Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A guillotina
Esta vez, vasme perdoar,mais non podo tentar arrancarte un sorriso como suele ser o meu obxectivo.
Acabo de vir do enterro dun colega e amigo moteiro.
Disfrutaba coma min, coma outros dos paseos en moto.
Non gostaba de filigranas ,nen aceleróns macarras, nen falcatrudas desas. Semplesmente gozaba da moto e das viaxes a ritmo tranquilo.
Desafortunadamente na volta á casa dun deses paseos unha mancha de aceite nunha curva fixo que se fose ó chao.
A caida á velocidade que ía (totalmente legal) non tería máis consecuencias que unhos arañazos no carenado da súa moto e un arrastrón polo asfalto... por desgraza non acabou así.
No exterior da curva había un gardarail asasino. Alí acabou a súa vida.
O gardarail, como tantos outros nas nosas estradas, non tiña nengún tipo de protección nos seus soportes , e un deles actuou como eficaz guillotina contra seu corpo.
Era un home bo (sí xa sei que igoal dirán de min cando me toque)e feliz ca súa nova moto, ca cal disfurtaba sempre que podía dando paseos á carón do mar.
Sempre á velocidade legal. "Se caio o chasis son eu, así que mellor devagariño..." era a súa frase cando o adiantaban outros con máis presa e moitas "R" no seu modelo de moto.
Agora, estará paseando nunha estrada sen gardarais asasinos, como as que algún día haberá tamén ó noso alcance.
Supoño que moitos/as dos/as que leedes estes sinxelos artigos nunca vos parachedes a pensar no perigoso dos gardarais para os ciclistas e os motoristas...
Ogallá que este pequeno texto de lembranza dun amigo vos faga pararvos a reflexionar ;e a darnos o apoio que necesitamos cando nos manifestamos en contra dos asasinos das curvas.
Co fácil que sería , coño... Cuns simples neumáticos vellos..., cantas vidas se salvarían...
Pero , bueno, eso ás nosas atentas autoridades de Tráfico, tráelles sen coidado.
Ó fin , o importante é que pagues nas peaxes dos rádares.

Para ver:
http://www.youtube.com/watch?v=L2DIugl-gdM
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2007 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un día nas rebaixas (e 2)
Ben , supoño que a estas alturas e ca que está caendo, xa nin te lembrarás da anterior carta na que che contaba como sobrevivir a un día nas rebaixas, e para máis Inri no extranxeiro.
Para facer memoria direiche que estabamos sendo desaloxados dos probadores da planta de oportunidades de Pirinees (sí, eso mesmo a terceira) polo servicio interno de seguridade dos almacéns , por mor dun regueiro (que ó meu parecer era sangue, ou se lle parecía moito).
Xùroche , que nese momento o que menos me importaba era estar alí diante de A V en gallumbos…, entre outras cousas , porque ela estaba nunha especie de , como o diría, neglillé ou según souben un pouco despois :”combinación” . A verdade é que eu ó vela así , pensei por un intre en que toleara. Ela , sempre tan recatada e veladora das virtudes e os bos costumes, vestida á última con transparencias que deixaban entrever, eso sí, as súas inevitables medias de cuello vuelto e os seus famosos suxeitadores acorazados; pero non, por fortuna o mundo occidental estaba a salvo. Non se trataba dunha descocada transparencia, era unha enagua de corpo enteiro (creo que se chaman combinacións… tamén manda Karl Alho co nome…). E , eu , xa me coñeces, non puiden aguantar máis. No medio da situación, que todos supoñíamos , de tipo criminal, deume o ataque de risa tonta mentres A V me explicaba os pormenores do seu informal atuendo…
Nesas estabamos , cando por unha fiestra da cafetería da planta baixa (onde nos concentraran a todos os de seguridade) vemos chegar á policía que de seguido se desplegou e acordonou o edificio. E claro, ca policía tamén chegaron os periodistas de sucesos… , e alí me tes a mín tentando tapar o modeliño de A V , que presa dun ataque de pudor o único que lle preocupaba era que non se lle vise a cara, e que non se soubese quen era … por mor dos programas de “zapping”.
Non fora a ser o demo que aparecera na Telegaita e se vira na obliga de marchar da vila onde residía desde que enviuvara…
Tiña o seu lado divertido , non vaias a creer. Pero o mellor ainda estaba por chegar.
No medio do rebumbio, vemos polas escaleiras mecánicas caer outro regueiro de ese líquido que podería xurarche que nese momento era sangue…, e poucos metros máis arriba unha bolsa de plástico pegada a unha señoriña que no seu tempo foi “pubilla” (xa sabes, así é como chaman en Andorra ás mozas casadeiras), pero que agora , como diría Carmiña de Hilario : “Leía polo pasado”.
O caso, meu amigo, é que da devandita bolsa chorreaba ese líquido parduzco e por tanto enzoufaba todo por onde pasaba.
As forzas do orde puxéronse alerta e rodearon á probe da señoriña, quen morta de medo soltou a bosa no chan , e veuse impelida polos valerosos axentes a abrila, para ver, eso agardábamos todos, os restos do cadaver que a velliña transportaba dulcemente descuartizado.
E, sí home sí, levaba un cadaver. Un cadaver de carneiro que horas atrás estivo conxelado; pero que por mor da forte calefacción que sempre hai en estos sitios, e por mor das máis de tres horas que a señoriña levaba probando e escollendo roupa na planta de oportunidades de Pirinees (el seu magatzens a Andorra) (ou algo así).
O caso, neniño, é que o cadaver descuartizado, e por tanto o sangue proviña do lóxico proceso de desconxelación ó que o probe animal foi sometido…
Eu, non puiden máis, apretei a correr cara o baño máis cercano , porque entre a “combinación” de A V e o carneiro desconxelado e a cara dos valerosos axentes… pois, que queres, a pròstata non perdoa, e estaba ,tu , que mexaba por min… de xeito textual.
Unhos minutos máis tarde, e xa reposto diste acceso prostático, acompañei a A V de volta ó probador para que velozmente recuperara o seu pudoroso estado natural, ca promesa de non contar nada de esto á volta , e tentando refrenar as súas ganas de montar un escándalo no Servei de atenció al client (ou así). Con pouco éxito teño que confesarcho. Bueno, pouco para min, porque para ela foi macanudo, tu, conseguíu que lle deran un vale compra polas molestias causadas, e ainda por riba , a moi … tiña máis que dicir.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2007 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Un día nas rebaixas (1)
Supoño que a estas alturas xa non contabas con que me lembraría do encargo que recibín hai algunhas semáns sobre as rebaixas.

Aaaai! Que pouca fe teñen algúns.

A empresa na que traballo decidíu, como caseque todos os anos por estas datas, levar a un grupo de clientes á neve. Aquí é onde entro eu. O noso amado e nunca ben ponderado xefe convocounos a unha xuntanza das que acostuma os Luns á tardiña e puxo sobre a mesa a necesidade de que ,alomenos tres de nos, acompañaramos a coarenta dos nosos clientes a disfrutar das ledicias do “real” deporte blanco. A idea era trasladar ós clientes e a tres de nos en autobús ata Andorra durante unha semán e que alí aprenderan a deslizarse polo monte abaixo calzados cunhas botas de tortura malaia firmemente enganchadas a unhas tabliñas que, para que sexa ainda máis divertido, se enceran previamente a fin de facilitar o seu deslizamento pola capa de neve que cubre a ladeira do monte por onde se tiran estes tolos.
Tal é a definición que fixo do eski a miña compañeira Ana Villar (a quen dende agora neste documento chamaremos A.V. , a fin de preservar o seu anonimato, por razóns que pronto coñecerás).
Pero, non adiantemos acontecimentos, estabamos na reunión dese Luns e cando o noso amado xefe pedíu voluntarios/as para a excursión , a todos/as nos entrou un repentino interese pola estructura molecular da pintura do teito da sá.
Todo ia ben, ata que AV abríu a súa boquiña de piñon para lembrarlle á concurrencia que eu non só coñecía sobradamente Andorra , se non que skiaba dende o ano 94, e proba delo eran as escaiolas da baixa do ano 94,95 e 98. (Viva la mamma que la parió, pensei eu).
A partir de ahí, meu amigo, xa podes imaxinar o resto, un sonoro respiro dos compoñentes/as da reunión e botar a sortes quen ían ser os outros/as dous/as pringados/as que me acompañarían…. Amigo meu , se non existe Deus pouco lle ha faltar. Quixo a sorte que o palillo máis pequeno correspondera a AV e a Carmen Alvarez (a quen dende agora e neste documento chamaremos CA , para preservar o seu anonimato). Nese momento, a miña congoja deu paso a unha sonora risotada ó ver que a lingua veloz de AV levaba o seu xusto pago.
Total, que unha semán máis tarde, alí estabamos os tres ás seis da mañá agardando ós clientes que pronto se acomodarían connosco no autobús camiño do Leste.
As detalles da viaxe… pois caseque as obvio. AV roncando a +_ 90 dB. , a película insufrible do autobusero. As paradas a mexar no medio da nada de Castela, o frío da noite, as preceptivas paradas cada duas horas para o descanso do conductor (que supoñemos que agruparía para facelas todas dun golpe), etc. etc. e a eso das once da noite xa por fin cheiramos o frío aire de Seu d’urgell, mentres eu estaba intentando que o conductor non tirara cara a Barcelona na glorieta da C-1313.
Unha hora máis tarde estabamos acomodando a clientela no magnifico Hotel Pere D’urc de Escaldes. Por suposto, a cea non estaba incluida o primeiro día, e como esto é Europa, pois… ponte a buscar onde cear ás doce da noite en Escaldes ou en Andorra la Vella … Menos mal que ainda quedaban galletas da merenda “on the road…”
E aquí vamoooos!!
Como diría J.L. Guerra, eran las seis de la mañana, e xuroche que non vin nin seminaristas nen obreiros, só tolos como nos que se encamiñaban ó restaurante para o almorzo. AV e CA non sabían esta segunda parte da excursión á neve… Elas , coitadiñas, pensaban que sería unha semán aceptablemente tranquila e que de paso aprenderían a eskiar algo… , pero claro nin imaxinaban que había que erguerse entre as seis e as sete da mañá para chegar ás pistas ás nove e escomenzar as clases ás dez da mañá.
É curioso, agora o que reía era eu…jejeje… , pero o mellor , meu amigo, ainda non chegara.
Ás nove e cinco aparcaba o noso bus no aparcadoiro de Soldeu el Tarter , e eu me aprestaba xunto con AV e CA a botar unha man ós clientes/as que o necesitaban cas botas, as tablas ou os bastóns, pero cal non sería a miña sorpresa cando vin a AV ca súa habitual vestimenta (xa a coñeces: falda negra con catro ou cinco enaguas, pano á cabeza , medias de lana tupida… en fin como dicirche…auténtica) e collendo o camiño da tenda para alugar o equipo de eski.
Eu, encamiñeime ó telesilla para acompañar ós clientes menos duchos (a maioría primeirizos) e ó cabo dun cachiño sufrín unha das probas máis fortes que un home pode pasar nesta situación: Alí estaba AV ca súa toca, a súa falda negra, as súas medias tupidas e o seu pano á cabeza… e cas botas de eski calzadas. En mala hora ocurriuseme suxerirlle que porque non mercaba un pantalón impermeable por aquelo da comodidade… Meu neno, tildoume de sátiro para arriba. Ela era unha muller de vergoña , e desde que quedou viuva do seu Ramón nunca quitara o loito nin na súa vida puxera pantalóns…
Á media hora estabamos xa arriba diante da escola de eski . Os clientes escachados de risa. Os monitores da estación pensando si seríamos dunha secta ou algo, e CA e eu intentando poñer orden naquel rebumbio e tentando, ó tempo, non perder a compostura e aguantando a risa.
Os monitores separaronos por grupos segundo o noso nivel de eski e eu… ás veces , recoñezoo, son un pouco malo, finxín un pouquiño, e deu a casualidade de que me tocou no mesmo grupo que AV.
Era todo un espectáculo ver a AV facendo a cuña , e ó final da clase xa medio deslizándose pola suave pendiente da pista da Escola ca sua falda, as súas enaguas e o seu pano ó vento.
Sintoo, pero, eu ahí non puiden máis… soltei as fixacións, abrín as botas e empecei a pedalear a canto daba cara o baño de cabaleiros… Lóxico, tanto riso, a próstata, en fin.
Así pasaron, meu amigo os dous primeiros días, e ó terceiro ata outros turistas e outros monitores viñan a facerse fotos con AV. Manda Karl Alho!!.
Pero, claro, non todo ía ser eski, e atender á clientela que estaba disfrutando a cachón.
En Andorra tamén había rebaixas.
A eso das cinco da tarde, cando baixabamos das pistas, querían coñecer o País ,e por suposto: Pirinees, Andorra2000, Escala, Punt de Trobada … á sazón todos eles grandes almacéns (curiosamente propiedade de galegos emigrantes), e aló nos fumos de compras. A verdade é que me traía ó fresco o asunto, e ben prefiriría estar relaxándome en Caldea nun jacuzzi, mentres a neve caía sobre a miña cabeza; pero non, había que aproveitar as rebaixas, e claro , podes apostar o pescozo a que seguro que atopaban algo para min…
Home claro, xa coñeces a AV… sí que había algo para min. Unhos horribles chándales co moneco de Shinchán (ou como carallo se diga) a moi bon precio. Eu resistinme, non creas, pero AV , esta vez secundada por CA , non cexaron ata meterme nun probador con catro chándales de hipermega oferta… e nesas estaba, (ás veces a convivencia é moi dura, e os homes sufrimos en silencio), cando de súpeto no probador a carón do meu ouvín uns berros que se extenden por toda a planta… Saio a todo correr do meu cubil … en gallumbos.(O puto Shinchán non me entraba nin de coña… só fabricaban tallas pequenas… e eu nunha 42 pois…casequenon…) e cal non sería a miña sorpresa e horror cando vexo sair de debaixo da porta do probador do lado un regueiro como de sangue, e unha manada de maruxas aboríxenes e extranxeiras berrando como poseidas… Amigo meu , paque te vou a enganar… un escalofrío recorreume o lombo…e unha opresión apretou o meu cuello…

To be continued
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2007 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Noitevella 2006/07
Xa sabes que non son moi afeizoado a saires de marcha en noitevella; contodo esta era unha invitación do armador e esa, é unha invitación que non convén rechazar.
Ben, a cousa era quedar despois da cea a eso da unha e media da mañán no pazo que os armadores teñen nas aforas da Coruña ó outro lado da ría.
Íamos estar toda a noite na festa e polo que se nos dixo ata teríamos camas e cuartos dispoñibles por se algún/a quería quedarse a dormila á mañán seguinte.
A eso das dúas chamei un taxi para ir ata o lugar. Non quería que por mor dunha copa de máis os amables axentes da axencia tributaria me retiraran o carnet outra vez. Cando cheguei á porta do amplo xardín do pazo xa a música se oía dende a porta e ó lonxe veíase a esmorga de todo o persoal.
A festa, non che dixen, era para toda a tripulación do Hansa,tanto da actual titular como da que ó longo da tempada figurou en plantilla.
Oe, non pensaba que habería tanta xente. Do que sí me din conta deseguida era de que non ía axeitadamente vestido.
Cando cheguei á porta do pazo o que meus ollos viron foi arrepiante.
O persoal andaba todo espallado polo recibidor e un enorme salón que estaba á dereita entrando e que, despois me enteraría, daba directamente ó xardín e cunhas impresionantes vistas da bahía.
Alí estaba todo o persoal co que navego últimamente; mais non no seu estado habitual.
Os dous armadores ficaban nun cuarto cercano aferrados a dous micros dun karaoke, mentres eran xaleados por varias rapazas noviñas ás que na vida tivera visto. Andando a noite entereime que unha delas era a moza actual dun dos armadores e as súas alegres amigas. No salón principal había unha especie de barra montada polo servicio de catering que para a ocasión os propietarios da casa dispuxeran. Por suposto, barra libre.
Á miña chegada había unha conga montada que para que che conto.Caseque non me deron tempo a quitarme o abrigo e xa estaba enganchado á cintura dunha rapaza que tiña un aire ca nosa “piano”, pero non podía ser. Ela habitualmente sempre tan recatada, non podía ser. A rapaza á que me agarraron levaba as bragas por fora do pantalón e un bonito suxeitador de encaixe... atado á cabeza!!!
Ó finalizar a conga. Para ser exactos,cando puiden zafarme da conga comprobei horrorizado que sí, que era ela co suxeitador na cabeza!!!
Pero, neniño, a noite non acababa máis que empezar. As sorpresas que me agardaban nesta,poderíamos chamarlle festa, eran múltiples e diversas.
Necesitaba empezar a beber con urxencia para poder superar o que estaban vendo os meus ollos.
Cando conseguín acodarme á barra puiden ver o calibre do que había entre as provisións: champagne Mumm e Moet Chandon, Whiskey McCallan de doce anos, etc,etc. Neniño alí podías empiparte pero ó grande, eh.
Ó pouco empecei a ver pasar ante min ó persoal do barco... dun xeito, irrepetible. O noso táctico (home serio e ponderado onde os haxa) paseaba ben amarradiño a unha das “trimmers” de xénova (muller esta, en circunstancias náuticas, moi pouco receptiva), e lucía por fora do pantalón uns gallumbos vermellos.
Aiii, amijiño, esto non era o peor.
A todo esto eu xa tomara a decisión dura, pero drástica de comenzar a beber ó fin de integrarme ou de perder a consciencia ante o que estaba a ver. O que ocurrira primeiro.
Xa ca meu vasiño cheo e integrado (máis ou menos) encamiñeime cara a balconada que da ó xardín e o que viron estes olliños que se ha de comer a terra non é para contar. Alí estaban os nosos dous “topos” e o noso navegante. Por suposto todos ataviados cos consabidos gallumbos vermellos e facendolle extranas confidencias a unha reproducción da Victoria de Samotracia que hai no xardín. O noso navegante (home frío e afeito ós cálculos de derrotas e rumbos) lucía na súa abundante cabeleira gris un bonito e aparente ramallo de claveles vermellos atados con cinta aillante.
Sí, se tivera bebido máis pensaría que era producto da melopea; pero, neno, a pesares da intensidade e variedade das miñas libacións había unha especie de extrana conxunciòn astral ou epática e non daba perdido a consciencia e nen sequera me daba por reir. Sí, oh, xa sabes que cando me achispo un pouco empezo a rir so.
Decidín pasear a miña mirada polo salón do karaoke e alí estaba parte do persoal de proa xunto co staff da casa e as alegres amigas. Se che son sincero, dos amijiños de proa nada me sorprende. Eu mesmo estiven facendo a proa durante tres anos e sei de que falo, e que clase de persoal nos xuntamos na proa. Alí estaban todos facendo unha especie de festival de karaoke con cancións da tunaaaa!!!!. Sí, horrible, estonteante.
Eu seguía na miña teima estéril de tentar perder a conciencia . Todo inútil.
Ainda non vira todo. Claro, tanto trasegar, tiven que moverme na procura dun baño e xúroche que vin cousas que non creerías, e que a miña discrección me impide contarche. Só che direi que ten que ver con dúas tripulantes (femeninas) da tempada pasada nun cuarto que estaba ó lado do baño da primeira planta. Foi ... como o diría, moi bonito, ata que lles vin as caras ...
Tiña que perder a conciencia como fora. Non che sei que podía estarme pasando. En circunstancias normais xa facía un bo pedazo que debería estar escarallándome de risa e xa ata tería pasado á etapa de caer totalmente durmido en calqueira esquina; mais hoxe, tu non había maneira.
Maldita conxunción epático-planetaria!!!
Porque claro, ponte no meu lugar. O vindeiro día de reices voltábamos todos/as á rutina dos entrenamentos ...,e , neno, como coño lle ía mirar á cara ó noso táctico sen escarallarme.Cando o noso navegante nos pasase datos de rumbo e previsións de vento como coño lle ía creer? E o que é peor , cando vira á algunha das nosas tripulantes ...como ía ser capaz de vela como unha tripulante e non como unha muller co suxeitador atado ó cuello.Era terrible.
A miña mente non deixaba de debullar mentres que non deixaba de trasegar o que pillaba por diante.
A noite , bueno, a madrugada ía avanzando e había xa algún e algunha entrando na etapa do amor mundial e outros na etapa dos cánticos rexionais. Eu, neniño, sobrio como unha pedra. É algo inexplicalbe, seino, e desde aquí emplazo a Punset o de “Redes” para que o investigue.
A eso das sete da mañán o servicio de catering xa se aprestou a preparar un reconfortante chocolate con churros feito alí mesmo nunha especie de cociña de campaña. E eu, nada tu. Totalmente lúcido e sobrio. Manda Carallo!!!
Poucos éramos os que ainda estabamos en pe para tomar os churros. Eu, algún dos camareiros e algunha das amigas do táctico. Lóxicamente sobraron churros e chocolate. Curiosamente as existencias alcohólicas foron todas consumidas. Mira ti, oh.
Eu, alucinado do extrano fenómeno do que fun protagonista ó longo desta noite encamiñeime cara a porta do xardín do pazo e tentei, en vano, chamar un taxi para a volta á casa. Nada tu. Ou ben estaban todos durmíndoa ou ben estaban todos ocupados. Ía dispoñerme a camiñar ata a aldea cercana cando dende a casa oín a voz da nosa “trimmer” de xénova que me chamaba a berros: “Bedroooooo”, “non de vaias ainda oh...., ven e domas unha conmigooo”.
E claro para alá fun.Que queres , un é un cabaleiro e nunca abandona unha dama en apuros.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2007 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal