Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cabo Vilano e Hansa: Unha experiencia relixiosa
Sí amijos, voltamos a outra crónica mariña,ainda que esta vez cun certo tinte místico.
Non che vou contar a proba que disputamos en Be-Go (léase con pronuncia inglesa) onde chegamos á meta proa con proa cos dous "Quebramar" á sazón campeón e subcampeón de Europa na súa categoría. A verdade é que de non meter a pata nos non nos houberan quitado eses dous segundos cos que se fixeron co primeiro e segundo posto.
Ben, unha vez pasado esto quedaba facer o transporte do barco para a súa base na Coruña e a elo nos puxemos onte venres polo serán a eso das 1600h zarpando de Be-Go rumbo N. con un bo vento do SW de uns moi sabrosos 20 nós.
Practicamente á saída da Ría xa puxemos spí e caseque non pensabamos telo que arriar.
O barco ía de maravilla e ainda que a tripulación para o transporte era moi reducida(cinco dos da tripulación habitual)xa organizaramos os turnos para a noite e todo se prometía moi ben.
Non había aviso de neboa e ainda que na predicción anunciaban chuvia e un recrudecimento das condicións ó longo da noite , se as cousas se tornaban moi mal sempre poderíamos entrar de arrivada en Fisterra ou en Portosax.
A navegación ía plácida e rápida , con algunhas planeadas de spi de ata 17 nós de velocidade e o barco respondía ás mil maravillas.
Para a cea Fran e eu preparamos uns bocatas e moito café para facer máis levadeiras as gardas.
A min e a Diego tocabanos de entrar á unha de garda e aproveitamos para ir abaixo botar unha soneada.
O descanso durou pouco. Unhas millas máis ó N. as cousas estaban poñéndose como Pemán dixera. Oes, non o vas creer, pero esta vez acertou,ti.
Aproximadamente á altura de Fisterra. Unhas 8 millas mar adentro os berros de Xulián o patrón nesa garda alertaronnos e caseque sen acabar de poñer a roupa de augas subimos rápidos a cuberta.
As condicións eran moito máis duras do que supoñíamos.
A choiva arreciaba e barría a cuberta e facía caseque imposible ver o que tiñamos por diante nosa.
O mar de fondo era cada vez máis forte e as planeadas que facíamos baixando as ondas eran ... como o diría,arrepiantes.
En mala hora ocurriuseme mirar o marcador da corredera (especie de velocímetro dos barcos) e pensei que tiña que estar estropeado.Marcaba picos de 20 nós!!!
O spí xa fora arriado mentres nos tentabamos acabar de vestirnos para sair á cuberta e agora estabamos navegando ca maior e un foque pequeno na proa. Ainda así , acadabamos velocidades de escándalo nas baixadas das ondas. Parecía que íamos nun tobogán e o que máis, o que menos temblaba de pensar que o barco se colara por ollo e non fose capaz de sair arriba de novo.
Fran colleu a caña e dispuxemonos a arriar a maior ata recoller dous rizos e así disminuir a súa superficie portante.
Moitas veces teño feito esa maniobra, e sempre en condicións difíciles, mais como esta ... non sei se o faría nunca. De noite, con mar de 4 a 6 m. chovendo e con picos do SW de 45 nós de vento.
Nesas estabamos cando pola amura de estribor vimos a luz de Vilano.
Entre todos valoramos a posibilidade de virar e entrar de arribada en Camariñas, maís co vento que tiñamos, e nas condiciós nas que víñamos , e tendo en conta a difícil entrada de Camariñas decidimos capear o temporal como poideramos.
Puxemos rumbo máis afora ata unhas 10 millas da costa para evitar que algún accidente non levara contra as pedras ou os baixos de Traba e tentamos como puidemos arriar o foque para así reducir vela.
O vento parecía como se aumentara e a noite era pechada e negra, ainda que nalgunha das baixadas do tobogán das ondas pódoche xurar que o único que vías pola popa era só unha enorme montaña de auga que te levaba surfeando...
A verdade é que se non fose de noite, con vento de 45 nós e un temporal desde de forza 7 para 8 supoño que disfrutaríamos a tope do momento.
Fran pedíu o relevo na caña. Xa non podía máis e Xulián encargouse de guiar o barco.
Eu á maior víame incapaz de levar a vela ó seu a pesares de ter tomados dous rizos.
Diego veu botarme unha man e nese momento unha onda barríu a cuberta.
Xulián ficou empotrado contra o gardamancebos da popa, Fran cun moretón no ombreiro dun golpe contra a bitacora de babor, e Diego e eu empapados de arriba abaixo e agarrados como puidemos á manivela dos "Winches" da maior.
Ó pasar a onda miramonos todos e preguntamonos se estabamos mancados.
Por fortuna o barco aguantou e nos tamén.
Nos momentos que seguiron, asemellanse máis ben a unha experiencia relixiosa. Cada un rezaba o que sabía a quen quería e tentaba manter a calma ou aljo así.
As cousas seguiron así ata Punta Nariga. Alí, e xa de madrugada, a cousa empezou a amainar e á altura de Sisargas xa só tiñamos 30 nós de vento.
Cando vimos a luz da punta S. do Golfo Artabro (sí , oh, a Torre de Hércules) respiramos.
Estabamos cansos e desfeitos, pero o barco, as velas e a tripulación enteira.
Ás sete da mañá arribabamos á Coruña e caíamos rendidos nas literas... Ben , todos non. Diego e Pablo marcharon de esmorga para celebrar que estaban vivos.
Como dicía o Guerra(o toureiro): Hai xente pa to.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2006 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
unha vintage no fin da terra
O caso é que como non tiña navejasión , pois optei por facer unha ruta motorística que me levaría ó fin do mundo. (O criminal sempre volta ó lugar do crime)
A viaxe, tranquila e boa. O xantar estupendo e ben regado. O día ideal, tanto é así que me dispuxen a darme un baño na Praia de Langosteira e despois unha reparadora sesta na area... todiña para min só!!!.
Joeee, como se pega a puñetera area no interior do casco.
Á tardiña xa cando comenzaba a refrescar, espertei, e xa non estaba só. Contodo, estaba tan agusto que se te tivera aquí, meun amigo, empaquetabate ca moto para A Coruña.
Non estaba so, dicía, a poucos metros de min yacía unha doncella ben surtida de todo e deixando que o doce sol de outono acariciara e aloumiñara a súa pel... Boteille unha ollada e dixen para min que mellor me ía agora , que logo inda ia ser peor ó facer máis frío.
Estaba xa ó lado da vintage cando a doncella se ergue e vexo que se acerca a min. (anda que si vai ser certo eso de que se liga con moto...)Eu ,nada , seguía aparellándome para a viaxe e ela vai e me pregunta se a moto é miña (algo por outra parte evidente), eu dígolle que sí ; e ela proponme que a leve a dar unha volta. Sorprendeume, mais que nada polo seu bikini vermello que lle sentaba a rachar,e tamén polo seu desparpajo agradable dito sexa de paso; pero, a ausencia dun segundo casco votoume pa atras e así llo dixen. A doncella non se amilanou e entón propuxome que lle fixera un cabaliño ca moto.
A min caseque me da a risa e xa postos así falei:

Oh, fermosa doncella que me sobrevalorades en demasía nas miñas habilidades motorísticas. De bon grado faría mil e un cabaliño para vosa mercede , mais habedes de saber que ainda que as miñas habilidades motorísticas están en proceso de crecimento, hei outras habilidades indiscutibles que gostosamente vos ofrezo: Oe, que vos parece se aproveitamos que estamos sós e botamos un polvo!!

A cara da belida doncella mudou e ofreceume ó punto unha boa hostia; mais como queira que xa tiña o casco posto optou por darme un couce na canilla dereita , que de non ser pola bota deixábame trenco para o resto do día.

Carallo para a doncella!!

Non sei, será que fun demasiado directo...?? Témome que vou ter que entrenar máis nas miñas relacións interpersonais.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2006 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Carta a Paco Vázquez Exmo. Sr. Embajador y alcalde ,que lo fue, de "Lacuruña"
AL EXCMO. SR. ALCALDE O A QUIEN CORRESPONDA:


Un servidor, Francisco H. de Miranda, mayor de edad, vecino de esta ciudad.
Hijo de Miranda y de Francisco, natural de A/La Coruña según obra en el Registro Civil.
Hoy, jueves 24 de febrero de 2005, con las fuerzas de que dispone, humildemente expone:

Que paseando el otro día por la calle de Panaderas observó que, a la altura de la iglesia de las Rdas. M. Capuchinas, se hallaba un agujero de proporciones desmesuradas.
Una sima de tal calibre que ríase su Exc.ª de la cueva de Montesinos que Cervantes cita como profundísima.
.
Sobrecogido por el espectáculo, y mientras esquivaba un gran camión que salía del agujero- procurando no colisionar con un autobús que subía en ese momento por dicha calle - , notó que, un temblor de pequeñas proporciones, seguido de una mas que mediana explosión, algo así como un barreno, provocó un sobresalto a este servidor, que lo es.
Notó, también este servidor que, al buscar apoyo en la fachada de una vivienda próxima, su mano se introducía – de forma totalmente involuntaria – por una màs que considerable grieta, antinatural a todas luces, en una casa de una calle con tanta historia de esta ciudad de la cual, tan dignamente, es su Exc.ª alcalde.

Dolorido y corrido (de vergüenza) supuso este vecino que es su deber notificar al Excmo. Ayuntamiento el asunto del agujero y demás despropósitos, habida cuenta que, es de su total convencimiento el desconocimiento por parte de el Excmo. Alcalde, o sea usted o su Exc.ª de los hechos aquí relatados.

Es deseo de este servidor, se sirva tomar medidas para poner coto a tales desmanes.
Y si no estuviera en su mano remediarlo, por lo menos, aperciba a esos gamberros (quizás retomando aquella idea del “mono” amarillo, tan criticada por otra parte de la ciudadanía).
Es gracia que espera alcanzar de esta Excma. Alcaldía y de su alcalde A. Q. D. G. M. A. (a quien Dios guarde muchos años)




P. D: Al final explico lo de A. Q. D. G. M. A, porque en este mundo de descreídos, sabe Dios como se podría interpretar esta abreviatura

P.D.2:
É evidente que tanto o nome que figura non é o do abaixo asinante; á sazón forzado a escribir en Español a fuer de ser entendido por "elseñoralcalde" de "Lacuruña".
P.D.3:
Confío en que disculparás a licencia idiomática necesaria ó caso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2006 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Hansa e o fútbol (2)
Ben, xa vexo que o amigo pelón está outra vez polos mares do Sur. Boa sorte compañeiro!
E a ti , pois que che vou dicir, estabamos xa en competición e a verdade era un gustiño para o corpo sentir o andar de este bicho e ver como seguíamos a estela do Movistar caseque igualando o seu ángulo de ceñida.
Non sei como explicar a inesquencible sensación de ir adiante e ver que os "grandes" están ahi, a uns escasos metros da túa proa.
O caso é que estabamos marcando moi de cerca ó Movistar e os nosos movimentos máis que a acadar maior velocidade eran meramente tacticos. Mira ti, como ía a cousa que a unha orde do patrón, Xulián, todos ocupabamos os postos de maniobra para arremedar unha virada con intención de despistalos e gañarlles o bordo. Por sorte para eles , Pedro Campos é can vello e non entraba fácilmente ó trapo.
Así estivemos durante a primeira parte da proba: eles viraban, nos virabamos; eles abrían rumbo, nos abríamos; etc, etc. A cousa foi ben ata a última boia. Alí o vento caeu e a lóxica acabou impoñendose en forma de menos peso do Movistar.
A baixada ata a meta, foi toda de spí e alí nos non tiñamos nada que facer. O noso peso penalizábanos en demasía , mais contodo só nos quitaron 11 minutos de diferencia , e se temos en conta que nos lle levamos ó resto da flota 32 minutos , a celebración unha vez en porto foi por todo o alto.
A dicir verdade o que nos vira desde os baretos do porto non sabería de certo se foramos os gañadores da proba. Era tal a esmorga que montamos unha vez amarrados que ninguén o dubidaría.
Neno, ata tentamos seguir ca tradición mariñeira de tirar pola borda ó patrón; pero ,claro, non contamos ca corpulencia de Xulián. Ó final os que o intentamos acabamos na auga mentres él ría a argalladas e nos tiraba un cabo para subirmonos de novo a bordo.

Ah, xa é un feito comprobado: Nos campos de fútbol non hai vida intelixente.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2006 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
O Hansa e o fútbol (1)
A verdade é que estou bastante vagoneto. Sí recoñezoo.
O meu pase á vela semiprofesional é moi canso e ,a verdade, cando chego á casa só me apetece unha ducha e dormir.
Ben, amijiño, o Hansa é outro mundo. Xa che dixen no anterior capítulo que era un barco enorme e , claro, todo vai en sintonía: velas grandes, cabos grandes, winches grandes, etc.
Cando cheguei o primeiro día abordo en Sanxenxo para facer dúas das etapas da Audi prometíamas moi felices e como mariñeiro experimentado púxenme ó pao con intención de subir a maior eu soiño.
Mirei cara o resto da tripulación e vin como un a modo de sorriso de "anda co novato".
Ó cabo de vinte minutos e cando xa supoñía toda a maior arriba, e eu xa botaba os fígados pola boca, miro e non fora quen de chegar co puño de driza á primeira cruceta!!!.
Meu Deus!, con razón rían. Fran, o segundo de abordo, acercouse e sorrindo díxome que fora un bon intento... pero que aquí todo é ó grande e por tanto é máis que nunca laboura de equipo.
Claro, ti, unha vez arriba (subímola entre 3)a maior vin claro de que falaba:210 metros cadrados de mylar e pentex que daban sombra a toda a cuberta e parte do barquiño que tíñamos ó lado.
Aprendín.
Preparamonos para a presaída e dun tambucho que hai en proa os proas (aquí hai 2) aprestáronse a sacar un xénova , tamén xigantesco. É curioso, pero aquí ata hai pañol para as velas.
Contodo vin que o barco estaba alixeirado para a proba. No pantalán deixamos dous áncoras xigantescas, velas varias e todo o peso superfluo que podería mermar as prestacións de este bicho que a poucos minutos estaría codeándose co Movistar e marcándoo mentres o resto da flota de 48 barcos se distanciaban pola nosa popa cada vez máis.
Unha vez dada a saída na que non nos apuramos demasiado dada a potencia das nosas velas, vin claro a capacidade deste peixe. Diante nosa só o Movistar, e nos a poucos metros marcándoo de moi perto.
Era impresionante ver a velocidade que acadábamos e sentir o ruxir das escotas cada vez que os dous trimmers de maior facían algún axuste.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2006 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal