Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Limpa, fixa e da esplendor





Mira que son vagoneto,eh.

O caso é que un día por outro … Bueno, ante todo ser agradecido e mostar ese agradeciemento a todas esas persoas que me leen regalándome anaquiños do seu preciado tempo e se toman a molestia de ver se o abaixo asinante se dignou a pasar pola páxina e escribir algo.

A todos/as eles/as moitas gracias. Sí, incluso a aqueles que habitualmente non deixan comentarios; mais , cando os deixan...ah, sonche unha moi agradable sorpresa.

Ben, paso a contarche que o outro día aproveitando un buratiño entre temporal e temporal decidín sacarlle a funda á miña “amoto” a Nosa Sra. de Volusia.

(Sí, que pasa, se B.B. King lle pon nome á súa guitarra favorita , eu non vou ser menos coa miña “amoto”).

Ben, decíache que aproveitando un claro na chuvia e no temporal que nos acompaña dende hai unhas semáns decidín salir a dar unha voltiña por mor de cargar a batería e quitarlle a ferruxe ó motor.

Arrancou á primeira!. Como se lle nota o motor noviño!!.

Saín da garaxe e encamiñeime , sen perder de vista o ceo, cara ó Sur. A miña idea inicial era a de achegarme ata a porta da Costa da Morte nunha excursión rapidiña antes de que rompera a chover de novo.

Xa estaba no paso de cebra da esquina de Honduras con G. Canaria e tocaba parar para que pasaran os rapaces que... “uuuiii!!! estou empezando a mosquearme de verdade!!!” Non van as criaturas e se poñen a bailar no medio do paso de cebra: Un pasiño para diante , dous para atrás...

Ben está eso de que “La juventud baila” ; pero, carallo , que vaian bailar a outro lado e que non me fastidien.

Bótolle cara e arranco sorteándoos como poido mentres escoito os seus berros animándome: “ Onde vas ,tolo!. Que temos preferencia nos!!” e a mellor de todas a que me adicou unha das rapazas montada nunha minisaia que estaba co grupo: “Así te exploten los güevos y te nazcan pollitos, pedazo de cabrón!”.

Ah, esa ledicia e despreocupación propias da xuventude.

Seguín cara o Monte de S. Pedro para atallar e escapar do tráfico mentres observaba polo restrovisor o role do vento e o novo rumbo que tomaban esas nubes negras do horizonte. Non ía poder chegarme ata Caión, como pensaba inicialmente; se non arriscábame a que o trebón me pillara á volta.

Acabo de deixar atrás Meicende e enfilo cara a costa de Pastoriza para colocarme detrás dun flamante Audi “S5”. Nen sequera intento adiantalo, total, penso para min, con esa máquina ha correr bastante máis que eu.

Craso error.

Iniciamos a baixada cara Suevos mentres sigo detrás do “S5” preguntándome que ten o conductor que non pasa de coarenta e ainda se permite frear nas curvas!!

Tento asomar a proa da Nosa Sra. de Volusia ; pero non che hai xeito. Sube un camión coa correspondente caravana e, teño que aguantarme detrás do extrano comportamento do “S5”. Así vou tirando ata a rotonda de Sabón cando por fin podo poñerme á súa altura e vexo ó volante unha señoriña de edade provecta aferrada a él como se lle fora a vida nelo, e coidando moito de non soltalo nen para dar a curva.

Á súa altura fágolle señas de que lle dé caña ; pero supoño que o feito de ver un moteiro ó outro lado da súa fiestra ollando para ela non contribuiu en nada a tranquilizala e darlle un chisco máis de seguridade. Alo menos eso deducín da súa cara de susto e do bandazo que deu, por fortuna contra o arcén

"Moita máquina para tan pouca pilota!!"(aquí ovación pechada dos grupos feministas presentes na sala: “porco machista, capullo, que o capen...”), penso mentres a rebaso de vez para evitar que me leve por diante cando se poña máis nervosa.

Pero, quieto parado, esto que vexo no meu casquiño son gotas de auga !.

Aló vai a miña excursión. Teño que dar a volta canto antes, a ver se con un pouco de sorte non me pilla de cheo o trebón...

Meerda!!, demasiado tarde xa. Entre a vella do “S5” e "La juventud baila" aquí me tes na recta da Refinería disfrutando do trebón de saraiba que anunciaban eses nubarróns. E ,claro é, o panatalón de augas na casa.Cagontooo...

Mañá ninguén me libra de unhas dúas horiñas de lavado, secado, abrillantado e pulido de cromados. Seguro que a do “S5” era controladora aérea... Dábamo o corpo... primeiro jódeme a ponte e agora a excursión...



Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal