Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unforgettable
Podería calificar estes meses pasados de moitas maneiras; pero a que da título a este texto ben pode valer.

A día de hoxe ainda non hai dúas semáns que podo, de novo, camiñar sen muletas.

Non , non che foi froito dun accidente marítimo nen nada que se lle pareza. Foi simplemente unha estúpida caida no curro que deu como resultado un par de fracturas e unha luxación. Todas elas no pé esquerdo.

Ainda que as fracturas non levaron moita historia e en poucas semáns estaban listas, a luxación precisou de paso polo quirófano, e posterior longa e pesada rehabilitación.

Como queira que nos hospitais da miña cidade ainda están ó outro lado da fenda dixital non dispoñía de wi-fi; e como vivo nun edificio sen ascensor vinme na obriga de exiliarme na casa que a miña familia ten no monte (aquí debería de poñer: campo e seguro que a casa se revalorizaba) a media hora da cidade en tempo; pero a moito máis en dotación tecnolóxica: escasa cobertura de móvil e, por suposto, carente de calqueira tipo de conexión á rede (e mira que busquei algún sinal wi-fi que levarme ó portatil... nada). Que martirio para un urbanita coma min.

Farteime de ver televisión, púxenme ó día coas miñas lecturas atrasadas e ata tiven tempo de escribir algún texto alimenticio (esto é: dos que cobro); pero non che tiña nen chisco de gañas de contarche nada porque nesas longas semáns nada pasaba na miña convalecencia salvo os roles de vento que ollaba pola miña xanela e que levaban e traían as nubes e as polas das árbores que albiscaba desde o meu posto de vixiancia. Moito me lembrei de Hitchcock e da súa “Ventana Indiscreta”.

Pero o mellor era que o meu seguro médico só estaba disposto a pagar vinte sesións de rehabilitación, co cal todas as que seguiron a ainda seguen van por conta do abaixo asinante. Se a eso engadimos os gastos do taxi dende a casa de “campo” (ata ben pouco non podía conducir); saíume un verán redondo. Agora a ver a factura do psicoanalista porque , claro, máis de dous meses sen conexión á rede seguro que ten que ter secuelas.

Ah, gracias a Cristina que cando veu verme trouxo un lápiz de memoria e tivo a xentileza de publicar o texto dos Cabos do Norte que tiña por aquí gardado; e que troquei por un par de tempadas da serie “Doctor en Alaska” que aliviaron un pouquiño a lentitude do paso das horas.

E sí, penso o mesmo ca ti: Puto governo. Putos políticos de merda que só están arruinando o País para dar de comer ós banqueiros e ás grandes fortunas con esto que eles chaman crise , e que calqueira con máis de dous dedos de fronte ve que é unha estafa monumental. Se non o digo vaime mal.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2013 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal