Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Amo a María
Vouvos contar un sucedido que me aconteceu hoxe mesmo.

Hete aquí que estaba realizando os exercicios de entrenamento que o meu padriño e anxo da garda,Henry McFerrin, me propón para recuperar de novo as habilidades moteiras perdidas aló polo ano 96.
Estaba, por suposto, facendo os percorridos que él, na súa sabiduría, me plantexa ; e tentando resolvelos da mellor maneira posible (zonas de curvas, chicannes, semáforos, arrancadas en costa, carros de vacas que saen de non se sabe onde, peatóns e peatonas que se abalanzan na vía ou calzada,etc, etc).

O caso é que na miña sesión de entrenamento de hoxe cruceime con varios moteiros , dos cales algún me saludou enarbolando o saúdo vulcaniano (ver "Star Treck" o saúdo do Sr. Spock). Esto, meus queridos amigos/as levoume a sospeitar que algo raro estaba acontecendo. E mentres ía enlazando curvas a 40Km/h e ata a 50!!!, e sorteando peatóns,
pensei que ó mellor estabamos sendo invadidos!!

Encomendeime a Marx (Groucho) e virei a estribor a miña moto para seguir en pos da ruta dun deses vulcanianos. Non me acerquei moito, non fora a ser que me pillara. E, non o ides creer.
Este vulcaniano xuntouse con outros (supoño que tamén da mesma zona do espazo- tempo) nunha praciña , marco incomparable de beleza sen igual, da cidade de Betanzos.

Eu, aparquei un pouco antes e non perdín de vista o individuo, quen se introduciu nun local de Diversión e francachela onde había máis da súa calaña.

Asomei a visera do meu casco, que por precaución non quitei, e o que vin e ouvín, meus amigos, foi horripilante:

Cóntovos:
Nunha desas pantallas modernas que se colgan da parede estaba véndose unha imaxe, pretendidamente musical, mentres no ambiente soaba unha ,a modo de canción, que dicía (léase con voz de "Viva la gente"):"Amo a Laura, pero esperaré hasta el matrimoniooooooo". E todos/as eles/as danzaban como poseidos por unha entidade ectoplasmática (ou aljo así).

Foi terrorífico!!!

Ainda non sei como puiden fuxir de alí e chegar san e salvo á casa... para contarvolo a vos...

O caso é que non sei se non me afectaría algo...
De camiño á miña casa pareime na farmacia da esquina da miña rúa e lieime a patadas ca maquiniña dos condóns ata escachala... e os que quedaban pola rúa fureinos co alfinete da miña garabata... Agora ,en canto acabe de contarvos esto voume a misa de oito...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2006 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración
É para min motivo de orgullo e satisfacción levar ó dominio público galego este nobo blog.
A bon seguro os/as lectores/as que non teñades nada mellor que facer a esta hora, vos estaredes preguntando (no hipotético caso de que teñades ganas de pensar co calor que vai) "quen carallo quere outro blog máis no millo?"
Ben, amighiños e amighiñas, eu penso o mesmo. O caso é que me precio de moderno onde os haxal; e o outro día un bo amigo díxome que para ser moderno a cachón había que ter un blog no que escribir as arroutadas que se che pasasen pola cachola.
Dito e feito. Aquí me tedes estrenando este blog con este discurso de inauguración no que non me pregunto que podo eu facer polo universo blogueiro galego.Non.
O que realmente me pregunto é se nese proceloso universo serei quen de facerme rico? ou no seu defecto poderei vivir do que escriba... pero vivir, vivir eh. Non como ata o de agora. Vos xa me entendedes.
Ben , namentras agardo a que eso suceda, adicareime a enzoufar un pouco máis o ciberespacio cos meus inesquencibles contos do País do Solpor.

(Quedou ben,eh. Joeeee, pa ser o primeiro... que lle pides oh?)
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2006 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal