Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vale das Almas 2015 (e II)
Pola cantidade de motos que me adiantaban pola IC1, non fun o único que optou por esa saída prematura.

Se che son sincero, metínme pola IC1 para aforrar as peaxes da A2; pero ó Sur de Grãndola as lombas do asfalto do ano pasado, parece que este ano atoparon parella e non deixaron de ter lombiñas novas e ben grandes. Ainda que ía devagariño, o meu cu e a amortiguación da Nosa Sra. de Volusia non o agradecían nada.

Non sei como facían os que me adiantaban a todo gas con total desprecio para as lombas do asfalto e da propia mecánica das súas burras.

Así ,como quen non quere a cousa, ía subindo e pasara xa o desvío para Troia ben pertiño de Setúbal. Aló adiante había un grupo de coches parados xusto no cruce que leva a Gãmbia. Non sei que pasaría. Non ven ninguén de frente e ninguén adianta. Seguen parados. Eu póñome á cola; pero como non che hai movimento, poño o intermitente e como segue sen vir ninguén inicio o adiantamento do grupiño de catro coches.

Paso os tres primeiros cando de súpeto o Xsara que encabeza a fila decide, xusto cando me poño á súa popa, que arranca e ainda por riba inicia o xiro para meterse polo cruce.

Eu non podo creer o que vexo, cravo o freo, mentres que a rapaza segue a súa manobra cruzándoseme diante.../...

O seguinte que lembro é unha dor forte no meu nocello esquerdo, a Nosa Sra. de Volusia enriba miña e alguén berrando que había que apagar o motor da moto.

Tento respirar e unha dor forte no meu costado esquerdo case mo impide. Non sei canto tempo despois apareceu un grupo de xente que ergueron a miña moto e me axudaron a arrastrarme ata a beirarrúa.

Empezo a decatarme que a tía do Xsara me acababa de levar por diante. Ollo para a moto e, desolado vexo todo o lateral dereito destrozado (defensas, plataformas, pedal de freo,escapes, filtro do aire...). Estou intentando asimilar o que pasou e que vou facer, ainda aturdido.

Cando esto acontecía puiden ser obxecto da típica e cacarexada solidaridade moteira entre o numeroso grupo de xente que , coma min, voltaba de Faro. Mentres eu estaba sentadiño na beirarrúa e as cousas tiradas pola estrada, pasaron motos e motos. Invariablemente aminoraban para ver ben o espectáculo.

Alguén parou?... ninguén. Deu igual a matrícula. Non parou ninguén. O irónico desta situación é que despois cando coinciden contigo en calqueira concentración ou reunión moteira énchense a boca de verbas como:”irmán”, “amigo” etc. mentres se prodigan en apertas sen fin.

Que queredes que vos diga? Eu cando vexo alguén no arcén sempre aminoraba e ollaba para o/a moteiro/a parando se atisbaba algo raro ou que podía ser unha avería ou necesidade de axuda. Así é como entendo eu o mundo da moto. Parei un par de veces ó ver que non contestaban ás miñas señas, por fortuna só estaban descansano á sombriña. Sen tantas verbas ben soantes e sen tantos aspaventos; pero sabendo estar ahi cando un colega o precisa.

Moito me temo que, tamén nesto, son un marciano polo meu xeito romántico e xa ido , de entender o mundo da moto.

Desculpademe esta disgresión; mais era de xustiza facela. Pouco tempo despois aparece unha patrulla da GNR , e a tipiña do Xsara (ata ese momento, serea) comenza a chorar desconsolada e sofre (???) un desmaio xusto para que un dos guardas a recolla evitando que toque o solo. Non sei porque, mais nese momento notei que me ían cargar a min con toda a culpa do asunto; mais se temos en conta as recomendacións do gardiña á rapaza para que redactara a súa declaración sobre o sucedido (un poema ver a cara do garda cando se decatou de que eu falaba Portugués e entendía o que lle estaba dicindo á rapaciña).

Alguén, non sei quen chamou unha ambulancia e dende aquí quero agradecer a profesionalidade e atención do equipo de Bombeiros Voluntarios de Setúbal que me trasladaron ó Hospital de São Bernardo; onde tamén fun atendido polo persoal de urxencias ás mil maravillas. Só lles faltou invitarme a uns pasteliños de natas e un Porto Tawny.

Non sei moi ben que me deron; pero despois das radiografías envolvínme nun sopor agradable que me fixo esquecer de todo o sucedido. Tempo máis tarde, unha enfermeira galega despertoume e agasalloume cun estupendo par de muletas que tería que usar durante un tempiño mentres me comunicaba o resultado: dúas costelas , e o nocello esquerdo rotos .

Inexplicablemente nen ela nen eu nos acertamos a explicar como visto o destrozo da banda dereita da moto, conquerira salvar totalmente ilesa a perna dereita.

Xa era a noitiña cando o meu servizo de asistencia na estrada dispuxera o traslado do que quedaba da miña adorada Nosa Sra. de Volusia a un taller en Setúbal (a poboación máis perto) e para min un taxi que me levara á Coruña.

Ás dúas da mañá estaba entrando , máis ben renqueando, na porta da miña casa cunha mistura de sentimentos: Ledicia pola sorte que tiven, cabreo porque pasaba a ser exmoteiro, e máis cabreo porque as miñas vacacións acababan de rematar.

Ó día seguinte achegueime ó meu médico quen refrendou punto por punto o diagnóstico do Hospital de São Bernardo e xa me deron cita para o primeiro paso pola coitela para recolocar os osiños do meu nocello.

Agora a disfrutar dun divertido festival de quirófano, escaiola e rehabilitación.


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2015 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 We hope everything will be alright
href="http#blgtk08#://www.monclerjacketsoutlet.co.uk">moncler outlet uk
Comentario por rolex replica watches (12-11-2015 03:37)
2 Inexplicablemente nen ela nen eu nos acertamos a explicar como visto o destrozo#blgtk08# da banda dereita da moto, conquerira salvar totalmente ilesa a perna dereita.
Comentario por michael kors replica (21-06-2016 05:17)
3 Mmm lo de los mini-posts bragas calvin k#blgtk08#lein a ver como nos sorprendes.
Comentario por bragas calvin klein (10-08-2016 04:54)
4 Hi buddy, your blog' s design is simple and clean and i like it. Your blog posts#blgtk08# about Online writing Help are superb. Please keep them coming. Greets!
Comentario por Do My Programming Homework (20-09-2016 11:36)
5 go#blgtk08#od
Comentario por christian louboutin outlet uk (26-04-2017 07:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal