Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vale das Almas 2015 (I)





Andábache eu buscando un bo xeito de comezar esta crónica e decidín botar man dos clásicos, velaiquí:

Voltarán as escuras anduriñas dos nosos balcóns a pendurar; como voltan os moteiros ó Val das Almas a acampar.

Dioooosss!!!, ben seguro que o Sr. Guatavo Adolfo hase estar revolvendo na súa tumba.

Total, que como ven sendo tradición dende tempos inmemoriais encamiñeime rumbo Sur, por suposto, con parada e fonda en Nazaré.

Ainda que o país seguía a ser o mesmo que o ano pasado, o reino das rotondas, este ano notei moita máis fluidez no meu paso polas mesmas. Ben seguro que foi debido ás horas que botei entrenando por aparcamentos vacíos vira que te virarás.

En Nazaré, nada novo. Unha tarde de sol e praia ó chegar; e despois a sorpresa de que a Taberna de Adelia estaba pechada e que me impuxo a necesidade de sair da miña zona de conforto e lanzarme a investigar.

As recomendacións dos aborixenes que consultei coincidían todas en levarme á Tasca da Vila ou como opción á Casa Celeste para a miña cea.

Levoume un chisco dar coa Tasca. Non está na rúa principal, se non nunha perendicular; mais ó achegarme xa vin pola beirarúa a enorme popularidade do sitio. Dado que non admiten reservas, a cola abarcaba toda a mazá de casas onde está o local. Achegueime a mirar a tabela de prezos, e a pinta do local. Había dous comedores con poucas mesas ben apretadiñas, nada caro, e , polo visto racións típicamente portuguesas (é dicir: ben abundantes).

Pero, como a fame apretaba; e, vista a lonxitude da cola, o meu turno ainda demoraría alomenos unha hora ou máis, optei por voltar á rúa principal que vai á beiriña da praia e poñer proa á Casa Celeste.

Alí polo menos, ainda que había que agardar, só tiña unha parella diante. Os prezos non eran os da Tasca; contodo tampouco estaban fora de razón, e o que é mellor, en vinte minutos estaba xa sentado á mesa disfrutando dunha espectacular posta de sol e agardando polo meu bacalhao á Sa Carneiro ben regado cunha botelliña de Quinta da Aveleda (dende aquí saúdo ós da Adega e a ver se se estiran en me mandan unha caixiña de seis botellas. A publicidade non vai ser gratis).

Xa ben ceado, ainda din un paseiño pola beiramar e achegueime a tomarlle un dixestivo para disfrutar do moi agradable fresquiño da noite.

Ó día seguinte, a unha hora prudente, montei na Nosa Sra. de Volusia e seguín camiño cara a Lisboa con intención de parar en Belem a dar boa conta duns pasteliños. Bueno, esa era a idea primeira; pero asegún me ía achegando á cidade o calor facíase máis e máis forte. Decidín que ía pasar de baixar á cidade (xa tería tempo á volta) e tirei directamente para a Ponte 25 de Abril. Dada a hora na que entrei na cidade o atasco, como era de esperar, xigantesco. Menos mal que neste país respétanse as motos e todo o mundo ía facendo hoco para deixarme pasar, non só a min, se non a os moitos que, pola cantidade de equipaxe, debían ir na mesma ruta.

Pasei Setúbal e uns kms. Máis ó Sur xa saín da autopista para tomar a vella IC1 rumbo ó Algarve. Según ía baixando o calor era máis, e cando parei en Grãndola a repostar, na gasolineira marcaba 38ºC. Se a eso lle añades botas, pantalón con proteccións, chaqueta de cordura, luvas e casco... calculo que ó parar, debía chegar ós 40ºC sen esforzo.

E case sen querelo xa estaba tomando o desvío cara a Quarteira para tomar posesión do meu cuartiño na casa da piscina do Hotel Pinhal do Sol.

Como cheguei a unha hora prudente aproveitei para darme un chapuzón na e despois descansar plácidamente á sombriña dunha das palmeiras do xardín.

Ó día seguinte, despois do pequeno almoço, ainda aproveitei o soliño á beira da piscina e despois achegueime ó restaurante de todos os anos para disfrutar dun bo rodizio de peixe. A primeira na fronte.

Pensei que me equivocara; pero non. O local era o mesmo, pero nen rastro do rodizio. Según me informou un camareiro, no inverno traspasaran o negocio e agora era un restaurante normal cuns precios normais ; pero sen rastro do barato e ben surtido rodizio.

En fin, sic transit gloria mundi. Xa que estaba aproveitei para comer alí e despois poñer rumbo ó Vale das Almas para ver que novedades presentaba Faro para este ano, e de paso inscribirme.

Ainda que o prezo subira 5€, puiden comprobar que voltaran a incluir as comidas para todos os días, así como a oferta de actuacións; que non só se ceñían ó escenario principal á noite , se non que se distribuían ó longo da tarde polas tres carpas do evento. Pola contra, hei de dicir que de entrada, en lugar privilexiado (ó carón da área de inscipcións) había un enorme stand de Indian Motorcycles e outro de Victory Motorcycles.

Polo que puiden ver ó longo dos días que botei, este ano os “sponsors” oficiais e principais da concentración eran estas dúas marcas. De feito, nas pantallas xigantes do escenario principal proxectabase unha publireportaxe das dúas marcas nun bucle sen fin.

Supoño que só coas inscripcións non abonda para tamaño dispendio.

Despois de deixar a moto ben aparcadiña perto da zona de inscripcións iniciei o paseo ata a área de mercadiño que este ano aumentara a superficie con respecto ó ano anterior e aumentou o número de postos. De todos os xeitos, fora desta zona tamén había postos de distintas marcas de accesorios e roupa nun lateral (como o outro ano) da carpa das culturas do mundo. O calor apretaba, ainda que xa era ben perto do solpor e a temperatura baixara ata os 28ºC e empecei a pasear polo recinto. É destacable a enorme oferta de actuacións e “performances” que ó longo do meu paseo podías disfrutar mentres que ías camiñando e vendo cousas e xentes.

Ó longo do meu paseo ata a carpa “chill out” asistín a actuacións de magos, recreación de secuencias de “Mad Max”, xigantes montados en motos xigantes, etc, etc. Vamos que non tiñas tempo para aburrirte ata as actuacións principais que comenzaban ás dez da noite (hora local) no escenario principal.

Mención a parte merece unha estupenda “performance” na carpa das culturas na cal interviña ata unha monxa (sí, leechedes ben, unha monxa nun país como este). Esta actuación na que se mesturaron unha sala de partos, un enterro, e unha monxa (digamos … especial) vaciou o resto das zonas perto da carpa da organización. Non me extrana, dada a calidade e vistosidade do show.

Con dicirche que, comezou no escenario principal a elección de Miss Camiseta Mollada; e a xente non fuxíu en desbandada para aló, se non que ficou a ver o show da monxa e cia.!

O que sí adoleceu este ano o concurso de customización de motos. Para o meu gusto, a variedade e calidade que houbo o ano pasado, este ano nen sequera se achegou de lonxe. As preparacións que puiden ver non eran tan elaboradas coma os do 2014 e os traballos de pintura bastante normaliños. A crise , supoño.

Xa ben entrada a noite, e despois de repoñer forzas co xantar que ía incluido na inscripción e algunha que outra (máis ben poucas, porque escaseaba) Sagres Bohemia, escomenzaron as actuacións principais.

Delas, e como esta non é unha crónica periodística, se non persoal, eu destacaría a moi grata sorpresa dun grupo andaluz de nome: “La madre que los parió” versioneaban pezas dos 80 e 90 cun gracexo, unha posta en escea e unha técnica musical que encandilaron ó público dende a primeira canción.

Despois viñeron os escoceses “Red hot chilly Pippers” quen, a pesares de ser a actuación principal da noite, viron como o público se ía retirando ós chiringuitos do fondo e deixaba hocos diante do escenario. Supoño que deberon sentir o mesmo que o que tivo que tocar despois de Jerry Lee Lewis cando este, como fin da súa actuación, prendeu lume ó piano mentres facía mutis.

Por suposto que entre actuación e actuación principal houbo os consabidos shows eróticos; pero, aquí entre nos, nada comparable á “performance” da novicia. Que va...!

O que durante os meus paseos puiden comprobar, é que había moitas calvas e sitios para acampar que en anteriores edicións estaban atiborrados de xente. De feito nen sequera na praiña cercana ó Vale das Almas había a animación e o rebumbio moteiro de anos anteriores.

Das demáis actuacións o resto dos días só hei de mencionar a de “Los Suaves” que foi con moito a que maior concentración de xente trouxo ó campo da festa (ainda que a min, que lle queres, non me tiraba nada) e a de “The Stranglers”, esta última con máis calvas ainda que para min moito mellor que a do día anterior. Hache ser porque non me tira nada o “heavy”.

No tocante ós sorteos da viaxe a Daytona e da Harley, non podo dar razón. Xa sabes que para eso hai que agardar ó sorteo que se celebra no palco principal o domingo ás doce de mañá, e eu a esa hora suelo estar xa no camiño con rumbo Norte. Este ano non ía ser menos.
To be continued...
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2015 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 We hope everythin#blgtk08#g will be alright
Comentario por moncler outlet uk (12-11-2015 03:38)
2 Good information, you shared#blgtk08# such a interesting points.
Comentario por replica watches (19-12-2015 07:15)
3 Special views, and thx for your #blgtk08#share,its the info. i'm finding!
Comentario por swiss replica watches (19-12-2015 07:16)
4 Por suposto que entre actuación e actuación principal houbo os consabidos show#blgtk08#s eróticos; pero, aquí entre nos, nada comparable á “performance” da novicia.
Comentario por ray ban outlet (21-06-2016 05:18)
5 go#blgtk08#od
Comentario por Longchamp Outlet (26-04-2017 07:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal