Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A sopiña dos 90dB (e II)
Xa soara o despertador e Carmen agardaba abaixo por nos. Como ainda tiñamos algo de tempo propuxen como a mellor opción para o “pequeno almoço” o “Guaraní” que estaba cruzando a Avenida.

O día estaba radiante e preveíamos unha boa excursión polo Douro. Baixamos ata São Bento e no andén do especial Festa de Vendimia había un ambente impresionante.

Pronto nos acomodamos nos nosos asentos e nos aprestamos a disfrutar dunha excursión pola beira Norte do Douro ollando para as paisaxes que o río nos ofrecía. En pouco máis dunha hora xa estabamos en Régua onde se centralizaba a festa este ano. De todos os xeitos, como ainda tiñamos tempo fixemos caso da recomendación dun dos nosos compañeiros de vagón que nos insistiron en que seguiramos no tren uns minutos máis ata achegarmonos a Pinhão. A vila non tiña nada interesante salvo a enorme beleza da súa estación e os bonitos paneis de azulexo que a adornaban; así como algunha das máis antigas adegas e cepas de viño do Douro.

Tiñan razón. O pobo, ben pequeniño, recibíunos cheo de vida pola enorme cantidade de "enofílicos" que nesta fin de semán pululábamos pola zona. A estación pequeniña e coqueta era o centro do lugar ben á beira do Douro. E nos socalcos fronte á vila e por detrás das casiñas milleiros de cuidadas e ben cheas viñas prestas para a colleita.

Ainda que os plans eran seguer a festa en Régua, a beleza de Pinhão conquistounos e decidimos ficar alí a xantar nun restaurante á beira do río que tiña unha bonita terraciña sombreada por viñas. Alí disfrutamos dunha ben regada comida cun tinto do Douro que nos recomendou o homiño que nos atendeu na terraciña fronte ó río do “Segredos do Douro”. E como a hora se nos botaba enriba e tiñamos que pillar o tren de volta a Régua xa apretamos a correr cara a estación para seguirmos a festa aló. Cando chegamos xa vimos que a xente (moitos ingleses e alemáns, por certo) nos tiña tomada unha boa dianteira nos distintos postos da feira. Nos pagamos a entrada que nos daba dereito a un cataviños e aprestámonos a recuperar o tempo perdido, total non tiñamos que conducir e á volta había tempo a durmir no tren.

Un día completo. Proseguido dunha boa sesta ferroviaria e ó chegar a São Bento xa estabamos un caseque despexados. Agora cumpría cear.

Oira falar dun sitio na Travessa dos Congregados, e para aló nos fumos. Non houbo discusión dado que ata o de agora todas as miñas propostas foran acertadas. Bueno, todas... non . Esta última foi moi desafortunada. Verás, entramos na “Flor” (ese era o nome do local) e xa non había cadeiras. Tivemos que sentarnos nunhas banquetas pequenas. Pedimos bacalhao para os tres e unha botella dun Alvarinho verde que nos pareceu. Ninguén se ofreceu a recomenarnos nada.

A partir dahí todo costa abaixo. O viño totalmente quente, a comida fría, a conta escandalosa... en fin. Saimos escopetados e ainda atopamos aberto o “Novo París” (uns metros máis adiante na mesma rúa) con menos diseño e máis normaliño;pero cunha correcta cociña e o viño ben servido. Por certo á hora de pagar, moito menos prohibitivo que o anterior.

Esta noite o persoal estaba morto de cansancio así que xa non tiñan moitas gañas de marcha polo que fumos ata o Café do Progresso para tomarlle a última antes de meternos na cama.

Ó día seguinte baixamos a tomar o”pequeno almoço” ó Majestic para intentar disculparme pola metedura de pata da noite anterior na miña primeira opción para a cea. Creo que ata Antonio ficou contento. Tanto que non había quen o levantara da mesa. Mentres él seguía alí paladeando o “cimbalino” (café só no Porto. En Lisboa é unha “bica”). Eu saín a fora con Carmen para mostrarlle un pouco a Rúa Sta. Caterina e os edificios “art decó” de Passos Manuel. Ainda que nesta última xa estiveramos a nosa primeira noite na cidade, de día podían apreciar mellor a beleza dos edificios do Coliseum e do “Maos Hábitos”. Embobados como estabamos na contemplación arquitectónica non nos apercibimos que sixilosa se achegaba a nos unha velliña aparentemente inocente e doce. Digo esto, porque xusto cando estaba a poucos centímetros da miña orella soltoume cunha potencia de voz duns 90 ou máis decibelios: “uma moedinha para uma sopiiiiña!!!”.

Pensei que se derrumbara o “Majestic”con Antonio dentro. Peguei un chimpo e mentres que Carmen non paraba de rirse. A velliña (agora xa amaeazante) renqueaba cara a min coa man extendida. Eu, medio aturdido ainda, acertei a sacar do peto unha moeda dun Euro e dinlla á probe (??) velliña que se afastaba presta a lanzarse sobre unha nova víctima á que deixar xorda.

Antonio, que xa viña baixando por Passos Manuel e vira toda a operación, agarroume polo brazo mentres tentaba parar as argalladas para preguntar onde carallo estaba o hotel.

Recollimos as maletas , fumos polo coche que estaba enteiro e sen un rascazo (a pesares dos temores do Antoniño). No camiño de volta ainda paramos no Portobello en Vila Praia de Áncora para xantar e á noitiña amarramabamos no porto base de A Coruña.

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2014 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal