Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A path tour is not a pub tour (e IV)
Despois dos miles de milleiros de “emails” que recibín para que non deixara aquí o conto (boeno, ó mellor non che foron tantos miles); teño que facer referencia ó magnífico Dpto. de alumnos extranxeiros da “Exeter University” e ós que dende a “IPC” (International Project Center) levaron adiante as actividades de ocio.

Sen eles/as e as súas múltiples propostas non teríamos tido unha estancia tan rica e variada.

A eles/as lle debemos a múltiples excursións turísticas a Plymouth, Darmouth, Dawlish cos ben bonitos percorridos pola beira Sur de Devonshire nese tren de vapor que nos levou polo que eles chaman a “Riviera Británica” ; E no Norte do condado aló por terras do Rei Artur a Tintagel (onde ainda se poden ver as ruinas do seu, según din, castelo), Boscastle co seu portiño imposible; e unha das cidades inglesas que menos inglesa parece: Bath.

En todas estas viaxes houbo un denominador común, que é a figura de Roger Watson. Un home xa cunha edade provecta e que viaxou pola maior parte do mundo gracias ó seu traballo como profe de inglés ; e que agora que xa está xubilado tornou ó seu berce e por mor de non apoltronarse ofrece o seu tempo á universidade para organizar actividades turísticas ,e teño que dicilo, amenas e moi interesantes.

Mais, non só quedaron en visitas turísticas as nosas actividades; o Dpto. Dirixido por Roger tamén nos preparou unha noite latina nun pub perto do Río Exe, e alí, a pesares do temporal que estaba descargando fora, rentabilicei (por fin) os meus dous anos de clases de salsa, cha-cha-cha, e merengue.

Sí, amiguiños, no medio dunha muchedumbre de media Europa, gracias a “Sal”, e a Helga puiden demostrar todas as miñas habilidades danzariñas, deixando o pabellón galego onde se merece. É que ademáis de “juapo” , bailo que da xenio verme.

Pero hete aquí que , uns días despois houbo outra proposta á que eu e un grupiño de alemanas , noruegos, bielorusas e algunha compatriota nos apuntamos.

Verás. No carteliño do corredor (que dito sexa de paso non se leía nada ben) ofertaban un “tour” polos locais nocturnos de Exeter , un “pub tour”,vamos.

Ou alo menos eso creía eu, e
ninguén das/dos meus colegas me desenganou.

Total que a eso das seis e media da tarde, xa ben ceadiños quedaramos na terraciña dun pub á beira do Exe no que eu, bendita inocencia, pensei que era o punto de partida para unha bonita ruta hosteleira. Ja! Ja!.

Unha vez reunidos todos/as alí, chegou Carol, a nosa guía, e aprestámonos a seguila. Encamiñouse por unha corredoira que seguí o curso do río, e eu pensei que quería escomenzar polo local máis afastado do centro para logo irse achegando.

O caso, éche que Carol seguía alegre a súa ruta mentres as miñas compatriotas non deixaban de escarallarse de risa.

Eu tentei que me informaran do cachondeo, pero non quitaba nada en limpo.

Así levabamos xa unha hora de
camiñata ( co meu consiguiente e crecente mosqueo) cando nunha conversa captada entre as colegas alemáns me entero que sí, que hai un pub ó que nos diriximos. Boeno, respiro aliviado.

Pero, caaa!! onde carallo estaría ese pub? . Xa iría por dúas horas de pateada e nada.

Achégome a Carol para que me aclarara o asunto , e a probe Carol tentando conter a risa explicame que a excursión non era un “pub tour” como eu “leera” ,se non un “path tour” de 8 millas á veira do Río Exe, e que remataba nun pub onde repoñeríamos forzas para a volta!!!

Eu, botando lume, voume para as miñas compatriotas , quenes ó verme achegar xa non poideron máis que estoupar as argalladas mentres as alcumaba cuns bonitos epítetos.

Neste medio tempo , algún alma caritativa xa se encargara de explicarlle ó grupo a miña terrible confusión co cal pasei a ser a estrela do puto “path tour”.

Cando demos chegado ó puñetero pub de fin do camiño, había preparada unha cuchipanda regada cunha cervexa local cun extrano sabor a mel. Eu, malditas as gañas que che tiña de poñerme con ese grupo de traidores/as.

Tomeille media pinta, recuperei un pouco o alento e escapei coma un foguete pola corredoira con intención de chegar a Exeter antes de que me dera por estrangular a alguén deses que se chaman amigos.

Catro horas e media (entre ida e volta) camiñando pola beira do río!! Manda carallo co "pub tour"!
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2010 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal