Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Na procura de Man


Hai xa algún tempiño, saíu da imprenta o primeiro volumen das guías Galicia Enteira, que resultou ser o adicado á Costa da Morte.

Eu merqueino e empecei a percorrer todos e cada un dos itinerarios alí recomendados.

Un deles levoume a Camelle para dende alí encamiñarme ó carón do mar ata o Cemiterio dos Ingleses e despois a Cabo Vilaño; pero quixo a casualidade que nun paseiño polo peirao vira unhas extranas formas redondas, así como esculturas e pinturas, nas casas máis perto do dique e na súa contorna.

Unha vez alí e fun recibido por un extrano persoeiro alto, enxuto e extremadamente amable que me facía aceños para que me achegase. Era Man, o alemán de Camelle.

Eu ainda non sabía de quen se trataba.Enteraríame tempo despois, pero, non sei por qué inspiroume confianza a libretiña que me tendeu na porta do que poderíamos considerar o seu reino.

Con voz pausada e relaxada explicoume que o que estaba vendo era o seu museu e que podía pasar a velo máis pormenorizadamente se lle pagaba 100 ptas. e lle facía un debuxo na súa libretiña.

Paguei gustoso, e cando preguntei de que tema tiña que ser o debuxo, deixoume total liberdade.

O museu era algo totalmente surrealista baseado na forma circular dos debuxos que había no propio dique , nas casas máis perto; e nas esculturas que Man levantara coas crebas que foi recollendo alí mesmo.

Era algo único e, polo que souben máis tarde a través dunha reportaxe na prensa, a razón de que moita xente se achegaba a Camelle.

Da historia deste artista, pouco se sabía; Só que vivía nun cubo construido por él dentro do museu , que verán e inverno sempre vestía un sucinto taparrabos e que proviña de Alemania. Da súa relación coa veciñanza, segundo dicía a reportaxe, tampouco foi sempre idílica. Houbo quen por ignorancia ou por maldade zoupou nel en máis dunha ocasión.

Camelle debería estar sempre agradecida a este home por poñer a vila no mapa e atraer visitantes que doutro xeito nen se achegarían a este recuncho da Costa da Morte ; pero esto é Españistán…

Él seguía a súa vida en paz coa natureza ata que a catástrofe do “Prestige” deu fin á súa existencia. Disque adoeceu de tristura cando víu o seu museu, a súa obra totalmente arruinada polo maldito chapapote.

O tempo pasou, e a pesares das promesas dos políticos de turno de conservar a súa obra, xa sabes que neste país o que cheire a cultura … non da votos.

Ben, estes días de atrás achegueime ó Cemiterio dos ingleses, agora totalmente posto en valor gracias á laboura de Xosé Manuel Pato (representante da Real Liga Naval Española na Costa da Morte) e auténtico impulsor de iniciativas como a da recuperación dese legado único da nosa terra; e tamén á Asociación do Camiño dos Faros.

Metínme co coche polo camiño inverso. Esta vez dende Vilán cara a Camelle.

Nada que ver coa primeira vez que o fixen. Agora é un camiño perfectamente practicable e moi concurrido polos camiñantes do Camiño dos Faros.
Chamoume a atención o campo de milladoiros que os diversos camiñantes foron deixando na redonda; e, xa chegando a Camelle, a desolación do legado de Man.

Do vello museu pouco quedaba. Só seguía en pé o cubo que él habitou, pero con notables signos de abandono e destrozo polos moitos temporais,saqueo e nengún coidado recibido. No dique seguía grabada a figura que Man fixera antes de que fraguara o cemento.

Pouco máis. Só na saída da vila unha reluciente casa da cultura co rimbombante nome de A Casa do Alemán e unha pretendida representación a pequena escala da súa figura na porta do edificio.

Mágoa dun povo que odia e esquece así a quen o ama. Mágoa dun povo que non ten memoria e permite unha e outra vez o contínuo expolio ó que o someten os seus autodenominados representantes.

Ata pode que sexa certo eso que din… de que temos o que algúns se merecen.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2016 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Among the additional men to watch with regar#blgtk08#d to only at that year's event is actually.
Comentario por rolex replica sale (09-01-2017 09:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal