Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A marca "Costa da Morte" revisitada (II)
Xa sabes o dito: “Never rained that will not clear”

E ó día seguinte clareou. Así que decidín sair a dar unha voltiña polo novo bairro da vila. Empecei o paseo bordeando a Praia de Mar de Fora.

Atopei dous dos novos hoteliños con encanto, un deles moi ben situado e cunhas vistas de impresión sobre a vila e a entrada da Ría de Corcubión don Ézaro ó fondo. E seguindo o camiño din cunha casiña das novas da bisbarra anunciando clases de Francés, Inglés e Sueco!!. Carallo como cambiou a vila.

Seguín a senda e baixei ata a praia. Alí descansei un bo cachiño disfrutando do rumor das ondas e da paz dunha praia no inverno.

Sonche moito de longos paseos polas praias no inverno. Sempre hai na area restos dos temporais e unha paz especial que prace ó espìritu.

Como o que me sobraba era tempo, pouco despois arranquei pola beiriña do mar cara a vila para ver o edificio da nova lonxa (sí, un deses edificios feitos para maior gloria do arquitecto que o deseñou), e tomarlle unha auga no Bar Atalaia (o bar máis auténtico de Fisterra).

Non me apetecía voltar a polo coche, así que decidín seguir camiñando pola estradiña do faro. Baixei ata o camposanto vacío que está na falda do Monte de San Guillerme, e desde o que podes disfrutar dunhas inmellorables vistas da Ría e de Praia de Carnota. Non sei se algún día será útil este belísimo camposanto; pero polo de agora (e xa leva aniños acabado) só sirve para ser disfrutado polos turistas e ata fai ben pouco por un ocupa que vivía nun dos seus nichos. Lamentablemente unha reportaxe en prensa sobre a súa vida levantou a lebre e fixo que as “autoridades” o desaloxaran da súa vivenda con vistas.

Continuei camiño cara o faro e atopei todo cambiado. Polo de pronto a prohibición de acceso dos coches á explanada do mesmo e a restauración do edificio do Semáforo agora convertido nun hotel e restaurante. Entrei para ver o resultado da obra e, como sempre, é unha desas obras nas que o arquitecto que a deseñou nunca vai a habitar nela.Deus que incomodidade a das banquetas do bar e que desanxelado todo. Supoño que no proxecto debeu de xustificar estas merdas con profundos argumentos filosóficos sobre as formas e os volumes; mais , a bon seguro, nunca habitou unha das súas obras cheas de cubos aburridos, pouco funcionais e incómodos.

Baixei á explanada do faro e alí fun recibido cunha bonita exposición de murais feitos coa técnica do “trancadís”. Explaiados por alí máis mostras dos bancos de deseño do mesmo arquitecto que fixo o proxecto de rehabilitación do Semáforo, e igual de incómodos.

Como queira que vin o edificio do faro aberto (cousa rara, porque suelen estar pechados a cal e canto evitando unha fonte de ingresos que os visitantes poderían disfrutar e a administración aproveitar); entrei a ver que ofrecían.

Mal. Nada máis entrar xa che daban nos ollos unha recua de prohibicións, a saber: Non hai baños, non se pode subir á torre, non facer fotos.

Joeer, só lle falta dicir: Os turistas non son benvidos!.

E logo a rapaciña que estaba atendendo a exposición (que non tiña nada que ver co faro nen coa vila de Fisterra) cando teña un apretón irá de campo como as diversas prohibicións recomendan ós malvidos visitantes?

Por favor, esa non é maneira de atraer visitas nen de vender a marca Costa da Morte.

É que a Autoridade Portuaria da Coruña (actual titula da xestión de todos os faros da Costa da Morte) non ten outra cousa mellor que poñer atrancos á riada de turistas que ,a pesares de todo, se achegan a esta zona; en vez de facilitar e agradecer a súa visita , por exemplo abrindo as instalacións dos magníficos faros da zona?

Non sei porque me da que clamo en deserto.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal