Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

amañecerás con ortigas "ahí"
Parece ser que a audiencia destes contos está contenta (nunha honrosa minoría) co que lee. Tal é así que unha antiga amiga chamoume onte para felicitarme e de paso suministrarme máis material.Aquí vai.
O seu nome é Ana. Traballa nun centro de primaria perto da refinería de Repsol na Coruña, e da clase, ó igual que Johnie Cas, nun primeiro.
Unha vez situados, contoche.
Na súa aula existe unha grande variedade etnica e cultural (vamos, que ten rapaces/as xitanos,árabes,colombianos,rumanos...) e polo tanto, sostén Ana, que aquelo parece unha ONU en pequeno.
Así , cando alguén lle pregunta onde traballa ela sempre contesta que é funcionaria nunha delegación da ONU en Galiza.
O outro día unha rapaciña de etnia xitana tivo un... escape líquido; e Ana viuse na obriga de chamar á casa da nena para que lle trouxeran roupa seca e así poder cambiala. Despois de varios intentos o único que sacou en limpo foi:"el teléfono móvil al que llama está apagado o fuera de cobertura".
Visto o resultado optou por poñer á nena de pe ó carón dunha fiestra por onde entraba o sol e confiar en que fose secando ó longo da mañá.
Á hora da saída , cando a nai da nena veu recollela, Ana comentoulle o sucedido e a reacción da nai...non foi o que Ana agardaba.
-Nai (léase con acento "lolailo"): Jaaaaiii mira la meoooooona, que ya es la tercera vez que me llaaaaaman. Como te vuelva a pasar voy a jaser como hiso mi papa conmiiiigo.
-Nena:Jaaaaiii mama, no pude aguantaaaaaar.
-Nai:Jaaaaaaiii así te maaaaaten. Si te vuelves a mear, te doy una hostia y te froto el shosho con ortiiiiigas!!
-Nena:Jaaaaaii la maaaaaamaa, y una mieeeeerdaa!!!
-Nai:Serás hijapuuuuta!!! (zaaaaas!!) (prometido e cumplido na súa primeira metade)
-Ana:Por favor señora non debemos caer na violencia. Non debe pegarlle á nena.
-Nai:Aaaaaiiii mira la paaaaaaayaa. Aun quiere decirme como debo educar a mi hija. Será puuuuta.
Ana:Señora, que eu a vde. non a insultei!! Un respeto.
-Nai:Un respeto dice la paaaaaya señoriiiita. Mira que como me caliente, aquí hay pa toas!!
-Nena:Dale, maaaama, dale!!
-Nai:(Zaaaaas!)pa que te calles duna vez tuuu.
Aquí xa o rebumbio era o suficientemente interesante para que entraran máis persoaxes en escea, a saber:
O xefe de estudios do centro (que tamén levou o seu), o pai da nena (que quería poñer paz e acabou polo chao), e unha parella da Garda Civil que apareceu por alí (chamada por vai ti saber quen).

Resultado:
Dous contusionados (Ana e o xefe de estudios) e os catro multados por desacato.

Que bonito é o mundo da infancia.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2006 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Entre copas
Supoño que foche a ver a película da cal tomo o título para este conto.
Ben, como xa sabes hai cousa como de catro aniños máis ou menos, que me empecei a tomar esto do mundo do viño un pouco máis en serio. Foi facer o meu primeiro curso de iniciación á enoloxía e a partires de ahí xa todo foi unha continuación.
O caso é que dese curso e á idea do profe Fernando (co cal andando o tempo descubrín que tamén me une a mesmiña aficción mariña)decidimos montar un clube de enoloxía (ou como o coñecemos entre nos un Clube de Borrachos).
As actividades consisten en reunirmonos unha vez ó mes para catar (bueno, oh, è unha maneira de falar) viños. Ben propostos por boegas que nos presentan a colleita ou ben elexidos polo profe e os membros con máis experiencia. Para elo pagamos unha moi simbólica cuota trimestral da cal tiramos para mercar as botelliñas que despois caen na xuntanza.
É de xusticia citar aquí o apoio e esponsorización da Escola de Hostelería San Xabier de aquí da Coruña, na que sempre nos reunimos e sempre somos ben recibidos.
Noutro momento , se queres , contoche algunha das que temos feitas nos distintos encontros mensuais; mais hoxe vasme deixar que desgrane a excursión que fixemos a pasada fin de semán á terra de Valdeorras invitados por dúas adegas da zona.
A viaxe, moi xuizosamente proposta polo noso presidente Paco Outeiro foi en autobús.
Neno, non quero nin pensar na cara de felicidade da patrulla de turno ó veren os numeriños do globiño nun coche,noutro,noutro...etc.se chegamos a ir nos coches de cada un.
Saímos da Coruña cediño o sábado para aproveitar ben a fin de semán. A eso da unha da tarde estabamos xa na finca de Sta. Marta para visitar a adega e pasear polas viñas recén vendimiadas.
Alí fomos agasallados e despois da cata dos viños da mesma, regaláronnos o froito dunha experiencia nova nesta adega que é a de un Mencía envellecido en barrica de carballo.
A verdade é que a cousa promete.
Tanto foi así que no xantar que nos ofreceron; o viño polo que nos decidimos a maioría foi ese Mencía ainda nonnato para o mercado.
Á tardiña tíñamos outra cita no pazo de Viñaredo onde dada a falta de luz natural a cousa ía quedar reducida a unha visita á adega ,cata e cena baile posterior dentro da sá de cubas de fermentación.
Para serche sinceiro, a maioría de nos (nenos e nenas, que de todo che hai no clube) xa nos sentíamos irmáns da humanidade, e o único que necesitabamos era un pouco de aire puro, que aquí na zona de Vilamartín de Valdeorras chegabache ben frío.
Ó chegarmos co autobús ó Pazo de Viñaredo supoño que xa debían oirnos de lonxe. Non che quero contar a esmorga que había dentro do bus.
Contodo, lamento que a grande maioría dos compinches do clube sigan sen apreciar a miña calidad vocal para o canto conceptual. Fun repetidamente impelido a que me calara!!! Podes creelo?
En Viñaredo na porta había duas rapazas de bon ver axeitadamente preparadas e que serían as guías na adega ata o momento da cata no que o enólogo da explotación sería quen nos guiase (e non só desde o punto de vista enolóxico, se non caseque ata para axudar a sentarmonos).
Unha vez finalizada a mesma, na parte alta da casa do dono da adega había preparado unha cuchipanda que xúroche que non desmerecía nada da do mediodía.
Agora,como era a cea, a cousa foi máis lixeira: Caldo, embutidos ibéricos, corzo con crema de castañas e cogumelos e de sobremesa bica de Trives. Todo elo regado co godello Viñaredo e o Mencía da casa. A estas alturas , neno, xa non sei dicirche cal Mencía era o mellor.
Mentres as dúas rapazas de bon ver que nos agasallaron estaban, como o diría, revoloteando pola mesa pendentes de que todo fose do gosto dos invitados/as.
Nesas estabamos cando vexo que Domingo (un compañeiro do clube) empeza a intentar captar a atención dunha das dúas.
Nestas, o enólogo da adega que por entonces xa falaba con todos como se fósemos xuntos á escola, se me acerca para darme un aviso a navegantes: "Ollo que están as dúas casadas e son as fillas do dono".
Eu agradezolle o aviso e levoo a un aparte para comentar (vai ti a saber qué ,do Mencía deles e o da adega da mañán).
Mentres vexo como Domingo segue a súa laboura de achegamento e a rapaza se deixa querer.
Mais a muller de Domingo, que oh casualidade, tamén viña na excursión, experimenta unha especie de reacción físico-química , non diría eu que non fora de fermentación maloláctica, e parece como que bota fume pola cachola.
Agarda, era só unha ilusión óptica. Estaba Gigirei co seu puro detrás dela fumando, oh.
Cando o enólogo decidíu que xa me explicara todo o que se podía explicar dos dous mencías salíu á terraza da casa para tomar aire , e eu mentres empecei a reflexionar sobre o destino do home no cosmos e a relación ca lírica do Arcipreste de Hita , mentres me acercaba a Estheriña para que cando a música soara estar axeitadamente perto dela.
Nesas estaba cando á carón nosa pasa Domingo ca súa pretendida conquista mentres ela lle enseñaba a foto dos seus dous rapaces e do seu santo esposo.
Neniño, ese momento.A cara de Domingo.A mirada da súa muller...
É un deses momentos que xustifican unha viaxe.Non quero extenderme en descripcións imposibeis.Prefiro ... que deixes voar a túa imaxinación.
Pouco despois un merengue empezou a soar ,e Estheriña botou man do que tiña máis perto e que lle daba aceptablemente ó da danza.
E, oe, que casualidade tu, era eu.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2006 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
O Güebmaster
Ben, a verdade é que facía algúns meses que xa non escribía por encargo.
Xa sabes, desde que deixei o proceloso mundo da radio e ós seus malpagados guións decidín escribir só porque me peta e do que me peta.
Contodo, non podo deixar de complacer , na medida das miñas probes posibilidades, a un amigo que (oh, sorpresa) me enterei de que lee este blog!!!. Sí, neno. Hai máis xente que tamén lee esto. Ah, e non o perdas. Di que ata gosta del e ata se ri!!!
Este amigo é o presidente do motoclús donde eu fun acollido como membro (como quere permanecer no economato só che direi que o seu nome empeza por I e remata por Ñaki). Ben cho sei. A miña filosofía marxista queda en entredito ("Nunca pertenecerei a un club que admita como membros a persoas coma min" G. Marx). Neno, a todo cocho lle chega o seu San Martiño, e a min chegoume...
Ben, este amigo e sorpresivo lector éche o presi do motoclús e por enriba o home é o güebmaster da páxina do devandito clube.
Ah, por certo se tes tempo e gañas miraa, está moi ben: www.mototurismocoruna.com
Teño entendido que este home traballa e ata ten moza, parella, correspondente , ou como queiras chamarlle.
Como o fai? Non o sei.
Nun principio pensei: Claro, ten moito tempo libre e así pode adicarllo a dar servicio a toda esta panda de tolos das duas rodas e a atendelos dentro e fora da rede. Pero, que va!!!
O home parece que ata ten vida privada, tu!!
Na páxina do devandito clube hai ata un foro no que eu ás veces participo con, máis ou menos ,afortunadas, intervencións.
Pero, non te creas. Ainda non os coñezo a todos/as.
Organizan saídas en grupo e, teño para mín que ata hai rapazas de bon ver pendentes de cobertura (e non me refiro precisamente á telefonía móbil).
Eu, xa me coñeces, ainda non me atrevín a plantarme nunha desas saídas.
Xa sabes. Cando saio vou ó meu ritmo e non teño que preocuparme de enlentecer a outras persoas que,podes apostar algo,van a acabar lembrandose dos meus antepasados.
As saídas son, polo que me conta Sir Henry McFerrin, moi divertidas. Xa sabes: facer km. en moto co pracer que eso conleva (tes que probalo, oh). Eu, despois de 11 anos sen catalo, ainda lembro a miña primeira saída ca miña "vintage" pola estrada de Caión. Neno, que sensación!! Só comparable a unha boa ceñida co barco ben trimado, ou a un bo polvo ca persoa axeitada.
De verdade, tes que probalo.
Despois, ó chegar a destino, unha boa cuchipanda nun lugar previamente contratado ; e volta á base.
Supoño que o fin non é o destino, se non a viaxe en si.
Ah,e por se fora pouco teño entendido que se reunen todos os venres á noitiña nun local de francachela de Cambre que leva por nome o Japidey ou Jipidey ou aljo así, tu.
Non te creas, sonche boa xente.Axúdanche e asistente nas dúbidas que teñas no desenvolvemento da afisión. Non che andan por ahi queimando rodas nen facendo falcatruadas.
E teño entendido que ata deixan paso ás vellas nos pasos de cebra.
O que ainda non consigo entender é como son capaces de erguerse os domingos á mañanciña para ir a facer km.
Oe mira que é difícil distinguir a estrada a traveso da neboa da resaca, pois estes, neno, non sei se non teran superpoderes.
Cando vaia un venres destes heime fixar. Seguriño que teñen o dedo meñique teso... sí, oh, como os invasores eses.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2006 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Un día no Museo de Belas Artes ... marciais
Onte estiven cun amigo común. Xa sabes Juanito Casado ,antigo músico de orquestra e hoxendía profe nun centro de primaria.
Segue mantendo o bo humor de sempre, máis o outro día estaba certamente desencaixado.
Contoche.
Agora está nun centro onde tenta amaestrar a tenros infantes de seis aniños nun 1º curso de primaria.
Ata aquí todo normal, a non ser porque en mala hora ocurríuselle levar a esa horda de infantes a pasar o día ó Museo de Belas Artes.
O curso de Johnie é un curso aparentemente tranquilo. A semana pasada que estiven a velo xuroche que parecían querubíns todos mirándo cara él con interés e un sorriso doce na cara.
Ben, pois amijiño, as apariencias enganan.
Según me conta a primeira xa a levou na fronte.
Natalia, unha doce neniña con gafiñas e sorriso anxelical ía sentada no autobús perto da porta e hete aquí que como no percorrido ata o museo se aburría empezou a fedellar no interruptor de apertura de emerxencia.
Juanciño non daba abasto. Andaba para adiante e para atrás polo autobús intentando manter ó persoal sentado ata que de súpeto olla cara á doce Natalia e ve como as súas manciñas arrancaran o precinto do interruptor da porta de emerxencias e aprestábanse a pulsar o maravilloso e atraente botón bermello.
E así o fixo.
Nesas o autobús ía polo Paseo Marítimo da coruña camiño ó museo e sostén Juanciño, que non se foron pola porta para fora uns cuantos de ... miragre.
Parada do autobús.Bronca a Natalia.Bronca ós que estaban prestos a saltar en marcha (Samuel,Xacobo,Cristian e Brais).
Chegada ó museo.
Juanciño sostén que os tiña avisados e que tiñan ensaiado a fila para entrar. Non dubido das súas palabras.
Parece ser que xa na entrada houbo algún malentendido;mais contodo non houbo que lamentar víctimas.
Unha vez dentro do museo a cousa non mellorou. Xa o di o Sr. Murphy. Xacobo (Mr. No)decidíu irse por libre a ver as sás con desesperación da azafata e do propio Juan. Mentres ían a por él,alguén empurra a Cristian (neniño de doce cara,e loiro cabelo)e este rebótase contra Samuel e tíralle as gafas, Brais dalle unha patada ás mesmas e cólanse debaixo dunha vitrina con arte no seu interior. O caso é que no fragor da visita mòntase unha tangana por causa das gafas,do empurrón ou non se sabe moi ben que, que fai que unha estátua esté a puntiño de rodar polo chao, unha azafata acabe cun ataque de nervos, unhas gafas medio rotas, unha mechón de loiro cabelo cheo de chicle, e o probe de Juanciño cunha perna magullada por un couce perdido de "nonsesabequen".
Ah, non che hai nada como a infancia...
Por certo, gostaría de ver por un buratiño a entrevista cos pais dos suxeitos mentres lles conta a visita ó Museo de Belas Artes... marciais.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2006 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Pedrasdeherculesvela.com (2)
O primeiro pedirche desculpas pola tardanza no segundo capítulo desta crónica mariña.
Andiven bastante liado no curro e cando chegaba á casa (xeneralmente a horas intempestivas) non me apetecía nada conectarme para seguirche contando. Bueno, eso, e que ademáis a segunda parte desta crónica pois non foi como todos a bordo desexaríamos.
Contodo, aquí vai.
O día abríu radiante pero... ca mar como un plato de aceite. Non soplaba nen unha lixeira brisa para mover as palas do anemómetro do barco.
Cando faltaban só dez minutos para a teórica saída encamiñámonos cara a zona e alí xa vimos o que ía ser a tónica. Calma total e o barco do xurado ca bandeira de aplazamento izada.
Postos así a metade da tripulación decidíu aproveitar a mañán e darse un baño. Non só a nosa metade, se non tamén a do resto dos barcos.
Mentres o venton non superaba os dous, tres nós. Para dar a saída necesitabamos alomenos seis nós. Era cousa de agardar e ver que pasaba.
Hora e media despois parecía que había un lixeiro repunte ,supoño que debido ó cambio de marea. O caso é que entablouse unha brisiña do Leste de uns sete nós e arriaron aplazamento. En dez minutos estaríamos en competición.
Todos a bordo e listos. Maior arriba e o xénova 1 na proa listo para ser izado.
Cinco minutos e a máquina fora.
Saída e nos marcando de pero ó Carpanxo. Ó fin era o rival a bater e quen nos podía dar máis guerra, xa que o pouco vento beneficiao moito pola súa lixeireza.
Eles deciden enfilar a primeira boia polo bordo de terra, e nos ó seu carón. A pesares da súa teórica velocidade non conseguía despegarse de nos.Supoño que moito o facía a cantidade de peso que deixamos no pantalán.
Vira o Carpanxo, e comenza a despegarse. Viramos nos e pouco a pouco tentamos manter a distancia sen deixar que se nos vaia moito. O resto da flota distribuiuse entre o centro da ría e o noso bordo, só que bastantes metros atrás.
Estabamos xa pertiño da boia de Mera e vemos como ou ben a nosa velocidade vai en aumento ou o Carpanxo perde potencia.
O patrón decide manter o bordo..., aquí acabamos a nosa proba. En pouco menos dun minuto estabamos flotando diante da enfilación de Mera xunto co Carpanxo no medio dunha encalmada. Mentres o resto da flota a escasos cen metros de onde nos estamos parados vai, pouco a pouco,avanzando.
A sensación a bordo é de deseperación. Tentamos trimar as velas , mover pesos da xente a bordo...nada. Estamos os dous barcos nun pozo de vento.
Sabes ben o que é esto.
Esta vez foron seis horas alí, parados os dous barcos e por riba vendo como o resto da flota entraba en tempo na meta.É verdade, a velocidade caseque de caracol...;pero entraba.
Por radio oímos ó Carpanxo que se retiraba dado que o seu tempo límite estaba a piques de esgotarse...
Nos, en fin, agardamos media hora máis ... e logo retirada. Máquina en marcha e volta á base cabreados,frustrados... e pensando no tremendo erro o de marcar ó noso rival e non facer a nosa proba pasando de tácticas alleas.
Ves, porque non me apetecía contarche esto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2006 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Pedrasdeherculesvela.com
Despois da axitada travesía fronte a Costa da Morte tíñamos unha cita na proba de Pedras de Hércules.
E, amijiño, había un cartel como para non perdela, mira se non:Carpancho de Xesús Pintos (campeón mundial de clase IMS), Duravit con Chuni Bermudez á caña (piloto do Brasil 1, e terceiro na Volvo Ocean Race de este ano), Portu , Donosti 1, e Dorada entre a flota do Norte que baixa ata as costas galegas para a tempada; e este ano agardou á última proba do calendario.
Co resto dos locais estabamos nos. En total 35 barcos na liña de saída e un vento suave do NE. entre 15 e 20 nós.
O primeiro día a proba tivo unha saída ,cando menos extrana.
Contoche: O barco do Comité decidíu facer literal o regulamento que di claramente que prevalecerán os sinais visuais (as bandeiriñas) sobre os sinais por radio e/ou fónicas.
E así o fixeron. Arriaron a bandeira de aplazamento e todos/as estabamos agardando que pasara o minuto de rigor para o bocinazo dos cinco minutos do sinal de preparación. Nada.
Tania que baixa a revisar a radio para ver se estamos na canle de servizo da regata. Todo OK.
E Pabliño que decide coller os prismáticos (estabamos lonxe do barco dos xuices) para ver que bandeiras estaban arriba e ve que están a punto de arriar a bandeira de preparación.
Ninguén lle dou importancia e todos/as estabamos a correr a linea de saída á espera do bocinazo da saída, cando nun momento oímos por radio:"Saída limpa!".
Neno, foi como un resorte. Todos/as nos puxemos como tolos a ceñir para non perder ainda máis tempo desta extrana saída. Ó pasar ó lado dos outros barcos da flota todos ollabamos extranados e preguntando se alguén ouvira algo. Nada.
Xavier , cun mosqueo considerable, baixa á radio e posto á fala co Comité lembranlle o regulamento e as bandeiras de sinais... o cal, meu amijiño, imposibilitaba calqueira solicitude de protesta.
Ben, a proba foi tranquila, nos adicamonos a marcar de perto ó "Carpancho" que era o que máis nos podía fundir na clasificación e ó longo das 13 millas do percorrido pola ría alternamos posicións na cabeza do pelotón de cinco barcos que íamos despegados do resto da flota.
Todo ía sucedendo sen sobresaltos ata que na última virada da boia de Oza eles tiveron un lío co spí e ahí nos comenzamos a despegarnos. Pouco a pouco fumos tomando distancia a pesares de ir cun xénova 1 e teóricamente con menos velocidade que eles, mais no certo era que a cada metro íamoslle quitando segundos; e xa na virada da Guisanda levamoslle 14 minutos.
Todo foi mellor do que nunca houberamos pensado.
Cando nos deron o bocinazo de chegada medimoslle ó "Carpancho" 17 minutos. Ninguén a bordo nolo creíamos.
O "Carpancho", campeón de mundo, e nos uns aficcionadiños meténdolles 17 minutos.
Moi mal se nos tiña que dar a proba de mañán para perder a ventaxa conseguida.
Os sorrisos a bordo eran continuos e todo o mundo parecía cheo de enerxía a pesares das cinco horas de competición.
Xa no pantalán tentamos de cumprir a tradición mariñeira que manda tirar ó patrón á agua. Digo tentamos porque Xulián ten unha emvergadura que fai que o penses; contodo fumos a por él e por pouquiño non acabamos todos na auga.
Por fortuna, nestas lides máis vale maña que forza.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2006 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal