Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A marca "Costa da Morte" revisitada (I)
Sáeme a “Momia Verde” ata polas orellas!!

Xa non sei ben en que versión estamos do guión, o único que sei é que Adrián e Andrea a bon seguro non me teñen entre o grupo dos seus mellores amigos. Éche o que ten traballar como abogado do demo.

Necesitaba uns días desconectado de todo e decidín encamiñarme cara o lugar do crime.Sí, puxen rumbo cara a Costa da Morte.

Facía moito que non pasaba uns días por aló; ainda que de cando en vez baixo a saudar a vellos colegas.

Nun principio tiña en mente irme ó “Alén do mar” un bonito hoteliño pequeno que abriron ó pe mesmo da Praia de Langosteira en Fisterra; pero despois de contactar con eles por email ainda estou agardando resposta. Foiche unha mágoa porque tiña en mente deixarme acunar polo rumor das ondas de Calcova que romperían a ben poucos metros das fiestras do hoteliño.

Como non quería ficar na casa botei man dunha páxina de reservas e atopei unha chea de hoteis (deses con encanto,xa sabes) que abrira pola parte de atrás do pobo de Fisterra. Perdín uns momentos vendo as opinións doutros viaxeiros e ó fin encamiñei a miña reserva cara o “Mar de Ardora”. Tiña boa pinta, era un edificio noviño e ó pe da Praia de Mar de Fora.

Gracias ó “Google Earth” vin que estaba nun novo barrio da vila inzado dos hoteis con encanto que se construiron nas leiras que hai uns anos ocupaban esa parte.
Non nos enganemos, o que máis me tirou foi a terraciña que tiña cada cuarto e as vistas á Praia de Mar de Fora. Sí, e o prezo tamén.

Unha vez alí, comprobei que acertara. Era un edificio noviño, deseñado inconfundiblemente por un arquitecto e non había restriccións de horario para o desaiuno. Por se fora pouco ó longo de toda a tarde había bizcoitos e café recén feito ó dispor dos hóspedes.

Cheguei á tardiña e ainda que a vila cambiara moito nestes anos, o novo barrio dos hoteis estaba ben sinalizado e a singularidade do edificio do meu fixo doado dar con él.

Xusto poucas horas despois de que chegara eu, fixo a súa entrada un temporal do Sur que contribuíu a darlle un toque dramático á oleaxe do Mar de Fora.

Pouco a pouco íase achegando a hora da cena e decidín baixar ata o porto para ver a posibilidade de atopar algún sitio. Tiña en mente os tradicionais; pero fun ata “Tira do Cordel” e vin que, ademáis de estar pechado, xa non era esa taberna a pe de praia que hai tempo coñecera. Así que voltei cara o porto mentres o temporal arreciaba cada vez máis. Aparquei onde quixen e ollei para un local que non existía tempo atrás, era o Restaurante Alara. Chovía arreo e o vento zarandeaba o meu coche xa parado ó carón do novo edificio da lonxa. Non lle ía dar máis voltas, total, é unha verdade inmutable que en cada viaxe que fago haberá un sitio onde van darche un navallazo na conta. Ben, esta noite xa tiña claro que o navallazo ía ser nese restaurante tan “cool” e tan “Chic” onde me dispoñía a cear.

Era o único comensal. Con todo o local tiña boa pinta, cómodo e cunha coidada restauración do edificio orixinal. A carta era normal e nada cara para o agardado ó ver a pinta exterior. A lista de viños excelente e con moi boa relación calidade/prezo.

Decidinme por un prato de peixe en caldeirada e para regalo optei por un “Terras Gauda” que ,contra o que podía supoñer, non estaba nada pasado de euriños.

Todo ía ben, a camareira amable e correcta... salvo por un detalle imperdonable para un local con esta vocación de moderno: Non se pode traer unha botella dun viño desa categoría á mesa, descorchalo e poñelo diante do comensal así sen máis.

Non, non é que eu sexa un sibarita; mais cando pides viño que non é precisamente un vulgar viño de mesa, agardo que polo menos se lle adique unha liturxia mínima. Esto é: Abrilo diante do cliente, darlle a ulir o corcho, servirlle un grolo para que aquel dé a súa aprobación; e só despois deixar a botella na mesa.

Foiche unha mácula nunha cea de sobresainte ; pero bueno ó fin é tempada baixa e eu, moito me temo, que debín de ser o único cliente da noite.

Cando cheguei de volta ó meu cuarto a noite escura e arrepiante pola surada que estaba cargando fora ainda me reservaba unha sorpresa, verás: Dispoñíame a entrar no baño cando observo polo chao da habitación e polo do baño unha pandilla de eses bichiños que saen nos lugares húmidos de debaixo das pedras, sí oh, eses que son como os trilobites.

Polo que puiden ver, saían de debaixo do zócalo e lamentablemente nen eles, nen eu dispoñíamos dunha baralla para botarlle unha brisca ou un tute.

Aló vai ó carallo todo o glamour e o “chic” do hotel con encanto!!

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2012 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal