Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Val das Almas (I)

Sí, amiguiños e amiguiñas, xa estamos de novo aquí.
O meu Pentium 100 sigue tirando como un auténtico "Vintage" da informática ,e non o vas creer, pero ó final tiven que argallarme eu para quitar a mancha do fregadeiro... que país máis pouco formal,tu.
Boeno, agora deixote co primeiro capítulo de: "O Val das Almas"



Ainda que xa tiña ido a algunha concentración moteira desas grandes, todo o mundo me recomendaba ir á do Algarve. Sí, oh, a que se celebra no medio do verán no Val das Almas (Faro).
E para aló me encamiñei.
Como queira que o Algarve xa o teño coñecido do dereito e do revés, e dado que a viaxe ía ser enlatado por problemas mecánicos que me están facendo cada vez máis devoto de Nosa Sra. de Volusia, decidín facer a viaxe en etapas.
A primeira parada sería en Lisboa para ir cear á Adega de San Roque no Barrio Alto. É un sitio que ainda non probei e esta é unha boa ocasión. (Certamente recomendable)

Ó día seguinte saín cediño para aproveitar as baixas temperaturas da mañá (só 29ºC) e apretar a correr cara abaixo ca cabeciña posta na praia de Olhos da Auga onde me ía aloxar.
Cheguei medio cocido , a eso da hora do xantar e contactei cos outros membros do motoclube que xa estaban cas tendas montadas nunha das catro xigantescas áreas de acampada do Val.
Amiguiño, e eu que pensaba que o dos Pingüinos no inverno era grande... Aquí atopabas catro áreas perfectamente delimitadas e equipada con servicios, duchas e pequenos chiringuitos onde mercar comida e/ou bebida; así como varias zonas de “merchandasing”, taller e pezas de motos. Total, que podías traer a moto noviña e totalmente personalizada á volta para a casa.
Ademáis de toda esa enorme área con zonas peatonais, había un enorme escenario con doce (sí, leeches ben) pantallas xigantes nas que se emitía sinal de TV dos eventos que ó longo dos tres días da concentración tiñan lugar. E acarón dese escenario unha enorme carpa (según dicían os futboleiros ocupaba o que un campo de fútbol) con banquiños e mesas para facer a túa merendiña.
Pero , non vos vaiades ainda, un pouco màis aló, había unha exposición de motos antigas propiedade do Motoclube de Faro e de coleccións privadas; e outra exposición coas motos que ían participar no concurso de “customización”. Concurso este, por certo , que gañou unha rapaza escocesa con tres magníficas mostras de transformación de motos de rúa en auténticas obras de arte.
Para manexar todo esto, a organización contaba con mil quinientos voluntarios/as e coa colaboración da GNR, que (igualiño que no noso país) colaboraba activamente axilizando o paso dos inscritos e evitando algunha que outra tolería dos que querían queimar roda e armar bronca. Eso sí, sempre con exquisita diplomacia, e tendo en conta a enorme fonte de ingresos que esta concentración supón para a zona. Eso inclue (igualiño que aquí) nengún radar , nengún control de alcoholemia, e prioridade para as motos; tanto na baixada como na subida.
Ah, e que non se me esqueza unha cousa importantísima que puiden observar tanto en autopista como en estradas secundarias como a que une o Val das Almas con Olhos da Auga: Todas as zonas perigosas, todas, contan con gardarrais de doble barreira con zona de absorción de impactos, para previr os accidentes dos motoristas.
Non é que o estén estudando,non... E que xa están instalados!!! Igualiño que aquí.

(To be continued)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Pechado por vacacións
Este ano non me pasa coma o pasado.
Xa che digo agora que me vou.
Embarco mañá para unha travesía polo Golfo de Vizcaya con porto de destino: La Rochelle.
É unha destas probas de altura nas que nos metemos para ver se este ano tamén cae o Campeonato de Europa.

Supoño que a finais de mes poderemos vernos de novo e poñereite ó corriente de todo.

Mais , para ir abrindo boca, adiántoche algo:

Proximamente en esta pantalla a grande aventura moteira do Val das Almas!
Quere saber de que se trata?

Quere saber quen quedou finalista no certame de Miss camiseta mollada?

Qué se tatuou no lombo Jake Elwood dos "Blues Brothers" no seu concerto no Val?

Qué fai un ruso, un checo, unha escocesa, un polaco e un austríaco no Algarve? (Ah, non é un chiste,eh)

Por qué o Sertosa 28 (remolcador do Porto da Coruña) enfila a toda máquina cara a proa do Hansa?

Conseguirá salvarse a tripulación?

Quén ou qué é o "Ràpido de Malpica"?

A resposta a todas estas preguntas ,e moitas máis, agardante á volta desta pausa!!!

Non deixes de visitarnos!
A túa sede de aventuras verase colmada!!

NOTA:
Sr. ladrón; sí, a casa fica vacía, de todos os xeitos o que pode atopar de valor é un micro "Shure" de colección, e o equipo de música... non creo que lle compense o esforzo. Ah, non hai tele de plasma, e o computador é un Pentium 100...
Se, contodo, decide intentalo... podería pasarlle unha fregona á cociña, e ver se é quen de limpar unha mancha blancuzca no fregadeiro?
Eu, por màis que lle din, non fun quen.
Do baño xa me encarguei eu antes de sair.

Moitas gracias pola súa boa disposición.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2008 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Taxonomía xenofóbica
Entre pitos e frautas , acabo de darme de conta do tempo que levo sen contactar contigo.
Non teño desculpa. Estou embarcado en tantas aventuras , que xa sabes o que sucede ó final.
Ben, esta vez non vou perder o tempo artellando algunha historia para ti. Simplemente hei de contarche o que me aconteceu na derradeira cea do clube de borrachos...
Agarda un bocadiño.../...
Estou escribíndoche esto dende a cuberta do Hansa, e acaba de chegar unha goleta holandesa a Lotos. Non había ninguén en terra ... e claro, unha norma básica de cortesía mariñeira é a de botar unha man cando un colega está en apuros.
Non eran exactamente apuros, pero unha man desde terra para atracar éche algo que todos agradecemos, e máis ó chegarmos a outro país.
Que queres , penso que estes detalles son os que realmente dan a imaxe dun país de cara ós seus visitantes.
Ben , despois desta disquisición mariñeira, sigo contándoche a cea do clube de borrachos.
Verás , estabamos convocados/as para unha cata de viños franceses, que ía estar dirixida por un prestixioso “summellier” (creo que se escribe así) de Burdeos. A cata en sí non foi nada do outro mundo. Entre outras cousas porque a entrada do gabacho non puido ser peor. O tío non vai e di que o seu pai calificaba os viños españois como merda embotellada!!!
Claro o ambiente caldeouse máis que de presa.
Contodo , segundo ían avanzando as botellas o persoal relaxouse ó decatàrmonos do escaso dominio do español por parte do gabacho.Eso, e probablemente tamén as botellas catadas, fixeron que aumentara a condescendencia para co invitado.
Pero, esto non era o que eu quería contarche. No clube, que está aberto a todos os estmentos sociais, predominaban ata hai ben pouco xente do gremio da hostelería, da abogacía e últimamente ata do gremio do ensino, que non che sei moi ben por qué ainda que supoño que moitos/as deles/as decidiron tirarse á bebida, apuntáronse en masa ós cursos de iniciación á enoloxía e abrazaron esta nova fe con pasión de conversos.
Total, que cal non sería a miña sorpresa, cando entre o concurrida que estaba a cea oigo alguén que me chama con “voz de fin de cata”; e ó ollar cara alí non o vas creer, era Isabel e a sùa amiga Esther.
Si, oh, a que da clases nun deses colexios pijos de “Lacuruña”.
E ,xa postos uniuse á festa Carmen a de Fenosa e Antonio o bombeiro, que xa viña ben servidiño.
Como queira que ás once nos botaron do clube ,toda a nosa mesa decidimos continuar a esmorga pola nosa conta, e rematamos nunha “vinoteca” que acababa de abrir un dos nosos compañeiros do clube.
Por fortuna eu non tiña que entrar a currar moi cedo ó día seguinte ,posto que unha vez na “vinoteca” seguíu a animación.
Alí foiche o acabouse: Isabel empezou a relatarnos unha das movidas que vivíu nunha desas reunións que teñen os profes (á que lle chaman claustro) e deunos unha clara visión de como está o mundo do ensino no país.
Como nolo contou cho conto: No colexio onde traballa Isabel montaron un claustro por mor dun “brick” de chocolate!!!. Sí, eu tamén puxen esa mesma cara ; pero tanto insistíu que ó final non me quedou máis que creela.
A historia veu porque polo visto, un rapaz do colexio guindoulle un “brick” de chocolate á cachola dunha mai , dende a fiestra do autobús. E hete aquí, que con tan mala pata que lle acertou de cheo.
Nada fora do normal dentro do que se podería calificar como unha gamberrada. Aaaaiiii, amiguiño!!!, pero a cousa tiña máis miga. Se non como crees ti que ían convocar un claustro só por eso. Resulta que a mai en cuestión era a mai de Kevin de Jesús e de Michael Jordan (os nomes son reais como a vida mesma. Isabel trouxonos ós poucos días as fichas dos clientes para que non pensaramos que eran imaxinacións dela); e a mai en cuestión érache de raza negra!!!
E,este è o meolo do claustro. Parece ser , sostiña entre argalladas Isabel, que o seu director e parte dos claustrais dubidaban entre castigar ó rapaz por unha falta grave ou moi grave.
Se só valoraban o feito en sí (guindarlle un obxecto a un adulto) é un asunto grave;pero se se tiña en conta o feito diferencial por mor da raza, entón o asunto podería tratarse como un feito xenófobo e pasaría a ser moi grave. O cal conlevaría a expulsión do cliente.
Polo que nos contou Isabel, estiveron dúas horas discutindo sobre o asunto para chegaren á conclusión de que se tratou dun incidente de “xenofobia reiterante”(sì,coño, leeches ben). Claro ,supoño que terían en conta a raza da mai dos interfectos, e o feito de que o “brick” fora de chocolate...
Sempre o dixen: Eso do ensino non é unha profesión seria, joeeer!!!
Están todos/as tarados/as. Dúas horas para ver se era ou non xenofobia...!!

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Comando "John Balan"
O sábado pasado como non había competición ,tocounos sair a entrenar; e total, como era un entreno sen moita importancia (parte da tripulación titular non podía vir por outros compromisos) invitei a Pepe (sí,oh, o anteriormente chamado Xosé Fernando ,e que xa me avisou que non quería que o alcumase así).
Ainda que pasamos moita da tarde pelexando co vento , bueno, mellor dito coa ausencia del, tivemos tempo de sobra para esbardallar un bo pedazo do divino e do humano.
Como queira que ainda estaba perto todo o rebumbio das letras galegas, a Hector ocurríuselle por en tela de xuicio a elección que fai a Real Academia Galega dos autores ós que lle adican o día en cuestión.
A conversa , mentres estabamos paradiños e sen gota de vento ó SW do Porto Exterior de Ferrol, ía fluindo rápida e implicando a cada vez máis xente dos nove da tripulación que íamos abordo.
A maioría de nos teríamos serias dúbidas para situar nun mapa cronolóxico a moitos e moitas dos/as últimos homenaxeados da Academia. E, o probe de Pepe, que viña como invitado e acababa de botar ata a primeira papilla pola borda, (xa sabes o incómodo que é estar parado sen vento e con mar de fondo), mentres que trataba de recuperar a verticalidade e retornar a unha cor máis humán que ese tono verdoso que se lle puxera, empezou a pensar en voz alta sobre o sistema que usa a R.A.G. para a elección do/a escritor/a do día das letras galegas.
Eu, xa me coñeces, sempre con ganas de meter o fuciño preguntei en voz alta por qué nunca se homenaxeaba a escritores vivos, como por exemplo Manolo Rivas, Sechu Sende ou a mesma ,e prolífica, Concha Blanco.
Todos coincidimos en que a mellor homenaxe que se lle podía ofrecer a unha persoa era aquel que disfrutaba en vida; pero, por extranas razóns que ningún acertaba a ver , a R.A.G. sempre elexía a escritores/as mortos, e últimamente só coñecidos na súa casa á hora do xantar.
Eu, xa lanzado, propuxen ó persoal enviar unha recollida de sinaturas para variar ese criterio da R.A.G. ; pero, meu amiguiño, aquí terciou Pepe , quen con bo criterio abriunos os ollos a todos:
Resulta que se propoñemos nomes de escritores/as vivos/as ,fraco favor lle estaríamos facendo ós/ás interesados/as, porque ,verás: Na R.A.G. hai un comando dirixido por Luz Pozo ( e coñecido no mundiño dos escritores/as galegos/as como: Comando John Balan) que se reune uns meses antes do 17 de Maio para elexir a quen lle toca ese ano, pero se por un “acaso” o autor/a elexido ainda está vivo, ese comando artella o procedemento necesario para que á altura do día das letras galegas o interesado/a xa non o estea.
Parece ser que os seus membros teñen contactos cuns amables e moi profesionais señores afincados na Ria de Arousa ,e que (cunha eficacia demostrada), efectúan o “traballo” para que chegado o día ,e a romería, o/a elexido/a esté xa en situación de recibir a homaxe da R.A.G. Esto é: fiambre.
Teño que chamar axiña a Concha e a Manolo para avisarlles do perigo que corren se reciben un “sauda” de Luz Pozo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2008 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
A morena e o "señor" Navarro
O outro día leín nun xornal da miña cidade as declaracións (sempre inspiradas) do Director Xeral de Tráfico, o Sr. Navarro, que viña a un congreso de algo, no bloque de cemento que os nosos políticos colocaron para tapar as vistas ó porto da cidade.
Nesas declaracións o Sr. Navarro viña a dicir , a unha pregunta do periodista sobre a seguridade vial para as motos, que os gardaraìs estaban pensados para os autobuses e camións (sic) e que non se podía ter seguridade para todos (referíndose ás motos).
Como queira que na miña condición de moteiro coñezo a algún compañeiro mutilado ou morto polas coitelas dos gardaraìs (que son mortais nunha caida a partir de 30 km/h), eso evitou que as declaracións deste “señor” ,e permíteme que poña do de “señor” entre comiñas, me moveran á risa.
É curioso observar como os políticos que nos cos nosos votos puxemos ahi, queren ser os encargados do noso exterminio impune, ou dunha aparente reconversión dass forzas de seguridade na estrada en meros recadadores de impostos indirectos, sen importar o máis mínimo a “pretendida” seguridade da que tanto alardean nas diversas campañas de imaxe en distintos medios.
Desculpa que esta vez me deixe levar pola lembranza de compañeiros en cadeira de rodas ,ou mortos pola presunta desidia da nosa administración, e ainda por riba ter que leer as declaracións deste “señor” ,e ver como se criminaliza o uso da moto en diversas campañas agora vixentes , e nas que se asocia claramente moto=morte.
É unha mágoa ver en paises do noso entorno máis próximo (Portugal ou Francia) onde estas cuestións son tomadas en serio e onde, por exemplo no asunto dos gardaraìs, están xa implantando a doble bionda que impide as mortes e mutilacións ás que aquí estamos expostos cada vez que saímos á estrada.
Pero, non vou a seguir nesta senda, porque noto que se me está quentando o teclado, e non é plan.
Deixame que che relate o gasto de 122€ que tiven o outro día co meu coche.
Verás: Ía para traballar e nunha curva que hai perto do meu curro nunha enorme valla publicitaria na que ata a semán pasada anunciaban o último modelo de todoterreo, había unha aparición gozosa.
Eu vina, porque ía no coche,eh!. Que si chego a ir na moto ,nin flores. Bastante teño con ir atento ós coches para que non se me boten enriba, ou atento ós radares que “velan pola nosa seguridade” e me impiden prestar atención ó que de verdade importa: as circunstancias da vía ou calzada.
Total, que ollei distraidamente para a valla, e alí estaba a aparición.
Tumbada tan ancha coma longa sobre un leito de nubes, esa morena vestida só cun escueto conxunto negro e unha gargantiña cunha estrela e unha lúa.
Dende o seu marco incomparable ollaba para os incautos coma min e ofrecía esa boca...aaaai, esssa bocaaaammmmmm!!!.
Total, non tomei a curva.
Fun parar sobre a beirarúa,cheguei quince minutos tarde ó curro, e menos mal que non esnaquicei a roda.
Pola tarde ,cando fun ó taller a polo coche xa tiña o diagnóstico: 122 € de bellón... e ainda por riba “a seco”.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2008 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
As Letras Galegas e a súa puñetera mai
O outro día na reunión mensual do clube de borrachos , ou si o prefires en fino: clube de cata; levei de invitado a Xosé Fernando (un día destes teño que buscarlle outro alcume menos venezolano). Él , xunto con “Juanito”, Ana e outros máis da cuadrilla exercen o seu maxisterio no vello Sur.
Ainda que no comenzo da cata estaba un pouco cortado pola demostración de creatividade dos/as presentes ( sabor lixeiramente afroitado, con retrogusto a melocotón escurridizo... etc,etc. ,xa sabes as chorradas que se din para definir o indefinible dun bon viño), ó ir andando a cata e a posterior cea, empezou a soltarsenos a todos/as a lingua. E ,deu a casualidade, de que él ó beber inspírase de moito nabo.
Velaiquí tes unha parte do que lembro do seu discurso que fixo as ledicias dos/as presentes na nosa mesa:
“Sí, amiguiños, cada vez queda menos espacio para as sensibilidades anarquistas con esperanzas internacionalistas como a miña.
Hoxe tiven unha xuntanza co consello de anciáns do meu colexio cogallo de tratar de perfilar e organizar a semán das letras galegas.
Non me tachedes de arrogante.Non me considero máis lúcido que os membros/as do Consello. A maior parte deles teñen máis anos de servicio no corpo ca min, e a súa forma de pensar está condicionada polas súas experiencias dos 60,70 e 80. Ás veces penso que a caida do Muro de Berlín é unha barreira invisible que marca o momento no que a maioría das xeracións de venerablea anciáns... (ui, perdón), e de anciáns femia, que nos controlan, deixaron de crecer intelectualmente.
Algo así como a brecha dixital noutros ámbitos.
Podemos velo tamén nos programas de TV. Tanto nos presentadores, tertuliáns ou convidados teñen como referentes culturais a Paco Martínez Soria e a Fernando Esteso. Se recuperades cachiños das súas intervencións comprobaredes que teñen os seus homólogos en guións de películas emitidas en “Cine de Barrio”.
Aquí, en Galiza, prodúxose a mestizaxe entre os citados referentes da mai patria e Ana Kiro ou Fuxan os Ventos.
Froito desta unión contra natura e ó abrigo dos pantalóns de pana e as fotos do Che, xurdíu o novo docente galego de finais do século pasado.
Este ano, adicado pola nosa ínclita Academia da Lingua, ó escritor Álvarez Blázquez, está tamén condicionado pola celebración dos 40 anos do triunfo de Massiel en Eurovisión.
Pero, bueno, despois desta disquisición deixádeme que vos diga, que este venres 16 temos no noso colexio o Festival das Letras Galegas; e a semán está,por tanto, chea de actividades que preparamos nunha reunión do claustro na que os membros máis novos non deixaban de fungar: “Con tanto ensaio a ver como vai a ir o programa”. “Pois ti non te queixes tanto, que tes dúas horas na semán, peor son eu que teño que arranxarme cunha soa”...
Eu,visto o visto, preguntei se había turno de palabra para facer a miña aportación, que máis ou menos viña a dicir: “Se o obxectivo do traballo é dar a coñecer ás familias algúns dos traballos de seus fillos, e non hai tempo para nada; podíamos rodalo e ofrecerllelo ás familiasa nun DVD ó final de curso, o mesmo que facemos a revista escolar que había de sair esta semán, e poderemos darnos con un canto nos dentes se sae para finais de mes.”
Oes, como se falase cunha parede. Un festival, é un festival ca súa presentadora, o seu público; e ,ademáis, despois do 17 de Maio xa non é a semán das letras galegas.
En fin, como terei que estar presente no festival dos collóns, hei de ir provisto dun escapulario ca foto de San Luis Uribarri e Santa Massiel."

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2008 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Un honroso último posto
Hola. Ainda sigues aquí?.
Sí, tes razón, non teño vergoña. Xa vai para un mes que non busco un anaco de tempo para adicarche.
Bueno, vou ver se son quen de tentar remedialo. Polo menos vou contarche como foi a pasada “navejasión” que fixemos na pachanga de fin de semán.
Verás. A cousa comenzou renqueante. Déronnos a saída no límite da legalidade. Tiñamos escasos seis nos de vento e ó pouco empezou a caer estrepitosamente ata quedar entre dous e un ; co cal a nosa velocidade non pasaba, no mellor dos casos, de medio nó. Quen di velocidade , di arrastrarse nunha mar plana e vendo como as velas máis que portar, colgaban do mastro.
A situación era de moitas risas. Ó noso lado veíamos como o “Aguas de Mondaríz” e o “Aledapa”, dous barcos regata pura sen apenas peso e completamente vacíos por dentro ían avanzando e deixándonos atrás ata vermonos nun honroso último posto. Con todo , o patrón non perdía a esperanza. A previsión meteorolóxica era de aumento de vento ó longo da tarde e baixada de temperaturas á entrada dunha fronte fría. Só era cuestión de esperar. Mentres, o peso movible de abordo era trasladado a sotavento , e todos/as estabamos facendo banda nese lado e tumbados sobre a regala ca segreda intención de non alterar a aerodinámica da nosa xénova 1, nen xenerar turbulencias no seu pujamen en aras de aproveitar o pouco vento existente.
Funcionou!. Pouco a pouco, e paseniñamente fumos empezando a tomar algo de aceleración e xa nos movíamos á vertixinosa velocidade de dous nós!!.
Eu non apartaba os ollos da baluma da maior ,reaxustando a cada segundo a posición do carro e da escota tentando de non desaproveitar nen unha pinga de vento. Pola súa conta, Fran, na xénova facía o propio con movimentos suaves e delicados.
O patrón decidíu tomarse a cousa ben ,e como xa contaba con chegar fora de tempo, ordeou que polo menos tentaramos divertirnos.

Mentres nos seguíamos arrastrándonos, un compañeiro deu a voz dunha brisiña que se percibía remolona poucos metros máis adiante. Tentamos dirixir o barco cara alí , no medio da ría, e quixo a sorte ou Eolo, que arrastrándonos,chegaramos a collela.
De súpeto tiñamos presión nas velas.
A solución estaba no medio do campo de regatas. Mentres o “Mondariz” e o “Aledapa” optaban polo bordo de terra na procura de ventos terrais, o noso patrón decidíu confiar na anunciada entrada da fronte e mantermonos no medio da ría. E ,alí estaba!
Non podes imaxinar a sensación de veren ó resto da flota parada na costa , e nos , poucos metros máis ó interior da ría despegando como foguetes mentres oíamos as voces dos outros barcos tentando virar para poñerse ó noso rumbo e aproveitar o noso vento.
As voltas que da a vida, tu. Despois de caseque dúas horas nun honroso último posto, en menos de dez minutos estabamos comandando a proba con autoridade. E o que é mellor, dándolle para o pelo ó “Mondaríz”, o barco das nenas ( a súa tripulación é enteiramente feminina e a súa patrona está preñada. Sí,sí, en serio).
O “Aledapa” foi o primeiro en chegar á nosa estela e pillar o noso bordo. Contodo, xa levabamos máis de dúas esloras de ventaxa e nos íamos aumentando a distancia co noso propio vento aparente. A cousa tornárasenos de cara, e na primeira virada na boia de barlovento todo volvía a funcionar como un reloxio suizo.
O noso “genaker” estaba arriba en menos de vinte segundos, e cando caeu a primeira granizada da tarde , pola popa veíamos como o “Raygrass” se veía na obriga de cortar a driza da súa xénova ó non seres capaces de arriala ; e o “Mondariz” daba boa conta do “Aledapa” e dispoñíase a vir na nosa caza en pugna co "Esoga" que se unira á festa dos 40 pes.
Agora, xa ninguén abordo pensaba en divertirse. O único que nos valía era manter a raia ó “Mondariz” e non perder nen un metro da ventaxa sacada.
Ó inicio da nosa segunda ceñida, vimos como as esloras que nos separaban do noso perseguidor se ían acortando. Pensamos que íamos telo marcándonos todo o que restaba da proba, pero as rapazas decidiron seguir o bordo do medio da ría para o tramo de ceñida, mentres nos optamos por cobixarnos debaixo do borde da oscura nube que nos aseguraba un chisco máis de presión.
Non negarei que era unha decisión perigosa e arriscada; pero o patrón pensou que nos daría un punto máis de velocidade e uns metros de adianto cando fixéramos a última virada.
Durante un pedaciño ó noso través, tiñamos de continuo as nenas do “Mondariz”, pero un role de vento, que pillamos de cheo, e que as deixou clavadiñas no sitio, empurrounos cara a boia como voando.
Alí subimos o “spí” pesado, dado que agora o rumbo cara a meta era de 180º (popa pechada), e o vento xa rozaba ben os vinte nós, e entre rachóns de caseque trinta ,entramos na meta como quen di derrapando con chulería.
Sí, oh. Ó cruzar a meta e ata o pantalán, en vez de arriar todo e dar motor, decidimos orzar un chisco e cando me dispoñía a abrir a maior para equilibrar o barco nunha racha, o patrón nun susurro indícame: "Non toques nada". Claro, a escora foi das que fan época. Metimos o pujamen do “spí” na auga , e a botabara sobrevolaba a escasos centímetros as ondiñas da bahía. Estabamos de foto!!
Igualiño que Fernando Alonso nunha carreira de exhibición... e que cando nos poñemos...

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
19 segundos
Ainda que te teño un pouco deixada da man por mor das poucas horas que ten o día, despois do epílogo do serial “Paixón de pedigrí” , quería voltar de novo a unha desas aventuras mariñas das que sei que gostas.
Ben, póñote en antecedentes: Ainda que a tempada de competición forte non comenza ata este mes, ó longo do inverno veñen celebrándose probas que poderíamos definir como de posta a punto das tripulacións, e que consisten en percorridos de ata un máximo de vinte millas de carácter costeiro , algún triángulo olímpico ou ,se as condicións son moi duras, un sinxelo barlovento/sotavento.
Xa levabamos varios fins de semán con probas de estas características, que moitos definen como as “pachangas da fin de semán” e que en teoría son un simple divertimento entre barcos e tripulacións de sobras coñecidos entre eles.
Digo en teoría, porque na práctica, ainda que non hai nengún trofeo en xogo nen cuantiosos premios, sí está en xogo a honra dos armadores e patróns... e eso, meu amiguiño, éche moi valioso.
Verás, o pasado sábado, e despois de varios sábados sen vento e polo tanto sen poder facer nada, por fin había unhas condicións boas, cuns quince nós do SW e con tendencia a subir ó longo da tardiña.
Así as cousas , o noso armador xa nos tiña citados a todos/as no barco para sair unha hora antes da indicada para o comenzo da proba co fin de ir quentando e probando diversas configuracións de velas. Alí estabamos todos/as, agás o patrón habitual, que por cuestións de traballo estaba fora.
Ainda que abordo hai capitáns titulados de sobra, o armador non quería deixar nada ó azar, sobre todo se temos en conta que este fin de semán incorporábase á “pachanga” o Navantia (bicampeón do mundo da clase IMS 670), polo que ó chegarmos abordo e dispoñernos a preparar toda a cabullería , as velas que íamos a levar, e vaciar o barco de todo o peso non necesario; vemos aparecer polo pantalán unha cabeleira loira moi coñecida. Sí , era Chuni. A metade de nos non podíamos creelo, pero èrache certo. O armador contratara para a “pachanga” a Roberto Bermúdez (medallista olímpico de clase 470, patrón do “Brasil 1” barco participante na anterior “Volvo Ocean Race”, e patrón do “Caixa Galicia” barco tricampeón do mundo da clase TP52). Ti me dirás...
Non podíamos fallar. Todos/as tiñamos que dar o mellor de nos .
O caso é que ó chegar abordo, o tío non se comportou como algúns agardabamos. O trato foi desde o primeiro momento de tu a tu. Botou man das velas, dos cabos e axudou a arranchar todo coma un máis da tripulación.
Xa estabamos destracando e ó remtar a maniobra,mentres nos dirixíamos ó campo de regatas, Chuni comenzou unha arenga para toda a tripulación.
Distribuiu os postos e púxonos ó corrente do que agardaba de nos. Ainda que partíamos ca dificultade engadida do maior peso do noso barco e o usadas e estiradas que estaban todas as nosas velas por comparación ca lencería noviña do “Navantia”, ó rematar a arenga veías nas caras da xente unhas gañas como se nos estiveramos xogando a copa do mundo.
Durante a hora e pouco que estivemos probando distintas combinacións de velas, xa poidemos ver cal ía ser a tónica ó longo da proba. Nada de descanso. Os distintos “trimmers” tanto de xénova como de maior e “spí” non podían deixar de currar nen un segundo por longo que fora o bordo.
Eu, desta xeira, ía como segundo “trimmer” de maior; e podo xurarche que esta vez estaba ben contento de obligarme a ir ó ximnasio durante a semán.
Miguel , o compañeiro que levaba o carro de maior tivo que pedir o relevo, porque non daba sacado forza despois dos primeiros e esgotadores bordos de proba.
É curioso. Mesmo barco, mesma tripulación; pero ninguén se preocupaba doutra cousa que non fosen as velas e as manobras.
Ainda que houbo algún que outro cambio de posto en aras do cansancio ou da maior forza física, á hora de dar a saída estabamos máis ou menos nos mesmos postos que sempre.
A proba ía ser curta e sen sair da bahía da Coruña. A liña de saída estaba pertiño da boia da Guisanda, de alí á boia do “Chino”, logo a unha en Mera, outra na Praia de Oza e volta ó “Chino” para a segunda manga.
Ben prontiño despois de dar a saída, quedou ben claro que esto ía ser cousa de dous barcos, si acaso tres: O “Hansa”, o “Navantia” e o “Fadesa”. Ó virar o “Chino” e na primeira izada de “spí” o asunto caseque quedou reducido a un “match-race” entre nos e o “Navantia”. O “Fadesa” tivo un problema na arriada da xénova e acabou rachando o puño de driza co cal perdeu un tempo que despois non sería quen de recuperar.
A bordo todo ía funcionando como un reloxio suizo. Curiosamente, á hora de facer banda, nos bordos de ceñida todo era silencio e ninguén se aprestaba a iniciar as habituais tertulias . Os que íamos ás velas estabamos continuamente regulando e trimando todo para conseguir o meior rendimento no rumbo que marcaba Chuni. Só de cando en vez se escoitaba a súa voz anunciando as viradas ou pedindo algún axuste fino de cara a non perder de vista a popa do “Navantia”, que ainda que trataba desesperadamente de despegarse de nos , non se ía moito máis aló duns metros pola nosa proa.
Mentres o resto da flota estaba noutra proba e noutro mundo, nos estabamos ca nosa guerra de desgaste co “Navantia”. Ó longo da proba as previsións meteorolóxicas cumplíanse e en pouco tempo xa tiñamos entre vinte e vintecinco nós de vento. Esto, víñanos de perlas, xa que ó ter máis peso xenerábamos máis inercia e máis vento aparente. Así eramos quen de manter ó “Navantia” a raia.
Estabamos xa na metade da segunda manga e as botellas de auga abordo vaciabanse a unha velocidade de vértigo, mais ninguén falaba de pillar os bocatas que estaban abaixo agardando por nos. Nen sequera os dous topos que estaban abaixo facendo a navegación e preparando o “spí” para a inminente izada, se sustraían á tensión da proba.
Acababamos de virar a boia de Oza e xa nos encamiñabamos á liña de chegada. Diante nos ,caseque proa con popa, o enimigo a batir. Os dous con “Spí” arriba e nos achegándonos ameazadores á popa do “Navantia”, pero incomprensiblemente non facíamos máis que amagos de adiantalo, sen rematar a manobra. Nun principio non entendía o que intentaba Chuni, mais con todo ninguén perdía de vista as súas velas e as ordes eran dadas nun susurro dado que estabamos a tan pouca distancia do outro barco que as nosas voces serían oidas con facilidade e así contrarestadas as nosas manobras.
Cando xa tíñamos a chegada a menos de cincuenta metros da proa do “Navantia”, o seu patrón Xesús Pintos , non deixaba de ollar incómodo para nos vendo que a nosa táctica (que agora xa tiñamos todos/as clara) de envío de vento sucio estaba dando os resultados esperados por Chuni; e nun berro que soou a cabreo ordenou a abrir velas e arribar para escapar do noso influxo. Supoño que confiaba na rapidez e axilidade de seu barco para refacer o feito e así librarse de nos.
A historia estaba ben plantexada, pero non contou ca peza que reforzáramos abordo. Chuni tiña ben medida a situación e cando albiscou o camiño libre aproveitou a nosa arrancada, orzou suavemente e mentres que o “Navantia” voltaba ó rumbo bo, nos xa estabamos oindo o bocinazo da chegada. Ahí ,sí que rematou o silencio. Chuni o primeiro e logo todos/as os/as demáis empezamos a dar chimpos pola cuberta e berrar como tolos.
Dazanove segundos despois entraba o “Navantia”; e trintaesete minutos despois o primeiro do resto da flota, o “Fadesa”.
Ah, olé pola tripulación do “Navantia”, que ó pasar ó noso lado lanzaron unha salva de aplausos na nosa honra... que , oes souberon a gloria bendita...
Éche ben certo que gañar sabe calquera, o difícil é saber perder.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2008 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Paixón de "pedigrí" (Epílogo)
Ainda que non estaba previsto este epílogo, botándolle unha ollada ó abrupto final da historia de Xosé Fernando (deus, creo que nunca me perdonará o nome de "culebrón" co que o bauticei...), antes de comenzar esta longa ponte púxenme en contacto con él para saber en que quedara a cousa.
Xa non durmía nen atopaba acougo. Estaría preñada a cadela?
E de estalo, de quén?
Aaaaiii!! que sen viver!!
Boeno, pois como non era o único que estaba nesa tesitura, algún/a dos/as amables membros da audiencia desta páxina mandaron correos para ver en que quedara a cousa,xa podo dicir "urbi et orbe" que a cadela pendón
NON está preñada!!!
Sí,amigos, para descanso e relax de Xosé Fernando a súa cadela non foi preñada por nengún dos candidatos. E non queiras ver o feliz que soaba a voz do seu dono cando o chamei por teléfono. Polo menos ,agora , tanto él como a súa dona, xa poden descansar en paz.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2008 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Paixón de "pedigrí" e 4 (O "Grand National")
Cando conseguín espantar ó sátiro, descubrín por onde entraba na miña leira. O mui cabrón saltaba a tela metálica de metro vinte como se nada. Nese momento arrepentinme de ser criado como o fillo pequeño e mimado dunha familia nuemerosa. Sí, necesitaba poñer un suplemento ó pecha da leira e non tiña nen puta idea de como colocar os aramios.
Ó día seguinte, cando cheguei de currar, a familia déume as novedades. A viciña botou ó violador tres veces e non me aseguraba que non tivera entrado máis veces sen que ela se decatara. A miña mai corroborouno todo e apuntou que ela tamán o botou dúas veces. “Maravilloso”, pensei. “Teño un concurso hípico no meu xardín”.Como o moi fillo de puta sigua practicando vai darse o luxo de facer o salto con piruetas mortais e saudar ó respetable.
Armeime de valor para enfrentarme ó problema e achegueime á ferretería de Miguez. Eran xa as 1830 horas e a noite ía caer a eso das 1900h. Só tiña media hora para lucirse o rei do bricolaxe.
Cargado de aramio e tensores empecei a terefa. O rollo de aramio liouse e eu non era quen de estiralo. Os minutos ían pasando e a noite avanzando.
Collín o primeiro tensor mostrándolle todos os meus respetos, pregueille que cumplise a súa tarefa e ata supliquei mentres movía ca chave inglesa o seu complexo mecanismo xiratorio. Así ata os catro que comprei. Os catro tensores fláccidos mostráronme con firmeza que algo non funcionaba.
Por sorte tiña un viciño “manitas”; así que vencendo a miña patolóxica vergoña, fun a pedirlle socorro. O home apareceu cun foco a baterías para poder traballar con boa luz, e nada máis ver os putos tensores exclamou:”Estabas apretándoos ó revés!”. Eu,aparteime discretamente cara a zona de sombra para que non se notase a miña cara de papón.
Cando o despedín intentei manifestarlle a miña gratitude infinita; e cando chegou á casa a miña dona, nun desliz de soberbia, expliqueille en primeira persoa do plural as vicisitudes da obra como se o protagonista fose eu cunha pequena axuda do viciño.
Supoño que existe un deus ou “aljo” que decidíu castigar a miña vanidade; porque despois da cea houbo unha nova visita do sátiro. O cabrón arrancou a tela metálica a dentelladas abrindo un boquete por onde entrar a consumir os seus libidinosos desexos.
Non fun capaz de admitir o meu fallo. Nese momento culpei ó viciño fungón de axudarlle a facer o burato para joderme por cuestións de lindes.
Daban as badaladas de medianoite mentres a miña muller e eu zurcíamos o burato á escasa luz dunha bombilla de baixo consumo (puta conciencia ecoloxista,joeer).
Pero ahí non remataba a noite. Ás tres da mañá despertounos o “botellón” que montaba a nosa cadela con tres (3) cans .
Cando me erguía da cama a miña muller lembroume que me abrigara , que facía frío. O que ela non sabía é que a mala hostia me producía a suficiente calentura como para non enterarme do frío da noite.
Non podía rendirme. Qué faría o meu heroe Charlton Heston nesta situación?. Tes que comprender que eu vou camiño dos cincuenta e as miñas referencias culturais son de outra época.
Exprimindo os meus recordos de aquelas inesquencibles “Sesión de Tarde” dos sábados do antigo réximen, recupero a imaxe en branco e negro do meu heroe enfrentándose a un exército de formigas en “Cuando ruge la marabunta” , e valoro as dúas opcións que él utilizou:
A.-Foso con líquido inflamable para cortar o paso ó inimigo.
B.- Barricada infranqueable.
Co sosego que me producía a terceira copa de Porto (que vicioso é o puñetero) entrégome á opción “B”. Entre outras cousas porque os meus viciños , de escasa cultura cinéfila, non serían quen de relacionar o holocausto “cadelico” (ou como se diga), co heroe do “Planeta dos símios”; e o sistema de barricada leva anos demostrando a súa aplastante eficacia contra asaltos de “sioux”, “apaches”, “comanches” e ata hordas de chinos durante 55 días en Pekín.
Mentres agardaba a chegada da miña esposa para planear xuntos a estructura sentín á miña cadela ladrar con forza no alto do valo que da ó camiño. “Así se fai,bonita!”
Defendendo o fogar contra viandantes descoñecidos. Asomeime ó borde por ver se era unha banda de Albano-Kosovares; pero non.
A moi... estaba animando ós seus colegas para continuar a orxía. “Será posible!.O teu amo aquí jodido , e ti, putón, invitando ó inimigo”.
Decidido. Vouna pechar na boega e non vai sair máis ata que se lle pase o celo. Acto seguido din instruccións á familia sobre as duras condicións do peche da moi... e non o vas creer, ninguén discutiu a orden.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2008 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [17]
© by Abertal