Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A sopiña dos 90dB. (I)



Hai dous fin de semán, aproveitando o parón náutico para sacar o barco a terra e proceder á limpeza de fondos e de casco, quedei con Antonio e Carmen para baixar a Porto á Festa da Vendimia.

Argallamos un hotel na Avenida dos Aliados ben pertiño do Pazo da Cámara Municipal e arrumbámonos para aló o venres á tarde.

A idea era facer noite alí e ó día seguinte pillar o tren da vendimia que nos levaría Douro arriba ata Peso de Régua.

Ás dúas e media xa estaba eu diante do cuartel de bombeiros da Grela na Coruña (onde curra Antonio) para deixar alí o meu coche e iniciar viaxe no de él. De camiño colleríamos a Carmen na empresa onde traballaba e xa rumbo Sur con idea de cear en Porto.

Paramos en Caminha para picar algo e ó Porto chegamos sobrados de tempo. Houbo que dar unhas voltiñas para atopar onde deixar o coche e ó final optamos polo aparcamento que hai ben perto do Estadio do Dragão xunto á Estación de Campanhá. Dende alí en metro ata o intercambiador de Trinidade e ó hotel a tomar posesión dos cuartos.

Xa era noite e propuxen cear fora dos circuitos turísticos da cidade, esto é: Fuxir da consabida Ribeira; e optar por un restaurante do que tiña moi boas referencias, “O Marinheiro”. Como dos tres, eu era o mellor coñecedor do país, non houbo moito que falar. Ademáis podíamos ir a pé posto que o Tunel de Ceuta (onde estaba “O Marinheiro”) non distaba moito do hotel.

A experiencia foi óptima. Boa cea, e unha moi boa recomendación da camareira para o viño. Non, non che é un restaurante de luxo; pero a calidade das viandas e a variedade da carta de viños, así como o axustado do prezo faino altamente recomendable. E mira que para conformar a Antonio é difícil; pero ficou encantado. Logo, como querían tomar algun dixestivo encamiñamonos cara o Majestic. Era tarde e xa estaba pechado, por tanto optei pola opción máis moderna. Sí, acertaches, subimos ó piso onde está o “Maos Hábitos” e alí na súa terraciña disfrutamos duns dixestivos ben preparadiños ca cidade ós pés.

A noite rematou cedo. Ó día seguinte tiñamos que estar na Estación de São Bento antes das oito e media e cumpría ir durmir.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 It looked fine I hav#blgtk08#e no opinion
Comentario por replica watches uk (12-11-2015 03:41)
2 A noite rematou cedo. Ó día seguinte tiñamos que estar na Esta#blgtk08#ción de São Bento antes das oito e media e cumpría ir durmir.
Comentario por replique montres (21-06-2016 05:20)
3 go#blgtk08#os
Comentario por oakley outlet (26-04-2017 07:29)
4 go#blgtk08#o
Comentario por repliche omega (23-06-2017 03:41)
5 ni#blgtk08#ce
Comentario por breitling replica (23-06-2017 03:42)
6 go#blgtk08#os
Comentario por rolex submariner replica horloges (23-06-2017 03:51)
7 very #blgtk08#nice
Comentario por replicas breitling (23-06-2017 03:52)
8 so#blgtk08#so
Comentario por replica orologi italia (23-06-2017 03:53)
9 jk#blgtk08#l
Comentario por replique montre de luxe (23-06-2017 03:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal