Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que preguiza!
Sí, que preguiza.

Levo como cousa de un par de meses embarcado noutra aventura cinematográfica, e pouco tempo tiven para adicarche.

A historia na que estou como "Screenplay adviser" hase chamar: A Momia Verde, ou a Ameaza da Momia Verde, ou A Momia Verde ataca de novo... ou aljo así.

Non está ainda decidido, e como o guión inicial non é meu se non de dous colegas (Adrián del Río e Andrea Candame) cos que estou colaborando como eso que puxen máis arriba, e que na realidade é de avogado do demo, non che podo adiantar moito máis que xa imos pola quinta versión da peza orixinal e ainda lle habemos de dar algunha voltiña para pulila máis.

Por certo, se sabes de alguén que dispoña dun Mac con programa de edición de video en HD, que saiba que será recibido no equipo como auga de Maio. É o único fleco do proxecto que ainda non temos amañado.

E xa que estou, non quero deixar pasar a ocasión sen aclararlle ó Sr. Rajoy e ó Sr. Feijoo que o feito de que non estivera en Madrid rodeando o Congreso non quere dicir (de nengunha maneira) que estea de acordo coas súas mañas de desmantelamento dos dereitos polos que os nosos/as devanceiros loitaron deixándose a pel e moitos/as a vida.

Non estiven,simplemente, porque co machetazo que vostedes lle deron ó meu soldo non me cumpría baixar a Madrid.

Pero, ollo, de eso a que me tomen por un que apoia as súas políticas (???) de recorte e exterminio da clase media do País... median uns cuantos anos luz.

En fin, supoño que os resultados que están recollendo colman todos os seus anhelos, tan só falta a pronta recuperación do NODO e do TOP.

Non, non os culpo, os galegos demostramos nas últimas eleccións que (salvo uns cuantos iluminados) están na súa maioría de acordo con re-pagar as medicinas, con que se emprobeza o esino público, a xustiza universal e a sanidade pública e todo o que vdes. propugnan.

Éche o que hai.

P.S.
Sí, xa sei o que me dixo o avó Paco o do Ferrol: "Haga como yo, no se meta en política". Pero, que lle queres...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2012 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal