Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A path tour is not a pub tour (III)





Quedara de contarche algo sobre a magnífica experiencia da inmersión lingüística que recibiron varios dos nosos colegas ,e que a nos nos foi negada.

Para elo tiven que botar man das impresións alleas , pero totalmente fiables, de: Andrea, Puri, Xulio e Chelo. A todas elas , gracias.

Ainda que as familias ás que a nosa empresa destinou a estes compañeiros cobraron uns bons ingresos por facilitarlles unha auténtica “British experience” ; botando man das súas vivencias nas distintas casas onde lles tocou en sorte seren aloxados , todos/as coinciden no forte choque cultural que supuxo este encontro de civilizacións.

O peor de todo , e neso coinciden as crónicas dos catro, foron as horribles condicións hixiénicas vividas nas diferentes familias.

Se eres habitual desta páxina, xa sabes a enorme impotancia que pode ter unha ducha quente despois de uns cuantos días de travesía marítima; ben, pois os catro amigos falan por unha voz cando me contan da enorme dificultade para poder tomar unha ducha diaria nos seus respectivos fogares de acollida.

No relato dun deles (e non identificarei ó/á autor/a por petición expresa) fala de que ó terceiro día na casa coa que foi afortunado, atopouse con que fora cortada a auga da vivenda para evitar que o invitado/a seguise con ese malsán costume da ducha diaria.

Se é sabido que non hai nada mellor para a pel que o bonito e tradicional baño semanal que se leva por estas latitudes!

Noutro caso do que me falaron, a inmersión consistíu nun servicio de “aupair” no cal o/a invitada/o era conminado a participar nas labouras do fogar: limpando a casa, coidando das mascotas, cortando a herba... E aquí permíteme que faga referencia ás mascotas nas casas inglesas (léase os cans ou os gatos das familias inglesas) que , por suposto , teñen toda clase de dereitos moi por enriba dos do/a invitado/a . Tanto é así que o/a invitado/ chegou a preguntarlles pola ausencia de rapaces na casa ós seus anfitrións , e , non sei se por problemas idiomáticos ou porque realmente é así , a contestación foi: que non tiñan nenos porque os gatos eran alérxicos .
Sen comentarios.

Ah, e que non se me esqueza contarche a necesidade da bolsiña de auga quente para temperar a cama no cálido verán inglés. Encender a chimenea do cuarto nin se contemplou en nengún momento en aras de evitar un gasto innecesario.

E, que dicir da exquisitez da cociña inglesa!

Claro é que cando estás de invitado nunha casa, ainda que non te deixen ducharte a diario, ainda que teñas que sacar o can a pasear, ainda que teñas que botar unha man no xardín e na limpeza da casa; non podes por menos que ser educado e comer todo o que che poñen na mesa á hora do almorzo.

Se xa co desaiuno estiveches a piques de morrer dunha enchenta, non quero contarche como sería a cousa á hora do xantar , dada a enorme e variada exquisitez da cociña local. (Sí, adiviñaches: roast beef, patacas e col fervida...)

Nos, coitadiños, vímonos privados de todas estas xenuinas “British experiences” dado que no noso paso por “Holland Hall” tivemos que vernos na obriga de ter que ducharnos a diario, degustar unha exquisita cociña internacional(por mor da variedade de nacionalidades dos aquí aloxados), non tivemos a ledicia de cortar a herba dos xardíns da residencia, nen sacar a pasear o can. E ,como as desgracias nunca veñen soas, non tíñamos hora límite de recollida para voltar do pub.
Se acaso, a única “British experience” que viemos a diario foi a cola na barra do “Imperial”; porque sí, amiguiño, os ingleses fan cola para todo.

Podes creer que na barra do “Imperial” ou do “Cavern” ou en calqueira dos antros de perdición que frecuentamos , por moi cheos que estiveran, a xente non se agolpaba na barra para pedir a súa consumición!! Non, a xente facía escrupulosa cola e a/o barman/woman atendíaos por orden riguroso. Ah! Canto che temos que aprender no noso país onde nun local atestado de xente non hai quen poida topar un hoco na barra para pedir; e que me dis dese tempo que botas na cola e no que che da para pensar en mil e unha cousas. De ahí xurdiron pensadores tan sublimes como Carlos Marx, Benny Hill, Adam Smith... Eu , como non che teño tanta cabeciña como eles , mentres que chegaba o meu turno, só me dou para pensar se en vez dunha cervexa quente non me sería mellor e máis dixestivo un gin-tonic; e meu dito, meu feito. Oes, ben rico que estaba e ainda lle aforrei cartos!

Agora tes que desculparme. Acabo de ver a Lissa miña veciña de "Holland Hall" corsaria (é de Córcega, e de ahi o chiste fácil) e vou a ver se practico algo de inglés. O idioma,eh!.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal