando con este desafogo plástico e en copiaren,cal espías industriais, os deseños das súas compañeiras...
A todo esto unha multitude de mulleres e homes, aparentemente normais, agardaba á horda e sorría o velos así ataviados.Poidera ser que foran os pais e nais dos compoñentes da mesma.
Diiiiioooossss!!!, como está a educación en Galiza!!!
E o governo facendo concursos para elexir o deseño do mandilón das escolas galaico-abertzales!!!
O que terían que facer é darlle, xa, un retiro digno a eses probes profesionais que se ven abocados a gañar os garabanzos dese xeito inhumán. Ah, e pagarlles a terapia ... supoñendo que exista algunha terapia que poida recuperalos .
Ah, se ves a Juanciño a ver se o convencemos de que deixe esto do ensino e se busque unha profesión decente, oh.




Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2007 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz día do Cortinglés (14/02)
Este texto que agora estás a leer pasoumo o noso común amigo Capa.
Xa o coñeces, o seu éxito cas mulleres semella o meu. Sí,oh, vai de 0 a 1. Polo tanto é binario.
Ah, vai en idioma orixinal. Ollo.

Mujer, te presentamos una pequeña lista de frases que puedes utilizar para dejar una relación y que parezca creíble. A usar de forma aleatoria, exceptuando la primera y última frase. También puedes combinarlas entre ellas.

0. Tenemos que hablarar (preferentemente por SMS).
1. Tengo la sensación de que nos estamos alejando.
2. Hoy creo que nos tendríamos que haber conocido de aquí a dos años.
3. Realmente me gustas mucho, pero estoy confundida.
4. Tú nunca tomas la iniciativa, siempre tengo que ser yo.
5. Será mejor que nos demos unos meses para respirar.
6. Eres maravilloso, sensible, simpático, gracioso, tienes conversación... pero necesito algo más en mi vida.
7. Gracias a Dios la culpa no es de nadie, las cosas duran lo que duran.
8. Una cosa está clara, no es culpa tuya, el problema soy yo.
9. Recuerda algo: ya te avisé de que soy un espíritu libre.
10. Ahora es diferente, ya no hay chispa entre nosotros.
11. Necesito a alguien más maduro a mi lado.
12. Necesito vivir nuevas experiencias y conocer a otras personas.
13. Hemos entrado en un circulo vicioso y necesito escapar.
14. Necesito un tiempo para reflexionar.
15. Nos hemos conocido en un periodo muy complicado de mi vida...
16. Creo que nuestra relación ha caído en la monotonía, ya no es como al principio.
17. He hablado con mis amigas y creemos que lo mejor es que lo dejemos un tiempo.
18. Es que no tenemos la misma escala de valores.
19. He notado que últimamente te has dejado un poco...
20. No he estado con ningún chico mejor que tú, pero no es lo que yo quiero.
21. Lo mejor es dejarlo para no hacerte daño.
22. No quiero cerrar ninguna puerta, quizás en el futuro...
23. Somos muy diferentes. Tú sólo piensas como un hombre.
24. El sexo no es lo más importante.
25. ... me lo acabas de quitar de la boca... yo pienso igual que tú.
26. ¿Tú crees en el destino? Yo sí.
27. Seguro que dentro de un mes me estaré tirando de los pelos, estoy segura, pero creo que lo mejor es dejarlo.

28. Sólo me buscas cuando te interesa tener sexo conmigo.
29. Creo que no estoy preparada para llevar una relación.
30. Siempre podremos seguir compartiendo las mismas cosas, si quieres, claro...
31. Tú necesitas a alguien que te quiera de verdad.
32. Hoy sé que me estoy equivocando, pero es algo que debo hacer.
33. Realmente pensaba que eras diferente pero ahora veo que eres como los demás.
34. Todo tiene un principio y un final.
35. Seguro que te irá mucho mejor sin mí..
36. Estoy cansada de dar sin recibir nada a cambio.
37. Ganaremos los dos. No me veo en el futuro contigo.
38. Un beso tuyo ya no es como al principio.
39. Respira tranquilo, esto me duele más a mí que a ti.
40. Ahora creo que es hora de que empiece a pensar un poco en mí.
41. No estoy preparada para algo serio.
42. Yo no soy tu mujer ideal ni tú mi hombre ideal...
43. Eres demasiado perfecto, no te encuentro ningún fallo, y eso me asusta.
44. Me he dado cuenta, después de 5 años, de que no estamos hechos el uno para el otro...
45. Yo necesito alguien que me entienda.
46. Las personas cambiamos...
47. Necesito un cambio de 180 grados en mi vida.
48. Estoy haciéndonos un favor tomando esta decisión.
49. Yo te quiero, pero de otra manera.
50. Es mejor que lo dejemos ahora, antes de que nos hagamos daño.
51. Las cosas están yendo demasiado deprisa...
52. Es que eres demasiado bueno conmigo.
53. No podemos seguir engañándonos de esta manera.
54. Sé que ahora te duele, pero en el futuro me lo agradecerás.
55. Es todo tan bonito que me asusta.
56. Lo nuestro está en punto muerto.
57. Mejor que lo dejemos ahora que aún estamos a tiempo. Dentro de un año sería peor.
58. Espero que seas feliz y encuentres una chica mejor que yo.
59. Yo no sé querer por dos personas.
60. No somos compatibles sexualmente.
61. Ya te dije que era un poco lagarta.
62. Sabes que lo nuestro es imposible.
63. Ponte en mi piel y lo entenderás.
64. De verdad, te aseguro que no hay otro.
65. Creo que te conozco lo suficiente como para saber que no soy lo que buscas.
66. Necesito estar sola ... para pensar.
67. Somos dos polos opuestos, lo nuestro no nos lleva a ninguna parte.
68. Creo que es hora de que nuestros caminos se separen.
69. No te preocupes, siempre podremos seguir siendo amigos.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2007 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
A paz, o bedel e a galiña de curral
Xa levamos varios días sen contacto; pero non me resisto a contarche o que me pasou onte pola noite.
Verás, chamoume Francisco, sí oh, seguro que o coñeces. É profe nun centro de ensino das aforas da Coruña e como tal tiñan que celebrar onte algo así como o Día da Paz mundial.
Total que o probe Francisco estaba desesperado. Cando me chamou onte pola tarde o home non podía máis; dime:” Oe, necesito falar con alguén normal. Tes algo que facer?” ...
En fin, deixemos o de que eu son normal, de todos os que me coñecen é sabido que se algo non son é normal; pero bueno, o probe home non estaba para disquisicións metafísicas.
Quedamos para cear.
A cea moi ben, acabamos poñendonos finos nun deses sitios de ensaladas, perto da cidade. Eu non quería alongar moito a noite porque ó día seguinte tiña que currar; pero as cousas torcéronse.
Francisco necesitaba falar, e falou, anda que si falou:

No centro onde él traballa tiñan previsto celebrar o rollo ese da paz mundial (ou algo así) cunha solta de pombas brancas e duns globos.
Ata aquí todo, máis ou menos normal e previsible; pero as cousas non ían ser tan fáciles.
Xa estaba todo listo para a hora de comenzo do acto cando chegaron á xaula onde debían estar as pombas, e digo debían estar, porque alí xa non había nada. Algunha man misteriosas con ánimo xusticieiro deu liberdade ás pombas antes do debido; pero eso non ía a ser todo para a celebración do día da paz.
Os globos que xa se hincharan o día anterior non aparecían por ningures.
Parece ser que a encargada dos globos os deixara a tarde anterior nunha sala do centro nunha rede e xa listos para seren soltados.
No seu lugar o vacío... bueno, vacío non ; alí había un trozo de gominola e un coche de xoguete ben coñecido para Francisco.
O tempo corría e era necesario facer un hábil interrogatorio ó responsable do desaguisado que cantou de plano e identificou ós seus còmplices ó momento.Os cinco do famoso curso de Xan.
As pombas foron liberadas en aras dunha malentendida idea de que os animais salvaxes deben viver en libertade; e os globos (os que sobreviviron) estaban flotando no alto do teito do ximnasio.
O claustro reuníuse de urxencia. Había que salvar o acto. A alguén se lle ocurríu unha idea xenial. Había que botar man do curral do bedel do centro. Non había tempo que perder. Unha vez alí foron necesarios tres claustrais para facerse cunha galiña máis ou menos branca. Non pasaba nada. Manolo medio en cachondeo suxeríu que a pintaran con pintura branca de dedos (sí, oh, desa que sae ben con auga). Dito e feito. Os encargados da producción do acto meteron á probe e asustada galiña nunha tina con dous botes de pintura branca disolta en auga. Agora, sí que estaba branca. Branca de carallo!!.
Amiguiño, houbera pagado por ver ó director dando o discurso da paz e a solta da “pomba” que nen voaba nen nada. E sobre todo ollar para a cara do persoal cando o tipo fixo referencia á diversidade cultural para xustificar a extrana pomba do devandito acto.
Polo que me dixo Francisquiño na loooonga sobremesa da cea ninguén se atrevía a abandoar o centro á hora da saída despois do hito histórico marcado na historia do Día da Paz.
Ah, creo que os responsables do desaguisado non van voltar a cheirar un recreo ata o día do xuizo final.
Sabes?, agora que o penso , creo que son un tipo bastante normal.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal